Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Isabel II: Liberalismo e Democracia en España

Historia4,92 KB

Os inicios do reinado e o carlismo

En 1835, nas principais cidades de España producíronse numerosos motíns, pronunciamentos e levantamentos estimulados polos liberais radicais e pola situación orixinada pola guerra carlista. Os ideais que defendían os carlistas eran os seguintes: poder do rei por delegación divina ("... rei pola gracia de Deus e non pola gracia da soberanía nacional..."), tradicionalismo e mantemento dos foros, entre outros. Estes ideais están recollidos nun eslogan carlista: "Relixión, Patria e Rei...".

A Constitución de 1837

O triunfo dos motíns populares e o pronunciamento das tropas liberais permitiron o acceso ao goberno dos progresistas. Restauraron a Constitución de 1812 e as leis do Trienio Liberal. Convocaron...

Seguir lendo "Isabel II: Liberalismo e Democracia en España" »

Impacto Económico da Autarquía Franquista en Galicia

Historia8,74 KB

A Economía Galega na Posguerra: Impacto da Autarquía Franquista

A vitoria de Franco na Guerra Civil tivo unhas repercusións económicas moi negativas. A curto prazo, sumiu na fame e na miseria a moitos españois. A longo prazo, a política das autoridades franquistas consolidou unha economía moi pouco competitiva na que o tráfico de influencias e a corrupción foron os elementos máis salientados.

Os tres anos de enfrontamentos militares desarticularon a economía: a produción agraria e industrial diminuíu, destruíronse moitos medios e vías de comunicación, as reservas de ouro e de divisas minguaron e inutilizáronse edificios e instalacións fabrís. Pero, aínda que o réxime utilizou estes factores para xustificar a mala situación...

Seguir lendo "Impacto Económico da Autarquía Franquista en Galicia" »