Ludismo e Sindicatos: A Loita dos Traballadores
Ludismo e sindicatos
O movemento obreiro é o conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo polos traballadores asalariados para mellorar as súas condicións.
As primeiras reaccións foron destruir as máquinas, xa que pensaban que eran as culpables da súa situación. Este movemento coñécese como ludismo, porque os obreiros actuaban en nome dun personaxe ficticio chamado Nedd Ludd.
O primeiro movemento organizado con fins laborais e políticos foi o cartismo. Entre 1838 e 1848 logrou unha gran mobilización en Gran Bretaña, ao presentar ao Parlamento a Carta do Pobo (documento no que se reclamaban dereitos laborais e o sufraxio universal).
Os obreiros só podían participar en sociedades de socorro mutuo. O dereito de asociación recoñeceuse...