Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

Primeira Guerra Mundial (1914-1918): causas, bloques e feitos clave

Historia4,72 KB

Sociedade de Nacións

a) Obxectivos: garantir a paz e a seguridade internacionais mediante a prevención e solución pacífica de conflitos, promover o desarmamento xeral e fomentar as relacións internacionais.

b) Funcionamento: sede en Xenebra (Suíza).

Organismos

  • Asemblea: composta por representantes de todos os Estados membros.
  • Consello: órgano permanente formado polos representantes das principais potencias vencedoras.
  • Secretaría: presidida polo secretario xeral.

Organismos asociados

  • Tribunal Permanente de Xustiza Internacional.
  • Organización Internacional do Traballo (OIT).

Logros

  1. Institucionalización da diplomacia multilateral.
  2. Creación dun foro de discusión entre os países membros.
  3. Fomento da cooperación entre países.
  4. Establecemento dun sistema
...
Seguir lendo "Primeira Guerra Mundial (1914-1918): causas, bloques e feitos clave" »

Rusia tsarista, revolucións de 1917 e construción da URSS

Historia4,14 KB

Rusia tsarista

Imperio inmenso e atrasado, con multitude de nacionalidades, agricultura tradicional e escasa industrialización, poder absoluto do tsar e predominio da aristocracia terratenente. A burguesía era escasa, a maioría da poboación era campesiña e o proletariado era reducido. O poder da Igrexa ortodoxa, a pobreza e a falta de liberdades completaban un panorama de forte desigualdade.

Oposición ao tsarismo

Diversas forzas políticas, liberais e obreiras, opuxéronse ao tsarismo.

Revolución de 1905

Demandas: asemblea constituínte, mellores condicións de vida e reforma agraria.

  • Créanse os soviets.
  • Resultado: créase a Duma, pero non se producen cambios en profundidade.

Revolucións de 1917

Revolución de febreiro (liberal)

Causas: participación...

Seguir lendo "Rusia tsarista, revolucións de 1917 e construción da URSS" »

Industrialización en Gran Bretaña e Europa: Causas e Bases da Revolución Industrial

Historia4,5 KB

Proceso de industrialización (a industrialización estendeuse a outros países)

Gran Bretaña, o primeiro país industrial do mundo

Para explicar a orixe da primeira industrialización en Gran Bretaña alégranse numerosas causas: a abundancia de recursos naturais (lá, algodón, ferro e carbón), o forte crecemento demográfico, as transformacións agrarias, o crecemento da demanda, a súa posición favorable no comercio internacional, a dispoñibilidade de capital, as innovacións tecnolóxicas, etc.

A difusión da industrialización na Europa continental

Os británicos intentaron reservarse o coñecemento e a aplicación das novas técnicas fabrís, pero estas difundíronse inevitablemente pola Europa continental, incluso na época do enfrontamento...

Seguir lendo "Industrialización en Gran Bretaña e Europa: Causas e Bases da Revolución Industrial" »

Guerra Civil e Franquismo en España: Historia, Causas e Consecuencias

Historia7,22 KB

Guerra Civil Española

GUERRA CIVIL

- Fracaso do golpe de Estado e comezo dunha guerra civil de tres anos.

- 1936: Comezo da guerra e batalla de Madrid.

- 1937: Intervención estranxeira e vitorias dos nacionais no norte.

- 1938-1939: Ofensivas rivais e final da guerra.

- Internacionalización da guerra civil: conflito entre fascismo e democracia (contexto europeo): fascismo e comunismo. Principio de non intervención (incumprido).

- Apoios da República: URSS, Francia, México e as Brigadas Internacionais.

- Apoios nacionais: Italia e Alemaña.

- Evolución sociopolítica e ideolóxica: No bando republicano continúa a indecisión entre a revolución social (CNT) e a guerra (PCE). No bando nacional verificáronse as forzas políticas no "Movemento...

Seguir lendo "Guerra Civil e Franquismo en España: Historia, Causas e Consecuencias" »

O Imperio Napoleónico e a Restauración: Guía Completa

Historia5,73 KB

O Imperio Napoleónico (1805-1815)

En Europa, Napoleón propuxo crear un gran imperio baixo a autoridade de Francia. Entre 1805 e 1810 conseguiu dominar gran parte da Europa occidental tras unha serie de campañas militares vitoriosas. Napoleón enfrontouse e venceu as diversas coalicións de países que se formaron contra el. A única excepción foi o Reino Unido, que derrotou a flota franco-española en Trafalgar (1805) e resistiu o bloqueo económico.

Napoleón impuxo a familiares e a xenerais franceses como monarcas, proclamou constitucións, implantou o Código Civil, tamén chamado Código Napoleónico. A dominación estranxeira provocou nestes países movementos nacionalistas contrarios ao dominio exterior.

