Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

A Restauración Borbónica en España (1876-1898)

Historia3,74 KB

O dominio do Partido Conservador (1876-1881)

A presidencia de Cánovas é coñecida como a Ditadura Canovista. O seu obxectivo era conseguir a consolidación da monarquía restaurada e construír un sistema político de orde, autoritario e moi centralizado. O recorte de liberdades ou a censura na prensa, sobre todo a republicana, trataron de silenciar as protestas, e a liberdade de reunión quedou regulada. A lei electoral de 1878 reduciu o censo de votantes a homes maiores de 25 anos e contribuíntes. Nesta etapa concluíronse conflitos pendentes desde o sexenio:

  • O conflito carlista terminou coa derrota de Carlos VII e a abolición dos foros. Entrou en decadencia.
  • A guerra cubana acabou coa sinatura da Paz de Zanjón (1878). Pero Cuba mantivo
...
Seguir lendo "A Restauración Borbónica en España (1876-1898)" »

A Restauración Borbónica en España: Orixes, Sistema e Fraude Electoral

Historia5,04 KB

Co Sexenio xerouse unha sensación de desgoberno. Polo que as clases altas e medias apostaron por unha solución acorde co contexto internacional e conveniente aos seus intereses: a Restauración da Monarquía.

Orixes do Proceso Restaurador

A Restauración con Afonso XII foi levada a cabo durante o goberno de Serrano; o obxectivo era situar no trono ao fillo de Isabel II. O gran protagonista foi Cánovas del Castillo. Foi un proceso complexo e de manobras; a máis importante fora a abdicación de Isabel II no seu fillo. Cánovas aproveitou a era bismarckiana (período de goberno en Alemaña do chanceler Otto von Bismarck) con solucións moderadas. O instrumento utilizado foi a creación dun ‘partido afonsino’ e o seu programa reducíase ao

...

Seguir lendo "A Restauración Borbónica en España: Orixes, Sistema e Fraude Electoral" »

A Segunda República Española: Períodos e Conflitos Clave (1931-1936)

Historia14,45 KB

A Segunda República Española: Período Constituínte e Bienio Reformista

Eleccións Municipais de 1931 e Proclamación da República

Os resultados das eleccións municipais do 12 de abril de 1931, convocadas polo Goberno do almirante Aznar, adquiriron un carácter plebiscitario, de apoio ou rexeitamento á monarquía. Aínda que na maioría dos municipios rurais, dominados por caciques, se impuxeron as candidaturas monárquicas, nas capitais de provincia e principais núcleos urbanos triunfou a conxunción republicano-socialista, partidaria da instauración dun réxime republicano. En Eibar, o 14 de abril de 1931, os concelleiros gañadores proclamaron a República e cambiaron a praza Alfonso XVII pola da República. O novo presidente, Niceto...

Seguir lendo "A Segunda República Española: Períodos e Conflitos Clave (1931-1936)" »

Conceptos Clave da Historia de España: Séculos XIX e XX

Historia2,98 KB

Rexeneracionismo

Corrente intelectual que xorde en 1898 tras o «desastre do 98», ante a derrota na guerra cos Estados Unidos e a perda das últimas colonias, que agrava o esgotamento do sistema da Restauración Borbónica. O principal representante desta corrente foi Joaquín Costa. Dous dos seus lemas reflicten ben o ideario rexeneracionista: «oligarquía e caciquismo», denunciando os defectos do sistema da Restauración; e «escola e despensa», reivindicando a necesidade de renovación e rexeneración do sistema político e da sociedade española, xunto con reformas económicas.

Sistema de Quenda

A Quenda (ou turno) foi o modo de alternancia no poder característico da época da Restauración (1875-1898), entre os dous partidos dinásticos:...

Seguir lendo "Conceptos Clave da Historia de España: Séculos XIX e XX" »

A Primeira Guerra Mundial: Causas, Consecuencias e Tratados

Historia2,87 KB

A Primeira Guerra Mundial

A Gran Guerra foi unha longa contenda que durou catro anos e medio, desde 1914 a 1918. Iniciouse en Europa e foi extendéndose por gran parte do planeta. A súa inesperada magnitude, a súa longa duración, a súa enorme extensión xeográfica e os seus profundos efectos na sociedade, na economía e na política convertérona nun novo tipo de contenda descoñecida ata o momento. Foi unha guerra total.

