Rusia tsarista, revolucións de 1917 e construción da URSS
Rusia tsarista
Imperio inmenso e atrasado, con multitude de nacionalidades, agricultura tradicional e escasa industrialización, poder absoluto do tsar e predominio da aristocracia terratenente. A burguesía era escasa, a maioría da poboación era campesiña e o proletariado era reducido. O poder da Igrexa ortodoxa, a pobreza e a falta de liberdades completaban un panorama de forte desigualdade.
Oposición ao tsarismo
Diversas forzas políticas, liberais e obreiras, opuxéronse ao tsarismo.
Revolución de 1905
Demandas: asemblea constituínte, mellores condicións de vida e reforma agraria.
- Créanse os soviets.
- Resultado: créase a Duma, pero non se producen cambios en profundidade.
Revolucións de 1917
Revolución de febreiro (liberal)
Causas: participación na Primeira Guerra Mundial, derrotas militares, suba dos prezos, miseria da poboación e descontento político.
Participan todas as forzas de oposición ao tsarismo.
Resultado: dimisión do tsar, goberno provisional de Kérenski, reformas liberais, eleccións a unha Asemblea Constituínte, e Rusia segue en guerra.
Revolución de outubro (socialista)
Dirixida polos bolxeviques.
Resultado: poder en mans dos soviets, Lenin presidente, colectivización da propiedade, supresión do exército, nacionalización da banca e paz de Brest-Litovsk.
Guerra civil
Enfronta aos bolxeviques cos partidarios do tsarismo. Caracterízase polo comunismo de guerra e remata co triunfo do Exército Vermello.
Construción da URSS
Época de Lenin
- Creación da URSS.
- Poder en mans do PCUS.
- Marxinación e persecución doutras forzas políticas.
- Creación da Terceira Internacional.
- Constitución de 1924.
- Economía mixta: a NEP.
Época de Stalin
- Control absoluto do poder e culto á personalidade.
- Purgas e persecucións políticas.
- Colectivización forzosa da agricultura: koljoses e sovjoses.
- Industrialización mediante plans quinquenais: crecemento da industria pesada e desabastecemento dos bens de consumo.
Consecuencias da Primeira Guerra Mundial
Países contendentes europeos
Mortalidade, destrución de infraestruturas, descenso da produción, caída do comercio e débedas de guerra.
Países perdedores e Tratado de Versalles
Reparacións de guerra e amputacións de territorios, o que provocou hiperinflación, depreciación da moeda e a ocupación do Ruhr.
Hexemonía económica dos EUA
Decadencia do Reino Unido, maior produción e produtividade e supremacía do dólar.
Crise de 1929
Causas: sobreprodución, inflación crediticia, especulación bolsista e desaxuste entre os beneficios industriais e a cotización das accións.
Desenvolvemento: crac da Bolsa de Nova York, falta de liquidez e ruína de investidores.
Consecuencias: cebes bancarias, diminución do crédito e descenso do consumo.
Gran Depresión
- Económica: descenso da demanda, acumulación de stocks, peche de industrias, aumento do paro e diminución do comercio.
- Social: aumento da pobreza, crecemento das desigualdades e da conflitividade social.
- Expansión mundial: diminución da produción e aumento do paro debido á retirada dos capitais estadounidenses e ao fin dos investimentos dos EUA.
Solucións á crise
Keynesianismo
Intervención do Estado: aumento do gasto público e axudas sociais.
New Deal (EUA)
Regulación económica, política de obras públicas e axuda aos desempregados.
Europa
- Escandinavia: estado do benestar.
- Alemaña: autarquía e rearmamento.
- Reino Unido: comercio preferente coas colonias.
- Francia: Fronte Popular, con investimento público e medidas sociais.