Desmantelamento do Franquismo: A Transición en España
O Franquismo sen Franco
O goberno de Arias Navarro
A continuación de Carlos Arias Navarro como presidente do 1º goberno da monarquía foi criticada por representar a continuidade do franquismo. Algúns dos ministros deste primeiro goberno de perfil reformista espertaron certa esperanza dun cambio que non se produciu. O inmobilismo do goberno favoreceu a conflictividade laboral e a confrontación política. A relación entre o rei e o presidente foi fría e distante porque o monarca quería avanzar nas reformas, mentres que Arias tomou posición no sector inmobilista. O rei intentou forzar a renuncia do presidente, que logrou no 76.
A coordinación da oposición política
A oposición antifranquista organizárase entre o 74 e o 75 na Junta Democrática e na Plataforma de Convergencia Democrática. Uníronse no 76 formando a Coordinación Democrática, coñecida como Platajunta. Os seus integrantes defendían a ruptura democrática e esixían:
- Goberno provisional forte
- Amnistía xeral
- Liberdades políticas, sindicais e de prensa
A protesta social mantívose activa durante 1976. En marzo, a policía desaloxou violentamente unha convocatoria obreira na igrexa de San Francisco.
Desmantelamento do Franquismo e Consenso
O goberno de Adolfo Suárez
O rei nomeou novo presidente a Adolfo Suárez. O novo presidente actuou con realismo e asumiu que a sociedade española desexaba alcanzar as liberdades, por iso acelerou as reformas. Tratou de atraer a oposición democrática, neutralizar os sectores máis inmobilistas e gañar a opinión pública. Tomou a iniciativa e despenalizou as asociacións políticas e regulou o dereito a folga. Os sindicatos aproveitaron o ambiente reivindicativo para reforzar as súas posicións. Crearon a Coordinadora de Organizacións Sindicais (COS). A convocatoria de numerosas e diversas manifestacións mostrou a fortaleza e o protagonismo da sociedade civil, que reclamaba tanto reformas políticas e sociais como melloras económicas e laborais. As mobilizacións constituíron un factor de presión política e laboral tan importante que obrigou o goberno a acelerar o proceso reformista. Pero este proceso creou tensión cos sectores máis inmobilistas.
O terrorismo durante a transición
A transición non foi pacífica. A violencia estivo presente durante todo o proceso a través de grupos terroristas de extrema dereita e extrema esquerda que intentaban impedir o seu desenvolvemento pacífico. Estes grupos practicaron todo tipo de asesinatos, atentados e secuestros, que fixeron coincidir cos momentos claves da transición.
A lei para a reforma política
Para avanzar nas reformas era necesario desmontar a estrutura do réxime franquista e acabar coas súas institucións. O goberno de Suárez presentou a Lei para a Reforma Política. Obxectivo:
- Recuperar a soberanía popular
- Establecer unhas Cortes cos membros elixidos por sufraxio universal, libre, directo e secreto
- Defender os dereitos fundamentais e inviolables da persoa
- Recoñecer o pluripartidismo
A aprobación da reforma era indispensable para desmantelar a legalidade franquista e poder construir a legalidade democrática.
A legalización da oposición democrática
O bo resultado do referendo reforzou o goberno, que mantivo a iniciativa política e suprimiu o Tribunal de Orde Pública encargado da representación política. Legalizáronse ata 78 partidos. Suárez e os líderes da oposición pactaron a lei electoral e a convocatoria de eleccións para o 15 de xuño.
As eleccións democráticas
A convocatoria de eleccións lexislativas libres era o paso para restablecer o sistema parlamentario en España. Había que elexir 350 representantes para o goberno, segundo a Lei D’Hout, e 270 ao senado, a razón de catro senadores por provincia, segundo un sistema maioritario e nominal. Formouse un goberno en minoría de UCD presidido por Suárez; o resultado electoral reflectía a vontade dos españois de romper coa legalidade e coas institucións franquistas, continuar coas reformas democráticas e manter o consenso político.