Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Consecuencias da Primeira Guerra Mundial e Causas da Revolución Rusa

Historia3,51 KB

Consecuencias da Primeira Guerra Mundial

A Primeira Guerra Mundial (1914-1918) tivo un impacto profundo e duradeiro en diversos ámbitos:

Impacto Demográfico

  • A guerra tivo un elevado custo humano, con case dez millóns de persoas falecidas e seis millóns de inválidos.
  • A alta mortalidade provocou unha diminución da natalidade que se prolongou durante xeracións.

Impacto Económico

  • O conflito empobreceu os países belixerantes.
  • Moitas cidades, campos de cultivo, industrias e vías de comunicación foron destruídas.
  • As finanzas públicas dos estados quedaron completamente endebedadas debido aos empréstitos da guerra, tanto no interior como no exterior. Ademais, tíñase que facer fronte aos custos da reconstrución.
  • A guerra marcou o fin da hexemonía
...
Seguir lendo "Consecuencias da Primeira Guerra Mundial e Causas da Revolución Rusa" »

Movimentos políticos e sociais na historia de España

Historia2,26 KB

Agrarismo

Movimento de reivindicación agraria galega no que participou de forma masiva o campesiñado. O movemento tivo como obxectivos acabar co sistema foral e co caciquismo. Outros puntos secundarios serían a eliminación de aranceis e a creación de seguros gandeiros. O agrarismo nace coa Lei de Aprobación dos Sindicatos Agrarios.

Bienio negro

Tamén coñecido como bienio de dereitas. É a segunda etapa política da II República e estivo presenciada por Lenoux co apoio parlamentario da CEDA. Despois da vitoria da dereita nas eleccións de novembro en 1933, o seu principal obxectivo foi o desmantelamento das reformas republicanas do bienio anterior.

Brigadas internacionais

Homes e mulleres vinculados a organizacións obreiras, sindicais e...

Seguir lendo "Movimentos políticos e sociais na historia de España" »

A Crise da Baixa Idade Media na Península Ibérica

Historia2,56 KB

A Crise da Baixa Idade Media

Durante os séculos XIV e XV, os reinos cristiáns da Península Ibérica, como o reino castelán-leonés, Aragón, Navarra e Portugal, rematan o período de crecemento que culmina no século XIII e comezan un tempo de crise económica, demográfica e conflitos sociais. As causas da crise atopámolas principalmente na gran epidemia de peste de 1348, que
causa unha gran mortalidade, no estancamento ou caída da produción agraria, artesanal e do comercio marítimo, na climatoloxía adversa, nas guerras e no incremento dos prezos. Ademais, o crecemento demográfico sostido dos séculos anteriores sitúa a poboación por riba do nivel de recursos a principios do século XIV.

A Sociedade na Baixa Idade Media

A baixa Idade...

Seguir lendo "A Crise da Baixa Idade Media na Península Ibérica" »

Os Reis Católicos: A formación da Monarquía Hispánica

Historia3,15 KB

O nacemento dunha nova entidade política

Do matrimonio entre Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón (1469) nacerá unha nova entidade política: a Monarquía Hispánica. Trátase dunha unión dinástica ou monarquía composta, non dunha unificación política dos seus reinos: aínda que comparten un mesmo rei, cada reino mantén a súa lexislación e as institucións propias.

Tras a conquista de Granada en 1492, o Papa concedeulles o título de Reis Católicos, e completarían a súa expansión territorial na Península coa incorporación de Navarra á Coroa de Castela (1512).

A consolidación do poder real

Isabel e Fernando encarnan as transformacións das monarquías autoritarias: fronte á debilidade do monarca no feudalismo, procuraron...

Seguir lendo "Os Reis Católicos: A formación da Monarquía Hispánica" »

Glosario Histórico: Termos Clave do Liberalismo e Reformas en España (S. XIX)

Historia2,65 KB

Termos Clave da Historia Política Española e Galega

Pronunciamento: Tentativa Revolucionaria

Tentativa revolucionaria, característica da España do século XIX e gran parte do século XX, empregada polas distintas faccións liberais para derrubar un goberno ou facer presión sobre el para que adopte reformas ou cambie o sistema político vixente. Este movemento tiña que contar co apoio de determinados xefes e forzas militares que se manifestaban e pronunciaban a favor desas peticións de cambio.

Sufraxio Censatario e Universal

O dereito ao voto na historia contemporánea española divídese en dous tipos principais:

  • Sufraxio Censatario: Voto restrinxido só a unha parte da poboación que cumpra unhas características precisas (xeralmente económicas)
...
Seguir lendo "Glosario Histórico: Termos Clave do Liberalismo e Reformas en España (S. XIX)" »

A Ilustración en España e Galicia: Ideas e Reformas

Historia2,62 KB

A Ilustración foi un movemento cultural e ideolóxico característico da Europa do século XVIII que defendía tanto a capacidade da razón humana para descubrir a verdade e as leis da natureza, como a necesidade de propoñer e realizar reformas co obxectivo de incrementar o benestar material do país, mellorar a sociedade e alcanzar a felicidade persoal.