A caída de Napoleón

O fracaso...

Seguir lendo "O Imperio Napoleónico e a Restauración: Guía Completa" »

Presenza Musulmá en Galicia e Galicia Medieval: Historia

Historia5,11 KB

Presenza musulmá en Galicia

A presenza musulmá en Galicia foi escasa e as transformacións que orixinou foron máis bien superficiais. O territorio galego non foi afectado de igual modo pola presenza musulmá, diferenciándose tres áreas:

  1. A occidental: que non foi nin conquistada nin ocupada.
  2. A norte: practicamente abandonada polos musulmáns tras a primeira expedición. Esta escasa ou nula presenza musulmá permitiu ao rei Afonso I incorporar estes territorios galegos ao seu reino e iniciar a súa repoboación.
  3. A sur: especialmente a que comprendía o antigo convento romano bracarense, foi a máis afectada. O val inferior do Miño quedou parcialmente despoboado e os musulmáns asentáronse na zona de Braga, Coimbra e Viseu.

Os emires cordobeses...

Seguir lendo "Presenza Musulmá en Galicia e Galicia Medieval: Historia" »

Primeira República Española: Historia, Crises e Fin

Historia3,15 KB

Primeira República: República Federal

As Cortes, nas que se depositaba a soberanía en ausencia de monarca, decidiron someter a votación a proclamación dunha república, que foi aprobada o 11 de febreiro de 1873. Naceu, pois, a República con grandes problemas.

Os seus únicos partidarios eran os republicanos, representados nas Cortes polos deputados do Partido Demócrata Republicano Federal, que contaba cun ideario que, ademais de defender a forma republicana de goberno, propugnaba un sistema de pactos entre os distintos pobos ou rexións.

Os federais eran partidarios do laicismo do Estado, da ampliación dos dereitos democráticos... A República foi recibida con entusiasmo polas masas republicanas. Nas cidades apareceron revoltas populares...

Seguir lendo "Primeira República Española: Historia, Crises e Fin" »

Historia da Península Ibérica: Neolítico, romanización e Idade Media

Historia31,18 KB

O Neolítico: revolución agropecuaria e social

O Neolítico, literalmente «pedra nova», foi unha auténtica revolución para as colectividades humanas, porque supuxo que por primeira vez o ser humano podía controlar o abastecemento de alimentos tras aprender a cultivar plantas e domesticar animais. O home deixa de ser exclusivamente depredador para producir os seus propios alimentos; malia isto, non abandona do todo a caza, a pesca e a recoleción. Estes descubrimentos deron lugar a un importante incremento da poboación e á aparición dos primeiros poboados estables. A sedentarización favoreceu a especialización e a división do traballo, o que propiciou a xeración de excedentes, a aparición de propiedade privada e a diferenciación

...
Seguir lendo "Historia da Península Ibérica: Neolítico, romanización e Idade Media" »

Economía e sociedade en Galicia (séculos XVI-XVII)

Historia5,14 KB

Economía e sociedade galega nos séculos XVI e XVII

Nos séculos XVI e XVII, a sociedade e a economía galegas foron fundamentalmente agrícolas. Neste período, a evolución económica e demográfica de Galicia pasou por diversas fases.

Fases económicas e demográficas

O crecemento do século XVI

O século XVI foi unha época de crecemento, baseado na situación estratéxica de Galicia nas rutas comerciais atlánticas, o que favoreceu a expansión das actividades comerciais e artesanais. Na agricultura mantívose o vello sistema de produción feudal baseado no cultivo de cereais (trigo e centeo) e no barbeito, que permitiu o crecemento dunha poboación que chegou a duplicarse, sobre todo na costa, onde estaban as principais vilas, ás que se...

Seguir lendo "Economía e sociedade en Galicia (séculos XVI-XVII)" »

Italia fascista: orixe e chegada ao poder (1918–1924)

Historia2,66 KB

Orixe

Crise de posguerra: o custo da vida en Italia subira moito respecto aos salarios e o nivel de vida da clase traballadora baixara. En 1918, as organizacións obreiras intentaron recuperar esas perdas do poder adquisitivo. Esta foi a orixe dun movemento de folga. Producíronse folgas e os obreiros ocuparon numerosas fábricas no Norte de Italia. Desenvolveuse un movemento de ocupación de terras dos grandes propietarios.

Todos estes movementos foron reprimidos, pero o temor á bolxevización e ao estalido dunha revolución social estendeuse entre a burguesía. A monarquía constitucional atravesaba unha situación de forte inestabilidade. Entre 1919 e 1922 sucedéronse cinco gobernos diferentes. O réxime constitucional apoiábase nunha coalición...

Seguir lendo "Italia fascista: orixe e chegada ao poder (1918–1924)" »