Primeira Guerra Mundial (1914-1918): causas, bloques e feitos clave

Historia4,72 KB

Sociedade de Nacións

a) Obxectivos: garantir a paz e a seguridade internacionais mediante a prevención e solución pacífica de conflitos, promover o desarmamento xeral e fomentar as relacións internacionais.

b) Funcionamento: sede en Xenebra (Suíza).

Organismos

  • Asemblea: composta por representantes de todos os Estados membros.
  • Consello: órgano permanente formado polos representantes das principais potencias vencedoras.
  • Secretaría: presidida polo secretario xeral.

Organismos asociados

  • Tribunal Permanente de Xustiza Internacional.
  • Organización Internacional do Traballo (OIT).

Logros

  1. Institucionalización da diplomacia multilateral.
  2. Creación dun foro de discusión entre os países membros.
  3. Fomento da cooperación entre países.
  4. Establecemento dun sistema tutelar sobre as colonias e imperios menores.
  5. Solución de conflitos menores.
  6. Constitución de institucións que continuaron coa ONU: OIT, Tribunal Internacional de Xustiza e Alto Comisariado para os Refuxiados.

Definicións

  • Paz armada: período anterior á guerra mundial no que as potencias se van armando.
  • Berta: canón de longo alcance.
  • Armisticio: unha capitulación, asegurar un acordo que fixa a rendición.
  • Boxers: grupo ultranacionalista xenófobo chinés.
  • Bóers: campesiños calvinistas holandeses.
  • Cipaios: nativos da India adestrados polos ingleses que formaban parte do exército inglés.
  • Protectorado: existía un Estado soberano. A metrópole respectaba o goberno e a administración indíxenas, pero tiña o control militar, a dirección da política exterior e a explotación económica. Exemplo: Marrocos.
  • Dominios: característicos do Imperio Británico, en realidade eran colonias de poboamento que tiñan plena autonomía en política interior, pero a política exterior era controlada e decidida pola metrópole. Exemplos: Canadá, o Cabo, Nova Zelandia e Australia.

A Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

Causas remotas

Rivalidades territoriais: Alsacia e Lorena disputábanse entre Alemaña e Francia (Alemaña quería "illar" a Francia). Istria e Trentino, Italia reclamaba a Austria. Macedonia, entre Serbia e Bulxaria.

O nacionalismo: os pequenos Estados sometidos polos grandes reivindicaron a súa independencia, mentres os grandes querían ampliar o seu territorio. Isto provocou grandes tensións nos territorios europeos.

Rivalidades económicas: entre Alemaña e Gran Bretaña, Alemaña competía con Gran Bretaña por ser a primeira potencia económica e puxo en marcha unha política de construcción navais que ameazaba o control británico sobre os mares.

Como consecuencia destas rivalidades aparecen dous bloques:

  • "Tripla Entente": composta por Francia, Gran Bretaña e Rusia.
  • "Tripla Alianza": composta por Alemaña, Austria e Italia.

Iníciase a carreira de armamentos.

Conflitos

Os Balcáns: ocupados polos turcos, interesaban a Rusia, que quería controlar os estreitos para comunicar o mar Negro co Mediterráneo, e ao Imperio Austro-Húngaro, que quería seguir ampliando as súas fronteiras.

  • 1ª Guerra Balcánica: entre Turquía e a Liga Balcánica, composta por Grecia, Bulgaria, Serbia e Montenegro. Turquía foi derrotada.
  • 2ª Guerra Balcánica: entre Bulgaria, que atacou a Grecia e a Serbia, e Romanía, Albania e os turcos, que os apoiaron. Bulgaria foi derrotada.

Cronoloxía

  • 28 de xuño de 1914: atentado de Sarajevo.
  • 23 de xullo: ultimátum de Austria-Hungría a Serbia.
  • 1 de agosto: declaración de guerra de Alemaña a Rusia. Rusia movilizou as súas tropas cara aos Balcáns e Alemaña declarou a guerra a Rusia e a Francia.
  • 3 de agosto: Alemaña declara a guerra a Francia e as tropas alemás invaden Bélxica.
  • 4 de agosto: Gran Bretaña declara a guerra a Alemaña.

Descargar

PDF Word HTML