Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Presenza Musulmá en Galicia e Galicia Medieval: Historia

Historia5,11 KB

Presenza musulmá en Galicia

A presenza musulmá en Galicia foi escasa e as transformacións que orixinou foron máis bien superficiais. O territorio galego non foi afectado de igual modo pola presenza musulmá, diferenciándose tres áreas:

  1. A occidental: que non foi nin conquistada nin ocupada.
  2. A norte: practicamente abandonada polos musulmáns tras a primeira expedición. Esta escasa ou nula presenza musulmá permitiu ao rei Afonso I incorporar estes territorios galegos ao seu reino e iniciar a súa repoboación.
  3. A sur: especialmente a que comprendía o antigo convento romano bracarense, foi a máis afectada. O val inferior do Miño quedou parcialmente despoboado e os musulmáns asentáronse na zona de Braga, Coimbra e Viseu.

Os emires cordobeses...

Seguir lendo "Presenza Musulmá en Galicia e Galicia Medieval: Historia" »

Primeira República Española: Historia, Crises e Fin

Historia3,15 KB

Primeira República: República Federal

As Cortes, nas que se depositaba a soberanía en ausencia de monarca, decidiron someter a votación a proclamación dunha república, que foi aprobada o 11 de febreiro de 1873. Naceu, pois, a República con grandes problemas.

Os seus únicos partidarios eran os republicanos, representados nas Cortes polos deputados do Partido Demócrata Republicano Federal, que contaba cun ideario que, ademais de defender a forma republicana de goberno, propugnaba un sistema de pactos entre os distintos pobos ou rexións.

Os federais eran partidarios do laicismo do Estado, da ampliación dos dereitos democráticos... A República foi recibida con entusiasmo polas masas republicanas. Nas cidades apareceron revoltas populares...

Seguir lendo "Primeira República Española: Historia, Crises e Fin" »

Historia da Península Ibérica: Neolítico, romanización e Idade Media

Historia31,18 KB

O Neolítico: revolución agropecuaria e social

O Neolítico, literalmente «pedra nova», foi unha auténtica revolución para as colectividades humanas, porque supuxo que por primeira vez o ser humano podía controlar o abastecemento de alimentos tras aprender a cultivar plantas e domesticar animais. O home deixa de ser exclusivamente depredador para producir os seus propios alimentos; malia isto, non abandona do todo a caza, a pesca e a recoleción. Estes descubrimentos deron lugar a un importante incremento da poboación e á aparición dos primeiros poboados estables. A sedentarización favoreceu a especialización e a división do traballo, o que propiciou a xeración de excedentes, a aparición de propiedade privada e a diferenciación

...
Seguir lendo "Historia da Península Ibérica: Neolítico, romanización e Idade Media" »

Economía e sociedade en Galicia (séculos XVI-XVII)

Historia5,14 KB

Economía e sociedade galega nos séculos XVI e XVII

Nos séculos XVI e XVII, a sociedade e a economía galegas foron fundamentalmente agrícolas. Neste período, a evolución económica e demográfica de Galicia pasou por diversas fases.

Fases económicas e demográficas

O crecemento do século XVI

O século XVI foi unha época de crecemento, baseado na situación estratéxica de Galicia nas rutas comerciais atlánticas, o que favoreceu a expansión das actividades comerciais e artesanais. Na agricultura mantívose o vello sistema de produción feudal baseado no cultivo de cereais (trigo e centeo) e no barbeito, que permitiu o crecemento dunha poboación que chegou a duplicarse, sobre todo na costa, onde estaban as principais vilas, ás que se...

Seguir lendo "Economía e sociedade en Galicia (séculos XVI-XVII)" »

A Transición ao Liberalismo en España: De Cádiz (1812) ao Sexenio Democrático (1874)

Historia25,32 KB

Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

O Contexto Histórico: Crise e Guerra

A composición: Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812. O Goberno español durante o reinado de Carlos IV (1788-1808), dirixido por Godoy, autorizou o paso por España das tropas francesas. O malestar que produciu a súa entrada foi "aproveitado" polos "fernandinos" (partidarios de Fernando VII) para instigar o Motín de Aranjuez (1808), no que obrigaron a Carlos IV a abdicar no seu fillo. Non obstante, nese mesmo ano prodúcense as Abdicacións de Baiona, nas que Napoleón obriga a Fernando a devolverlle a coroa ao seu pai, e este cédelle os dereitos a Napoleón, que nomea ao seu irmán Xosé I rei de España.

O traslado da familia real a Francia provoca o levantamento...

