Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

Historia Contemporánea de España: Política, Economía e Cultura

Historia3,96 KB

Fronte Popular (febreiro-xuño 1936)

O novo goberno, presidido por Santiago Casares, decretou unha amnistía para os presos políticos da revolución do 34 e continuou as reformas interrompidas. Ocasionaron unha crecente radicalización política. Na esquerda, gañou peso o PSOE e na dereita fundouse Falange Española, creada por José Antonio Primo de Rivera, que quería implantar un réxime fascista.

A violencia política manifestouse na primavera tráxica de 1936, unha onda de atentados entre militantes falanxistas, comunistas e anarquistas.

Os sectores máis conservadores do exército decidiron acabar coa República mediante un golpe de estado dirixido por Mola. O asasinato en Madrid de José Calvo Sotelo, o 13 de xullo de 1936, proporcionou...

Seguir lendo "Historia Contemporánea de España: Política, Economía e Cultura" »

Historia Contemporánea: Revolucións e Liberais

Historia4,59 KB

O Parlamento Inglés e a Revolución

Parlamento inglés: piratas, Carlos I puxo a Carta Magna. Guerra civil por parte da burguesía, quitaron terras á nobreza (muchas personas decapitadas + rei). Oliver Cromwell sobe ao poder (república). Cando morre, restauran a monarquía (Carlos II). Parlamento contra o rei e fuxe. O Parlamento busca monarca: Guillerme de Orange.

O Liberalismo e os Seus Pensadores

Liberalismo: xurdiu nas Cortes de Cádiz e querían conseguir igualdade ante a lei, limitación do poder, liberdade individual e soberanía nacional.

Persoas importantes:

  • John Locke: criticaba a sociedade.
  • Montesquieu: separar poderes políticos.
  • Rousseau: igualdade social.
  • Adam Smith: economista.

Independencia dos Estados Unidos

Independencia EEUU: enfadados...

Seguir lendo "Historia Contemporánea: Revolucións e Liberais" »

A Revolución Francesa (1789-1799): Causas e Etapas

Historia5,13 KB

A Revolución Francesa (1789-1799)

As causas da revolución

Foron moi variadas:

  • Políticas e ideolóxicas: A Ilustración dera as bases teóricas para acabar co absolutismo, e a Revolución americana.
  • Sociais: Existía un descontento social xeneralizado:
    • Os nobres e o clero perderan poder como consecuencia do absolutismo real, e moitos tiñan dificultades económicas.
    • A burguesía carecía de influencia política, coas actividades económicas obstaculizadas polo mercantilismo.
    • O pobo tamén estaba descontento. O campesiñado atopábase na súa maioría atafegado polo pagamento de impostos, e os grupos populares vivían en condicións misérrimas.
  • Económicas: O estalido da revolución debeuse a unha dobre crise económica:
    • Unha crise de subsistencia
...
Seguir lendo "A Revolución Francesa (1789-1799): Causas e Etapas" »

Constitucións e Liberalismo en España (1812-1869)

Historia2,87 KB

Constitucións e Liberalismo no Século XIX en España

C. 1812: As Cortes de Cádiz

Elimina o Antigo Réxime. Principios fundamentais:

  • Separación de poderes.
  • Monarquía constitucional.
  • Soberanía nacional.
  • Supresión de foros.

Liberalismo Doutrinario

Características principais:

  • Monarquía constitucional.
  • Soberanía compartida.
  • Restrición da participación política (sufraxio censatario).
  • Limitación dos dereitos individuais.
  • Catolicismo de Estado.
  • División entre moderados e progresistas.

Reformas de Mendizábal

  • Restablecemento das Deputacións provinciais.
  • Supresión de todos os conventos.
  • Desamortización eclesiástica.
  • Redención de quintas (librarse da mili).

C. 1837: O Período Isabelino

  • Soberanía compartida entre o rei e a nación.
  • O rei exerce o poder
...
Seguir lendo "Constitucións e Liberalismo en España (1812-1869)" »

Reformismo Borbónico e Ilustración en Galicia e España

Historia2,84 KB

O reformismo borbónico en Galicia

A chegada dos Borbóns supón a implantación da monarquía absoluta. Aparecen ideas para modernizar a política e a economía do reino. Galicia adquire unha gran importancia estratéxica polo control das rutas marítimas atlánticas.

Ferrol, capital do departamento marítimo e arsenal

En 1726, Felipe V dividiu a costa en tres departamentos: Cádiz, Ferrol e Cartagena. En cada un deles estableceuse un arsenal, unha base naval con estaleiros e almacéns de armas.

Ferrol foi escollido pola súa ría, doada de defender. Fernando VI trasladou instalacións a Ferrol e Carlos III abriu a Academia de Guardiamarinas, para formar futuros oficiais. O arsenal transformou un pequeno pobo de pescadores na cidade máis poboada...

