Restauración de Fernando VII e absolutismo (1814–1820)
A restauración de Fernando VII e do absolutismo
a) O sexenio absolutista
Tras o Tratado de Valençay (decembro de 1813), Fernando regresou a España, mais non aceptou o tratado nin as reformas lexislativas de Cádiz. Cando desembarcou en Valencia, en abril de 1814, tivo lugar a publicación do Manifesto dos Persas, asinado por 69 deputados absolutistas. O 4 de maio o rei publicou o Decreto de Valencia, que supuxo un golpe de Estado, pois cambiou a dirección política do país mediante un acto de forza ao restaurar o poder absoluto do monarca e abolir toda a lexislación das Cortes de Cádiz “coma se non pasasen xamais tales actos”. Os liberais foron duramente reprimidos: foron encarcerados, desterrados ou condenados á morte, e moitos víronse