Etapas da Ilustración en España e Galicia

Tanto en España como en Galicia, as novas ideas da Ilustración tiveron un desenvolvemento tardío. Na súa concreción pódense distinguir dúas etapas:

  • Primeira etapa (reinados de Filipe V e de Fernando VI): Denominada de protoilustración, estivo encabezada polos chamados proxectistas (por elaborar proxectos para o goberno) e os anovadores ou novatores
...
Seguir lendo "A Ilustración en España e Galicia: Ideas e Reformas" »

Glosario de Termos Históricos: Reconquista e Feudalismo

Historia2,16 KB

Glosario de Termos Históricos

  1. Carta de Poboamento

    Documento de privilexios outorgado por un rei ou señor feudal a un conxunto de poboacións como compensacións pola ocupación dese territorio durante a Reconquista.

  2. Manso

    Nome do terreo cedido polo señor feudal ao campesiño para o seu cultivo durante o feudalismo. A cambio, o campesiño debía pagar unha renda que, por exemplo, podía ser parte da colleita, traballo na reserva do señor ou cartos.

  3. Marca Hispánica

    Condados dependentes dos francos ao sur dos Pireneos que eran a fronteira entre o Imperio Carolinxio e Al-Ándalus. No século IX deron orixe aos reinos de Navarra e Aragón, quedando reducida aos condados cataláns, o que explica que tradicionalmente se asocie con eles.

  4. Mesta

    Institución

...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos: Reconquista e Feudalismo" »

Desamortizacións en Galicia no Século XIX: Reforma Agraria

Historia2,62 KB

Desamortizacións en Galicia no Século XIX

No século XIX, o réxime da propiedade cambiou moito debido ás desamortizacións.

Reforma Agraria e Desamortizacións

No Antigo Réxime, as leis e normas condicionaban e limitaban a produción agrícola. A burguesía quixo converter a terra nun ben libre e particular, para o cal era necesario:

  • Abolir o réxime señorial.
  • Desamortizar terras eclesiásticas e señoriais.
  • Suprimir a servidume, o décimo eclesiástico e as restricións de cultivos.
  • Establecer a libre compravenda.

As Desamortizacións

A medida máis importante foi a desamortización, que consistiu en poñer en poxa pública os bens rústicos e urbanos das mans mortas eclesiásticas e do Estado (terras de comúns e de propios). Este foi un proceso...

Seguir lendo "Desamortizacións en Galicia no Século XIX: Reforma Agraria" »

As Crises Baixomedievais en Galicia: Peste Negra e Irmandiños

Historia2,94 KB

As Crises Baixomedievais: Un Contexto de Cambio

Logo da expansión económica dos séculos XII e XIII, nos séculos XIV e XV tiveron lugar as crises baixomedievais. En 1348, a chegada da Peste Negra inaugurou unha etapa de mortalidades catastróficas, crises agrícolas e enfrontamentos sociais. Previamente, durante a primeira metade do século XIV, sucedéronse malas colleitas debido a un ciclo climático máis rigoroso, o que significou escaseza de alimentos e desnutrición. A Peste Negra afectou especialmente a Cataluña e provocou a perda dun cuarto da poboación castelá no século XIV. Este forte impacto débese a que, aínda que as epidemias eran frecuentes, a poboación xa estaba debilitada logo de décadas de malas colleitas.

Crise Demográfica

...
Seguir lendo "As Crises Baixomedievais en Galicia: Peste Negra e Irmandiños" »

O Feudalismo na Península Ibérica: Sociedade e Poder Medieval

Historia3,49 KB

O Feudalismo na Península Ibérica

O sistema económico, social e político da Europa medieval é denominado feudalismo.

Que é o Feudalismo?

A base do réxime estaba no feudo, o territorio baixo o control dun señor (nobre ou eclesiástico). O feudalismo estendeuse pola Península Ibérica tras unha rápida implantación na zona de influencia franca (Marca Hispánica). A orixe atópase en que os monarcas outorgaron territorios á nobreza a cambio de apoio político e militar.

O señor feudal tiña autoridade sobre os campesiños (servos) aos que lles cedían terras (mansos) a cambio dunha renda. Tamén houbo campesiños libres que se encomendaron a un señor por protección ou por débedas.

Así, o réxime feudal baseábase en relacións de dependencia:

...

Seguir lendo "O Feudalismo na Península Ibérica: Sociedade e Poder Medieval" »