Sociedade e Movementos Sociais do Século XIX
Sociedade e Movementos Sociais do Século XIX
1. A Configuración dunha Sociedade de Clases
- A Fin da Sociedade Estamental
Coa configuración do Estado liberal as novas leis impuxeron a igualdade xurídica de todos os cidadáns e poñíanlle fin aos privilexios. Existía unha única categoría xurídica 'cidadáns'. O sufraxio censitario limitaba a participación e as diferencias sociais establecéronse en función da riqueza e non da situación legal.
- A Situación da Nobreza e o Clero
Coas novas leis perdían gran parte dos seus privilexios. A pequena nobreza, fidalgos, sufriu entón un proceso de deteriorización económica e social e foron diluídos na clase media dos propietarios agrarios. A alta e media nobreza mantiveron a súa importancia...