Termos Históricos de España: Pronunciamento, Estatuto Real e Movementos Sociais
Terminoloxía Histórica Clave
Pronunciamento
Levantamento militar, xunto cunha parte da sociedade que se pronuncia para modificar o sistema político. Os máis coñecidos son entre absolutistas e liberais no reinado de Fernando VII, e os progresistas contra conservadores con Isabel II.
Estatuto Real
Decreto de 1835 no que María Cristina de Borbón convoca as Cortes de España. Considérase unha carta outorgada porque a Coroa rehusaba do poder absoluto en pro dunha ampla participación política (oligárquica). Aínda así, posuía a soberanía e non había división de poderes.
Unión Liberal
Partido político do xeneral O'Donnell xunto con esquerda moderada, militares e dereita progresista. Eran partidarios do goberno constitucional de Isabel II. Destacaron campañas militares no exterior.
Desamortización
Proceso legal no que se puxeron en venda (poxa pública) bens da Igrexa e dos concellos. Realizáronse nos gobernos de:
- Mendizábal: Clero regular.
- Espartero: Clero secular.
- Madoz: Desamortización xeral.
O obxectivo era reestruturar a propiedade da terra e obter recursos para Facenda.
Ideoloxías Obreiras
Marxismo
Ideoloxía revolucionaria obreira que quería transformar a sociedade capitalista. Esperaban unha revolución na que o proletariado debía facerse co poder e nivelar a sociedade.
Anarquismo
Ideoloxía revolucionaria obreira que cría nunha revolución contra o capitalismo destruíndo o Estado e eliminando todo tipo de poder, así como a eliminación da propiedade.
Movementos Laborais
Sindicato
Asociación de traballadores que vela por dereitos para o proletariado (redución de horarios, mellores salarios...). Estes aparecen coa Revolución Industrial e loitan contra os empresarios.
Folga
Protestas obreiras nas que se abandona o traballo para negociar condicións laborais como o salario ou os horarios.
Movementos Galegos
Agrarismo
Movemento do campesiñado galego para abolir os foros, o caciquismo e frear a proliferación da Revolución Industrial. Destaca a figura de Basilio Álvarez.
Organización Territorial
Cantonalismo
Semellante a un Estado federal (EEUU, Alemaña). Organización territorial en cantóns soberanos que se unen libremente á federación española. Durante a I República destacou a sublevación de Cartaxena, esmagada polo exército.
Restauración Borbónica
Manifesto de Sandhurst
Manifesto que pretendía restaurar a dinastía borbónica respectando o sistema constitucional en defensa da orde social e o catolicismo. Días despois da publicación do manifesto, Martínez Campos restaura cun golpe de estado a monarquía borbónica tras a caída da República.