Ludismo e Sindicatos: A Loita dos Traballadores
Ludismo e sindicatos
O movemento obreiro é o conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo polos traballadores asalariados para mellorar as súas condicións.
As primeiras reaccións foron destruir as máquinas, xa que pensaban que eran as culpables da súa situación. Este movemento coñécese como ludismo, porque os obreiros actuaban en nome dun personaxe ficticio chamado Nedd Ludd.
O primeiro movemento organizado con fins laborais e políticos foi o cartismo. Entre 1838 e 1848 logrou unha gran mobilización en Gran Bretaña, ao presentar ao Parlamento a Carta do Pobo (documento no que se reclamaban dereitos laborais e o sufraxio universal).
Os obreiros só podían participar en sociedades de socorro mutuo. O dereito de asociación recoñeceuse por primeira vez en Gran Bretaña en 1824. Naceron os primeiros sindicatos (trade unions).
O principal instrumento de presión era a folga. Cara a 1833, produciuse a unión nacional de todos os trade unions.
Marxismo e anarquismo
O marxismo debe o seu nome a un dos seus principais teóricos: Karl Marx. En 1848, Marx e Friedrich Engels publicaron o Manifesto Comunista, onde formularon as súas teorías. Afirmaban que nas sociedades industriais existe unha loita de clases entre opresores (burguesía) e oprimidos (obreiros).
Marx propoñía emprender unha revolución para destruír o capitalismo e dar poder aos traballadores. Tras unha fase de ditadura do proletariado, na que o Estado regula a sociedade, estableceríase unha sociedade comunista, sen clase social nin propiedade privada. Desaparición do Estado. Tamén defendía a intervención dos partidos e organizacións obreiras na política. Isto deu lugar, a partir de 1875, aos partidos socialistas.
O anarquismo tivo como ideólogos a Joseph Proudhon e Mikhaíl Bakunin. Os anarquistas opoñíanse a calquera forma de Estado e aspiraban a substituílo por asociacións voluntarias entre as persoas. Defendían a colectivización da propiedade e rexeitaban os partidos políticos e a participación nas eleccións. Pensaban que a acción sindical e a folga debían ser os métodos de actuación revolucionaria.