Causas da Primeira Guerra Mundial

  • A gran rivalidade franco-alemá no centro de Europa.
  • Crecente oposición do imperio austrohúngaro e do imperio dos tsares ao compás da embarcación do imperio otomán.
  • O continuo conflito entre Reino Unido e Alemaña.
  • As tensións xeradas pola carreira imperialista desatada no último terzo
...
Seguir lendo "A Primeira Guerra Mundial: Causas, Consecuencias e Tratados" »

A Restauración Borbónica en España

Historia5,04 KB

Manifesto de Sandhurst en 1874

Manifesto de Sandhurst en 1874: Carta asinada por Alfonso de Borbón (futuro Alfonso XII), fillo de Isabel II e pretendente ao trono de España dende a abdicación desta no 1870, na academia militar inglesa de Sandhurst contestando as felicitacións do artífice da Restauración, Cánovas del Castillo. O seu obxetivo foi un proxecto restaurador dunha monarquía constitucional hereditaria que coas Cortes acaban cos excesos do Sexenio Democrático. Recolle a necesidade do respecto á relixión católica.

Sistema de Quenda

Sistema de Quenda: ou turnismo é a alternancia pacífica no poder dos partidos dinásticos (P.Conservador de Cánovas e P.Liberal de Sagasta), un dos principios básicos do sistema da Restauración...

Seguir lendo "A Restauración Borbónica en España" »

Reformismo Dinástico en España: Afonso XIII e a crise de 1909

Historia2,52 KB

Reformismo Dinástico en España (1902-1909)

A etapa de Afonso XIII

Coa chegada ao trono de Afonso XIII en 1902, comezou a segunda etapa do sistema de Restauración. A morte de Cánovas del Castillo e Sagasta deixou aos partidos dinásticos sen líderes indiscutibles, provocando múltiples discusións internas.

O fracaso do goberno conservador

Tras o desastre do 98, os conservadores, liderados por Silvela (con apoio de María Cristina), accederon ao poder. A subida de impostos para solucionar o endebedamento provocou un boicot en Cataluña, levando ao fracaso do goberno.

As reformas de Maura

Un goberno liberal foi sucedido por outro conservador, liderado por Antonio Maura. Maura, que defendía a revolución desde o poder, impulsou medidas como:

  • Lei
...
Seguir lendo "Reformismo Dinástico en España: Afonso XIII e a crise de 1909" »

O Reformismo Borbónico e a Ilustración en España (Século XVIII)

Historia3,38 KB

Os Decretos de Nova Planta

Os Borbóns asumiron a tarefa de unificar e reorganizar os diferentes reinos peninsulares. Iso significou a perda da soberanía, esencialmente, dos territorios da Coroa de Aragón, que pasou a ser integrada nun modelo de uniformización e centralista. Filipe V, mediante os Decretos de Nova Planta, aboliu as institucións políticas e as leis propias dos territorios da Coroa de Aragón e impuxo as leis e a organización político-administrativa de Castela. Así, coa excepción de Navarra e do País Vasco, todo o territorio foi uniforme.

A Nova Planta aboliu as Cortes da Coroa de Aragón, integrándoas nas de Castela, que de feito se converteron nas Cortes de España. As Cortes só se reunían a petición do rei e para...

Seguir lendo "O Reformismo Borbónico e a Ilustración en España (Século XVIII)" »

Revolucións e Unificacións do Século XIX: Unha Visión Xeral

Historia2,89 KB

Acontecementos: Revolución Liberal (1820)

1820

Insurreccións armadas vencidas pola intervención dos exércitos da Santa Alianza. Só en Grecia triunfou unha insurrección contra os turcos, proclamando a súa independencia en 1829. No 1825, as colonias americanas que pertencían a España conseguen a súa independencia.

1830

En Europa, entre 1829 e 1835, os réximes políticos absolutistas foron substituídos por sistemas constitucionais onde a burguesía acadou o poder e as clases populares quedaron relegadas, establecéndose o sufraxio censatario. En Francia, instaurouse unha monarquía parlamentaria de carácter burgués, e isto estendeuse a Polonia. Bélxica independizouse de Holanda. Gran Bretaña, en 1832, ampliou os dereitos políticos....

Seguir lendo "Revolucións e Unificacións do Século XIX: Unha Visión Xeral" »

A Nova Orde Mundial: Liderado de EE. UU., 11-S e a Federación Rusa

Historia2,54 KB

O Liderado dos Estados Unidos na Nova Orde Mundial

Coa desaparición da URSS consolidouse unha nova orde mundial caracterizada pola multipolaridade de intereses baixo o liderado dunha única superpotencia, os Estados Unidos, e pola emerxencia do fundamentalismo islámico como unha forma de rexeitamento ao dominio mundial que exercen os países occidentais.

A expresión "nova orde mundial" foi utilizada polo presidente George H. Bush en 1991. Con isto facía referencia a unha nova etapa nas relacións internacionais, caracterizada pola procura da paz. Esta nova etapa non conseguiu ningún dos seus obxectivos.

Dende 1990 incrementáronse as intervencións militares dos Estados Unidos e o número de conflitos no mundo. Con frecuencia, os intereses...

Seguir lendo "A Nova Orde Mundial: Liderado de EE. UU., 11-S e a Federación Rusa" »