O Reinado de Fernando VII e as Rexencias (1814-1843)
O reinado de Fernando VII
Fernando VII aboliu a Constitución e reinstaurou a monarquía absoluta, o que provocou diversos pronunciamentos. Os liberais gobernaron durante o Trienio Liberal (1820-1823), período no que se instaurou unha monarquía constitucional. Posteriormente, iniciouse un novo período absolutista coñecido como a Década Ominosa (1823-1833).
A independencia das colonias americanas
As causas principais foron a marxinación dos crioulos nos cargos políticos, o que desencadeou un movemento de liberación dividido en dúas etapas:
- 1810-1814: Creáronse xuntas de defensa nas colonias que se declararon independentes. Cando Fernando VII recuperou o trono, enviou tropas españolas para sufocar as revoltas.
- 1815-1825: Estendeuse o movemento de emancipación e a maioría dos territorios americanos lograron a independencia.
As novas repúblicas naceron condicionadas pola profunda división entre as elites crioulas e a poboación indíxena e mestiza. A independencia tivo unha grande importancia e as súas consecuencias principais foron a crise do comercio e da facenda.
As rexencias (1833-1843)
Ao morrer Fernando VII, herdou a coroa a súa filla Isabel II. A súa nai, María Cristina, asumiu o trono como rexente. Fernando VII aprobara a Pragmática Sanción, que anulaba a Lei Sálica. Os liberais apoiárona, pero os absolutistas proclamaron rei a Carlos María Isidro, provocando unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e do príncipe Carlos.
A rexencia de María Cristina (1833-1840)
A raíña promulgou o Estatuto Real, onde a Coroa conservaba moitos poderes e o dereito ao voto restrinxíase aos privilexiados:
- Moderados: Aceptaban a soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes.
- Progresistas: Defendían que a soberanía debía residir só nas Cortes.
En 1835, a raíña nomeou un goberno progresista presidido por Juan Álvarez Mendizábal, que aplicou a desamortización. Estas reformas culminaron na Constitución de 1837.
A rexencia de Espartero (1840-1843)
Os moderados tentaron limitar o poder dos progresistas nos concellos, pero en 1840 a raíña abdicou por mor das sublevacións populares. Espartero asumiu a rexencia, mais unha sublevación liderada polo xeneral Narváez obrigouno a dimitir e a entregar o poder aos moderados.