Italia fascista: orixe e chegada ao poder (1918–1924)
Orixe
Crise de posguerra: o custo da vida en Italia subira moito respecto aos salarios e o nivel de vida da clase traballadora baixara. En 1918, as organizacións obreiras intentaron recuperar esas perdas do poder adquisitivo. Esta foi a orixe dun movemento de folga. Producíronse folgas e os obreiros ocuparon numerosas fábricas no Norte de Italia. Desenvolveuse un movemento de ocupación de terras dos grandes propietarios.
Todos estes movementos foron reprimidos, pero o temor á bolxevización e ao estalido dunha revolución social estendeuse entre a burguesía. A monarquía constitucional atravesaba unha situación de forte inestabilidade. Entre 1919 e 1922 sucedéronse cinco gobernos diferentes. O réxime constitucional apoiábase nunha coalición de partidos liberais: o Partido Comunista Italiano e o Partido Popular. Surgiu un nacionalismo exaltado, derivado da frustración, xa que as promesas de recuperar as terras irredentas non se cumpriran totalmente.
Desenvolvemento: a marcha sobre Roma e a chegada ao poder
O partido nacionalista fascista contaba cunha organización eficaz que aproveitaba o descrédito das forzas tradicionais e a crise social. Propoñían substituír o Estado e presentábanse como a forza capaz de restablecer a orde. Os escuadristas mantiveron en funcionamento o servizo de correos e outros servizos básicos nalgúns lugares.
Pero o golpe definitivo para facerse co poder chegou coa marcha sobre Roma en outubro de 1922. Os fascistas anunciaron que, se o goberno era incapaz de restablecer a orde e a autoridade, marcharían cara á capital para reclamar o poder. Milleiros de camisas negras ocuparon edificios públicos e comezaron a controlar institucións e comunicacións nalgúns territorios do Norte de Italia.
O goberno tentou declarar o estado de excepción, pero o rei negouse e o goberno dimitiu. Asumindo toda a responsabilidade, Vítor Manuel III pediulle a Mussolini o 30 de outubro que constituíse un novo executivo. No proceso de entrega do poder ao fascismo interviñeron a monarquía e o exército; o monarca entregoulle o goberno a Mussolini.
O establecemento da ditadura fascista foi o resultado dun proceso de restrición das liberdades levado a cabo entre 1922 e 1924. Houbo un goberno de coalición entre diferentes forzas políticas, pero a viraxe definitiva cara á ditadura tivo lugar en 1924 co asasinato do deputado socialista Matteotti, que denunciara os crimes perpetrados polas escuadras fascistas e a fraude coa que actuara o Partido Nacional Fascista. Mussolini asumiu plenos poderes e silenciou a toda a oposición.