Seguir lendo "A Transición ao Liberalismo en España: De Cádiz (1812) ao Sexenio Democrático (1874)" »

O movemento obreiro na Restauración: anarquismo e socialismo

Historia2,42 KB

A Restauración: anarquistas e socialistas

Durante a Restauración, o anarquismo foi a ideoloxía dominante, sendo España o país do mundo con maior implantación anarquista. Os socialistas adheríronse á II Internacional, da que só formaron parte as asociacións marxistas.

  • A legalidade plena das asociacións obreiras conséguese coa Lei de Asociacións de 1887, pero sempre sometidos á represión cando as actividades reivindicativas dos obreiros atenten contra a «orde pública».
  • O grupo socialista aproveitou a legalidade para fundar en 1886 o semanario El Socialista e o sindicato afín, a UGT (Unión General de Trabajadores) con implantación en Madrid, País Vasco e Asturias.
  • O anarquismo aproveitou tamén a apertura que supuña o Goberno
...
Seguir lendo "O movemento obreiro na Restauración: anarquismo e socialismo" »

O Absolutismo e a Constitución de 1812: Unha análise

Historia2,79 KB

O absolutismo e a Constitución de 1812

A comezos do século XIX, España viviu un gran conflito político entre dous modelos de organización do Estado: o absolutismo e o liberalismo, representado na Constitución de 1812.

Diferenzas e semellanzas ideolóxicas

Mentres que o absolutismo defendía a soberanía real (o rei tiña o poder supremo en total), o liberalismo defendía a soberanía nacional e a limitación do poder do rei.

Aínda que ambos os modelos presentan ideas antagónicas, tamén comparten algunhas semellanzas:

  • En ambos, o rei é a figura central do Estado, aínda que con diferente grao de poder.
  • O catolicismo era a relixión única do Estado.
  • Ambos buscaban organizar o Estado e manter a orde social.

As diferenzas máis relevantes son:...

Seguir lendo "O Absolutismo e a Constitución de 1812: Unha análise" »

A Monarquía dos Reis Católicos: unión e administración

Historia6,39 KB

Pregunta 1

A nova Monarquía dos Reis Católicos: unión e reorganización

Durante o reinado de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, coñecidos como os Reis Católicos, sentáronse as bases da construción dun Estado moderno con grande proxección internacional, coñecido como a Monarquía Hispánica. O seu reinado supuxo unha profunda transformación política, baseada na unión dinástica dos seus reinos e nun proceso de centralización e fortalecemento do poder real.

A unión dinástica

A unión dinástica consistiu na unión de varios reinos baixo un mesmo monarca por dereito dinástico, sen que estes se integrasen nun único Estado. É dicir, cada reino conservou as súas propias institucións, leis, impostos, moedas, linguas e tradicións,...

Seguir lendo "A Monarquía dos Reis Católicos: unión e administración" »

Historia de España e Galicia: Da Prehistoria ao Século XVIII

Historia14,99 KB

1. A Historia e a Historiografía: Conceptos e Métodos

1. Que é a Historia? Explica en que se basea, en que consiste e en que se apoia para acadar o seu propósito: É a ciencia que estuda o pasado da humanidade coa finalidade de comprender como viviron as sociedades ao longo do tempo, por que se produciron determinados feitos e como estes condicionaron o presente. Para acadar o seu propósito, a Historia baséase na análise crítica e metodolóxica de fontes históricas, tanto primarias (documentos, restos materiais, crónicas, arquivos, textos legais, arte, epígrafes…) como secundarias (interpretacións posteriores realizadas por historiadores). O seu obxectivo principal é reconstruír e interpretar o pasado humano de forma rigorosa,...

Seguir lendo "Historia de España e Galicia: Da Prehistoria ao Século XVIII" »

O nacemento do liberalismo e a fin do Antigo Réxime

Historia2,85 KB

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

En 1808, numerosas vilas e cidades formaron Xuntas de goberno; estas xuntas representaron unha ruptura coa orde política ata entón vixente e unha nova concepción do poder que podemos considerar revolucionaria. As xuntas asumiron o poder supremo e a soberanía na súa xurisdición, substituíron ou incorporaron as institucións e as autoridades tradicionais e declararon a guerra a Francia.

En Galicia, as xuntas provinciais formaron a Xunta Suprema Central Gobernativa de España e Indias, que exerceu o goberno de España desde 1808. Durante a guerra, entre as elites dirixentes foise estendendo a idea da necesidade de convocar unhas Cortes xerais e extraordinarias para coñecer a vontade do país...

Seguir lendo "O nacemento do liberalismo e a fin do Antigo Réxime" »