Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Al-Ándalus: Historia, Sociedade e Legado

Historia4,67 KB

A conquista musulmá da Península Ibérica

A conquista musulmá da Península Ibérica comezou no ano 711, cando o exército de Tariq venceu ao rei visigodo Don Rodrigo na batalla de Guadalete, e finalizou no 716, logrando o dominio de todo o territorio, salvo a cornixa cantábrica. O control territorial sobre os hispanorromanos levouse a cabo mediante capitulacións e pactos, explicables grazas á tolerancia musulmá cos cristiáns.

Etapas do dominio musulmán na Península

O dominio musulmán na Península Ibérica pasou por varias etapas:

  • Emirato dependente de Damasco (714-756): Os musulmáns establecéronse como unha elite guerreira que mantivo tensións cos grupos étnicos invasores (árabes, sirios e bérberes) pola repartición das terras.
...
Seguir lendo "Al-Ándalus: Historia, Sociedade e Legado" »

Exploración e Explotación do Novo Mundo

Historia5,11 KB

Tras o descubrimento de América por Cristovo Colón en 1492, iniciouse unha intensa etapa de exploración e conquista que deu paso á explotación comercial dos novos territorios incorporados á Monarquía Hispánica.

Fases da Exploración e Conquista

As expedicións de exploración e conquista das novas terras descubertas (Doc. 1) pódense dividir en distintas fases, como vemos no mapa correspondente:

  • 1492-1518: Desenvólvense as outras tres viaxes de Colón e as de Américo Vespucio e Alonso de Ojeda, conquistáronse as Antillas e a costa venezolana; Ponce de León explorou a Florida; Núñez de Balboa descubriu o Pacífico, e Díaz de Solís descubriu o Río da Prata.
  • 1519-1540: Foi a fase máis significativa, xa que se produciu a primeira
...
Seguir lendo "Exploración e Explotación do Novo Mundo" »

Conceptos Clave do Antigo Réxime en España (s. XVIII)

Historia2,38 KB

Antigo Réxime

Sistema político e socioeconómico propio dos séculos XVI ao XVIII. Caracterízase pola monarquía absoluta como forma predominante de goberno, unha economía de base agraria e unha sociedade de carácter estamental.

Catastro de Ensenada

Avaliación da riqueza da Coroa de Castela iniciada en 1749, a instancias do marqués da Ensenada. Tiña como obxectivo permitir a aplicación da Única Contribución, tributo pensado para substituír as rendas provinciais. Constitúe unha fonte de grande valor para o estudo da poboación e a economía da época.

Decretos de Nova Planta

Leis aprobadas por Filipe V de Borbón tras a súa vitoria na Guerra de Sucesión española en 1714. Con estas leis púxose fin aos privilexios forais da Coroa de...

Seguir lendo "Conceptos Clave do Antigo Réxime en España (s. XVIII)" »

Glosario de Termos da Historia de España do Século XX

Historia3,53 KB

Sección Femenina

Organización fundada en 1934 como rama da Falange. Foi dirixida por Pilar Primo de Rivera e durante o franquismo monopolizou a educación das mulleres para formalas como amas de casa, cumprir as ordes do seu marido e educar aos seus fillos segundo as normas do réxime. Para adoutrinalas creouse o Servicio Social, que impoñía a prestación obrigatoria de traballos sociais das mulleres durante 6 meses.

Nacionalcatolicismo

Ideoloxía que defende que se deben cumprir as directrices da igrexa católica na vida política, cultural e social. Foi unha das bases ideolóxicas do réxime franquista que contou co apoio e a aprobación da igrexa. A xerarquía eclesiástica aceptou a autoridade de Franco e a cambio deulle o control sobre...

Seguir lendo "Glosario de Termos da Historia de España do Século XX" »

O Sexenio Absolutista (1814-1820) de Fernando VII

Historia3,21 KB

O Sexenio Absolutista (1814-1820)

Fernando VII regresou a España pero non aceptou o tratado nin as reformas lexislativas de Cádiz. A partir de maio de 1814 produciuse un contexto internacional favorable ao absolutismo, pois Napoleón foi derrotado e a Santa Alianza unía a case todas as monarquías europeas contra calquera brote liberal.

A restauración do absolutismo (1815-1830)

Fernando VII desembarcou en Valencia en abril de 1814 coa publicación do Manifesto dos Persas. O Decreto de Valencia, de 4 de maio de 1814, supuxo un golpe de Estado: restaurou o absolutismo e aboliu toda a lexislación das Cortes de Cádiz (eliminando calquera indicio liberal e revolucionario).

