Principais Acontecimentos da Transición Española
Contubernio de Múnic
Contubernio de Múnic: termo dado polo réxime franquista á reunión celebrada en Múnic en 1962 do Congreso do Movemento Europeo, organizado por Salvador de Madariaga, onde participan membros da oposición antifranquista, tanto do interior como do exilio, na que se esixe que os países que queiran entrar en institucións europeas teñen que ter un réxime democrático ante o intento de España de entrar na CEE.
Lei para a Reforma Política
Lei para a reforma política: instrumento legal para articular a transición dende as institucións da ditadura a unhas novas institucións democráticas. Foi elaborado por Torcuato Fernández de Miranda (presidente das últimas Cortes da ditadura) co respaldo da Coroa e do Goberno de Adolfo Suárez. Votado en Cortes e sometido a referéndum en 1976, serviu para facilitar a transición cara á democracia sen ruptura.
Pactos da Moncloa
Pactos da Moncloa: acordo asinado en outubro de 1977 polos axentes sociais (partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariais) no que se comprometían a establecer unha estratexia común para lograr a estabilidade do país mediante a consolidación da democracia, a redución da conflitividade social e a adopción de medidas para abordar a crise económica que se viña arrastrando dende 1973.
Plan de Estabilización
Plan de Estabilización: programa de reformas realizado por un equipo de ministros e de altos cargos técnicos (denominados tecnócratas) en 1959 co obxectivo de abandonar o modelo económico autárquico e intervencionista da primeira etapa do franquismo cara a un modelo liberalizador que sentará as bases da nova etapa coñecida como desarrollismo económico.
Plataxunta
Plataxunta: tamén denominada Coordinación Democrática. Organismo unitario de oposición á ditadura creado en marzo de 1976. Xurde da fusión da Xunta Democrática (1974), participada por forzas e personalidades como o PCE, CCOO, e a Plataforma de Coordinación Democrática (1975) integrada polo PSOE e outras. Os obxectivos básicos eran a amnistía, liberdade e a convocatoria de cortes constituíntes.
Sindicato Vertical
Sindicato Vertical: organización Sindical Española. Foi a única central sindical legal que existiu en España dende 1940 ata 1977, establecida pola Lei de Unidade Sindical (1940). Todos os traballadores e empresarios (coñecidos como produtores) estaban obrigados por lei a estar afiliados ao Sindicato Vertical. Tomou como referencia a organización sindical do fascismo italiano.
UCD
UCD: Unión de Centro Democrático. Partido político de centro dereita establecido por Adolfo Suárez, presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais, democristiáns e socialdemócratas para concorrer ás primeiras eleccións democráticas. Gobernou España entre 1977 e 1982. Disolvouse en febreiro de 1983 tras o fracaso das eleccións de outubro de 1982.