Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

A República Burguesa e a Era de Napoleón

Historia2,47 KB

A República Burguesa

A República Burguesa: Despois do golpe de estado, a burguesía conservadora volveu tomar o control da revolución. Elaborouse unha nova constitución que lle outorgaba o poder executivo a un goberno colexiado que restablecía o sufraxio censatario e lle confiaba o poder lexislativo a dúas cámaras. O novo goberno pretendía volver aos principios da constitución de 1791; para iso, clausurou e perseguiu os xacobinos, derrogou a constitución de 1793 e anulou todas as medidas daquela época. En 1799, un mozo xeneral, Napoleón, co apoio da burguesía, foi protagonista dun golpe de estado que lle puxo fin ao Directorio e inaugurou o Consulado.

Napoleón

Napoleón: En 1799, Napoleón foi nomeado cónsul e a súa política de...

Seguir lendo "A República Burguesa e a Era de Napoleón" »

Revolución de Outubro: Bolxeviques, Lenin e URSS

Historia3,54 KB

Revolución de Outubro

O camiño cara á toma do poder

O intento de golpe de Estado de Kornilov reforzou os bolxeviques, que se converteron na principal alternativa ao goberno provisional. Tras o caos que reinaba en Rusia, Lenin viu a oportunidade de tomar o poder inmediatamente. Tras unha reunión secreta o 10 de outubro, Lenin conseguiu que se aprobase o principio de insurrección armada.

A toma do Palacio de Inverno

Trotski, o presidente do soviet de Petrogrado, preparou a toma do poder. Na noite do 24 ao 25 de outubro, as tropas tomaron os bancos, as centrais telefónicas, as estacións de ferrocarril e outros puntos estratéxicos. O 25 de outubro, as tropas bolxeviques atopábanse fronte ao Palacio de Inverno, a sede do goberno provisional....

Seguir lendo "Revolución de Outubro: Bolxeviques, Lenin e URSS" »

As grandes viaxes marítimas e a descuberta de novos continentes

Historia3,51 KB

As grandes viaxes marítimas

Os obxectivos das grandes viaxes

Na Idade Media o comercio europeo con Oriente realizábase a través da ruta da seda que percorría o Mediterráneo, chegaba a Constantinopla e desde alí atravesaba Asia central. En 1459 os turcos conquistaron Constantinopla e impidiron o comercio con Oriente mediante as vías tradicionais. Fíxose necesario atopar novas vías marítimas para aceder a Oriente. A partir do século XV desenvolvéronse unha serie de espedicións marítimas que abriron novas rutas comerciais, alcanzaron novos continentes e ampliaron o mundo ata daquela coñecido.

As espedicións portuguesas

Os navegantes portugueses foron os primeiros en aventurárense cara ao Sur polo Atlántico, abrindo novas rutas:

  • A
...
Seguir lendo "As grandes viaxes marítimas e a descuberta de novos continentes" »

Os Reis Católicos: Unificación e Expansión

Historia4,09 KB

A Unión Dinástica e a Organización Política

O Ascenso de Isabel I

Os Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, buscaron unificar a Península Ibérica. Isabel chegou ao trono de Castela tras unha guerra civil contra a súa sobriña Xoana. Henrique IV tiña unha filla, Xoana, e Isabel era a súa medio irmá. O trono correspondíalle a Xoana, pero Isabel estaba apoiada pola nobreza, que se opoñía ao rei porque este quería reducir o seu poder. A nobreza presentou a Isabel como candidata, e comezou a difundir rumores de que Xoana non era filla do rei, senón dun nobre, o que provocou a guerra civil. Isabel, apoiada por gran parte de Castela e Galicia, venceu, mentres que Xoana, apoiada por Portugal, morreu neste país....

Seguir lendo "Os Reis Católicos: Unificación e Expansión" »

Causas e características da Segunda Guerra Mundial

Historia1.017 bytes

Causas e características da guerra

1 de setembro de 1939 iniciábase a Segunda Guerra Mundial, o conflito bélico máis importante da historia. As causas da guerra foron moi variadas:

  • Entre as causas xerais destacan o espírito de desquite que produciu a Primeira Guerra Mundial, a aparición das ideoloxías totalitarias, o auxe do militarismo, o empobrecemento xeral e as secuelas da crise de 1929.
  • Entre as causas inmediatas sobresaen a política imperialista de Alemaña, Italia e Xapón, e a ineficacia da Sociedade de Nacións ante feitos como a anexión alemá de Austria e Checoslovaquia (1938-1939).