A política que aplicou tentaba volver ao pasado:

  • Inquisición
  • Os antigos
...
Seguir lendo "O Sexenio Absolutista (1814-1820) de Fernando VII" »

A Ditadura Franquista: Claves, Familias e Camuflaxes

Historia3,15 KB

Aspectos Clave da Ditadura Franquista

  • En setembro de 1953, a ditadura franquista asinou cos EEUU o Tratado de Amizade e Cooperación.
  • No ano 1955, España foi aceptada como membro de pleno dereito na ONU.
  • No ano 1956, Franco tivo que aceptar, como feito consumado, e cunha gran dose de nostalxia, a independencia de Marrocos.
  • A política de Franco con respecto a Xibraltar veu marcada pola reivindicación da soberanía española, non pola aceptación da súa pertenza definitiva ao Reino Unido.
  • En 1975, pouco antes da morte de Franco, a opinión pública internacional condenou a ditadura e o ditador polos fusilamentos de setembro de 1975.

As Familias Políticas do Franquismo

  • A Falanxe: Camisa azul, anos azuis, totalitarismo, saúdo romano, fusión de
...
Seguir lendo "A Ditadura Franquista: Claves, Familias e Camuflaxes" »

Desmantelamento do Franquismo: A Transición en España

Historia4,28 KB

O Franquismo sen Franco

O goberno de Arias Navarro

A continuación de Carlos Arias Navarro como presidente do 1º goberno da monarquía foi criticada por representar a continuidade do franquismo. Algúns dos ministros deste primeiro goberno de perfil reformista espertaron certa esperanza dun cambio que non se produciu. O inmobilismo do goberno favoreceu a conflictividade laboral e a confrontación política. A relación entre o rei e o presidente foi fría e distante porque o monarca quería avanzar nas reformas, mentres que Arias tomou posición no sector inmobilista. O rei intentou forzar a renuncia do presidente, que logrou no 76.

A coordinación da oposición política

A oposición antifranquista organizárase entre o 74 e o 75 na Junta Democrática...

Seguir lendo "Desmantelamento do Franquismo: A Transición en España" »

A Evolución Económica do Franquismo: Autarquía e Desenvolvementismo

Historia6,18 KB

Análise da Evolución Económica do Franquismo

Os seguintes documentos permiten realizar unha composición sobre a evolución política e económica durante o franquismo, que se desenvolve en dúas etapas claramente diferenciadas.

Os documentos 1 e 2 fan referencia á etapa da autarquía, presentando as liñas xerais desta política económica (doc 1) e un balance da mesma (doc 2). A segunda etapa é a do desenvolvementismo, á que fan referencia os restantes documentos, mostrando as xustificacións do Plan de Estabilización de 1959 (doc 3), as manifestacións do cambio económico e a entrada na economía de consumo (doc 4) e os fenómenos que fan entender estes cambios económicos (doc 5 e 6).

Contexto Político e Social (1939)

A Guerra Civil...

Seguir lendo "A Evolución Económica do Franquismo: Autarquía e Desenvolvementismo" »

Bienio Reformista e Centro-Dereita na II República

Historia3,97 KB

O Bienio Reformista e a súa Crise

Os Anarquistas e a Orde Pública

Un sector anarcosindicalista era partidario da negociación co goberno republicano e da arbitraxe dos xurados mixtos. Non obstante, a maioría da CNT pretendía establecer o anarquismo mediante a acción directa, a folga xeral e a insurrección armada.

O goberno reaccionou coa Lei de Defensa da República, que permitía suspender as garantías constitucionais, e que foi utilizada con dureza. Producíronse atentados sanguentos que culminaron nos sucesos de Casas Viejas, onde as forzas públicas mataron e fusilaron a 20 persoas. A oposición e a dereita esixiron unha investigación e culparon a Azaña.

Reorganización e Reacción da Dereita

Os sectores da dereita monárquica trataron...

Seguir lendo "Bienio Reformista e Centro-Dereita na II República" »

A Ditadura de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía en España (1923-1931)

Historia3,21 KB

A Ditadura de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía

1. O Golpe de Estado de 1923

O 13 de setembro de 1923, Primo de Rivera deu un pronunciamento militar contra o goberno constitucional. O golpe contou co apoio dos sectores empresariais, dos principais bancos internacionais e da Igrexa. Primo de Rivera presentou a ditadura como un réxime transitorio, coa promesa de retomar a normalidade constitucional. O rei Afonso XIII chamouno para formar un novo goberno e concedeulle o cargo de presidente e de ministro único.

2. O Directorio Militar (1923-1925)

O Directorio Militar proclamou o estado de guerra durante dous anos, suspendeu a Constitución de 1876 e as garantías constitucionais, disolveu as Cortes, implantou a censura de prensa e prohibiu

...

Seguir lendo "A Ditadura de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía en España (1923-1931)" »