Seguir lendo "Reformismo Borbónico e Ilustración en Galicia e España" »

Historia da Transición Democrática en España: Franco, Suárez e a Constitución de 1978

Historia12,01 KB

Transición política: do franquismo á democracia

Durante a ditadura existía unha clara diverxencia entre o anquilosamento político e o crecente dinamismo da sociedade. Juan Carlos I foi proclamado rei dous días despois da morte de Franco, o 20 de novembro de 1975. O seu discurso anticipaba a vontade de introducir cambios políticos significativos. Malia a presidencia de Arias Navarro no goberno, o rei comezara a rodearse de defensores dunha transición cara a un sistema democrático.

Proxectos políticos

  • Continuista (búnker): defendía a permanencia do modelo franquista coa concesión testemuñal de algúns dereitos.
  • Reformista-continuista (Fraga): proposta tímida, pero mantendo o modelo franquista.
  • Reformista (Suárez): buscaba unha democracia
...
Seguir lendo "Historia da Transición Democrática en España: Franco, Suárez e a Constitución de 1978" »

Guerra da Independencia e Constitución de 1812: Historia de España

Historia7,14 KB

Contexto internacional e crise da monarquía

No século XVIII, a política exterior española estaba supeditada aos intereses de Francia, tras a Revolución Francesa e a chegada de Napoleón. En 1801 España invadirá Portugal, conflito coñecido como a Guerra das Laranxas, e España incorporará a última anexión territorial, a cidade de Olivenza. En outubro de 1805, na batalla de Trafalgar, a armada británica enfrontouse á española dirixida polo almirante francés Pierre Villeneuve; a derrota da armada española supuxo o fracaso da invasión napoleónica de Inglaterra e a destrución da armada española.

En 1807, Napoleón e Godoy asinan o Tratado de Fontainebleau, que permitía o paso das tropas francesas polo territorio español buscando...

Seguir lendo "Guerra da Independencia e Constitución de 1812: Historia de España" »

Nacionalismos nos Balcáns e a Primeira Guerra Mundial: Conflitos e Tratados

Historia2,52 KB

Aspiracións nacionalistas nos Balcáns

Os Balcáns constituían unha zona de conflito en Europa como resultado da desintegración do Imperio Otomán. Serbia e Bulxaria pretendían unificar e liderar os pobos eslavos do sur. O Imperio Austrohúngaro e o Imperio Ruso aspiraban a ampliar a súa influencia nos Balcáns. Para frear o expansionismo austríaco, Rusia converteuse en protectora de Serbia.

As tres crises sucesivas nos Balcáns

  • Anexión de Bosnia-Hercegovina polo Imperio Austrohúngaro. Este feito provocou a indignación de Rusia e foi a orixe das dúas guerras balcánicas seguintes.
  • Primeira guerra balcánica. O Imperio Ruso apoiou a creación dunha liga balcánica (Serbia, Bulxaria, Grecia e Montenegro) para enfrontarse ao Imperio Otomán.
...
Seguir lendo "Nacionalismos nos Balcáns e a Primeira Guerra Mundial: Conflitos e Tratados" »

Historia de España: Al-Ándalus, Reconquista e Ilustración

Historia7,38 KB

Historia de España: de Al-Ándalus a la Revolución Gloriosa

El Emirato de Córdoba (756-929), tras la llegada de Abderramán I, fue regido por los omeyas, dependiendo religiosamente de Bagdad, con un gobierno eficaz y unas instituciones, un ejército permanente, la labranza, la construcción y los impuestos. Sufrió crisis en el siglo IX, revueltas y el avance cristiano en el norte.

Abderramán III y el Califato de Córdoba

Abderramán III, primer califa independiente, superó la crisis del siglo IX y consolidó el Califato de Córdoba. Acabó con las rebeliones, reunificó Al-Ándalus, con un ejército tributario de los cristianos y razias contra los reinos cristianos cada vez más crecientes.

Alfonso VI y la Reconquista

Alfonso VI, rey cristiano,
...
Seguir lendo "Historia de España: Al-Ándalus, Reconquista e Ilustración" »

Agonía do franquismo e inicios da transición en España

Historia2,88 KB

Agonía do franquismo e inicios da transición

A sociedade española viviu nos anos 60 unha gran recuperación e expansión económica, grazas aos acordos con Estados Unidos. O réxime mantívose ancorado nos principios ditatoriais. A falta de liberdades democráticas e as novas condicións sociais estimularon o xurdimento de movementos de oposición ao réxime.

Crise do réxime nos anos 70

Nos anos 70 o réxime estivo condicionado por tensións internas e pola crecente oposición política e social. A enfermidade de Franco, o inicio dunha grave crise económica e o conflito internacional na colonia do Sáhara marcaron esta etapa. Os aperturistas promovían un cambio progresivo cara á democracia, mentres os inmobilistas apostaban pola permanencia
...
Seguir lendo "Agonía do franquismo e inicios da transición en España" »