O conflito durou case seis anos (1 de setembro de 1939 - 5 de agosto de 1945), e nel loitaron dous bloques liderados, un por Gran Bretaña e Francia...

Seguir lendo "Causas e características da Segunda Guerra Mundial" »

A Primeira Guerra Mundial: Causas, Desenvolvemento e Consecuencias

Historia3,49 KB

A Primeira Guerra Mundial

En agosto de 1914 estalou en Europa a que despois seria coñecida como a 'Gran Guerra'. Nela combateron entre si dous grupos de países: o bloque dos imperios centrais, constituido por Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e o imperio otomano; e o bloque aliado, formado basicamente por Francia, Gran Bretaña, Rusia e os Estados Unidos.

As Orixes

Aínda que a causa inmediata da guerra foi o chamado atentado de Sarajevo, os historiadores coinciden en sinalar, sen embargo, outras causas máis profundas.

(1º) Nos Anos Anteriores à Guerra

Os estados europeos formaran complexos sistemas de alianzas militares, como a Triple Entente e a Triple Alianza. Esta situación podía dar lugar a que calquera incidente local chegase a xeneralizarse...

Seguir lendo "A Primeira Guerra Mundial: Causas, Desenvolvemento e Consecuencias" »

Glosario de Termos Históricos e Políticos Clave

Historia5,15 KB

Antigo Réxime

Sistema político, económico e social caracterizado por:

  • O absolutismo monárquico.
  • A división estamental da sociedade.
  • A desigualdade de dereitos.
  • A persistencia dunha economía agrícola e feudal.

Este sistema comeza a disolverse coa Revolución Francesa.

Revolución Francesa

Proceso histórico desenvolvido en Francia a partir do ano 1789 que destruíu as bases económicas e sociais do Antigo Réxime e eliminou a monarquía absoluta.

Revolución Industrial

Proceso de cambio dunha economía agraria e artesanal a outra dominada pola industria e a produción mecanizada, que favoreceu un crecemento da produción debido ás profundas transformacións económicas, técnicas e sociais. Xurdiu en Gran Bretaña a finais do século XVIII e estendeuse...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos e Políticos Clave" »

Isabel II: Liberalismo e Democracia en España

Historia4,92 KB

Os inicios do reinado e o carlismo

En 1835, nas principais cidades de España producíronse numerosos motíns, pronunciamentos e levantamentos estimulados polos liberais radicais e pola situación orixinada pola guerra carlista. Os ideais que defendían os carlistas eran os seguintes: poder do rei por delegación divina ("... rei pola gracia de Deus e non pola gracia da soberanía nacional..."), tradicionalismo e mantemento dos foros, entre outros. Estes ideais están recollidos nun eslogan carlista: "Relixión, Patria e Rei...".

A Constitución de 1837

O triunfo dos motíns populares e o pronunciamento das tropas liberais permitiron o acceso ao goberno dos progresistas. Restauraron a Constitución de 1812 e as leis do Trienio Liberal. Convocaron...

Seguir lendo "Isabel II: Liberalismo e Democracia en España" »

Impacto Económico da Autarquía Franquista en Galicia

Historia8,74 KB

A Economía Galega na Posguerra: Impacto da Autarquía Franquista

A vitoria de Franco na Guerra Civil tivo unhas repercusións económicas moi negativas. A curto prazo, sumiu na fame e na miseria a moitos españois. A longo prazo, a política das autoridades franquistas consolidou unha economía moi pouco competitiva na que o tráfico de influencias e a corrupción foron os elementos máis salientados.

Os tres anos de enfrontamentos militares desarticularon a economía: a produción agraria e industrial diminuíu, destruíronse moitos medios e vías de comunicación, as reservas de ouro e de divisas minguaron e inutilizáronse edificios e instalacións fabrís. Pero, aínda que o réxime utilizou estes factores para xustificar a mala situación...

Seguir lendo "Impacto Económico da Autarquía Franquista en Galicia" »