A Ditadura Franquista: Claves, Familias e Camuflaxes

Historia3,15 KB

Aspectos Clave da Ditadura Franquista

  • En setembro de 1953, a ditadura franquista asinou cos EEUU o Tratado de Amizade e Cooperación.
  • No ano 1955, España foi aceptada como membro de pleno dereito na ONU.
  • No ano 1956, Franco tivo que aceptar, como feito consumado, e cunha gran dose de nostalxia, a independencia de Marrocos.
  • A política de Franco con respecto a Xibraltar veu marcada pola reivindicación da soberanía española, non pola aceptación da súa pertenza definitiva ao Reino Unido.
  • En 1975, pouco antes da morte de Franco, a opinión pública internacional condenou a ditadura e o ditador polos fusilamentos de setembro de 1975.

As Familias Políticas do Franquismo

  • A Falanxe: Camisa azul, anos azuis, totalitarismo, saúdo romano, fusión de 1937.
  • Os Tradicionalistas (antigos Carlistas): Naceron con Fernando VII, protagonizaron tres guerras, novo nome (Comunión Tradicionalista), axudaron a Mola.
  • Os Monárquicos Alfonsinos: Difícil relación con Franco, xefe no exilio, volta do rei (Xoán Carlos I), carteiras económicas, contentos en 1969.
  • Os Militares: Uniformes caqui, fidelidade a Franco, sen golpes de estado, franquismo sen Franco.
  • Francisco Franco Bahamonde: Voz atiplada, inglés de Cambridge, penas de morte, listo, xeneral aos 33 anos.

As Camuflaxes da Ditadura Franquista

  1. A cor coa que se simboliza a España dos anos corenta é o verde esperanza (a cor correcta é o AZUL).
  2. O estado ensaiado durante os primeiros anos corenta foi un tipo de estado social-democrático (o correcto é FASCISTA/TOTALITARIO).
  3. A figura clave da deriva política dos primeiros anos corenta foi o cuñadísimo Ramón Llano de Encomienda (a figura correcta é SERRANO SÚÑER).
  4. Entre 1939 e 1942/43 España pasou por un proceso de democratización (o proceso correcto foi a FASCISTIZACIÓN) da sociedade.
  5. A partir de 1943 a ditadura mudou de camisa. Agora interesaba demostrar que España era profundamente liberal (o correcto é NACIONAL-CATÓLICA).
  6. Foi moi habitual na España dos segundos anos corenta as expresións de profunda adhesión liberal (o correcto é RELIXIOSA).
  7. A figura política que simboliza esta muda de camisa foi o ministro de asuntos exteriores Alberto Isla Atajo (a figura correcta é MARTÍN ATAJO).
  8. Despois de 1959, a ditadura volveu mudar de camisa. Agora tratábase de convencer aos españois dun novo mantra: a democratización.
  9. As novas estrelas desta nova camuflaxe foron denominados como ministros burócratas (o termo correcto é TECNÓCRATAS).
  10. Unha das institucións que máis contribuíu a este lavado de imaxe fornecendo ministros tiña que ver coa Igrexa e chamábase o Agnus Sancti (a institución correcta é o OPUS DEI).

Descargar

PDF Word HTML