Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

A inestabilidade política no reinado de Sabela

Historia2,87 KB

Tamén os carlistas se sublevaron contra o goberno e en Cataluña desenvolveuse a guerra dos Matiners ou segunda guerra carlista (1846-1849), protagonizada por campesiños, a cal tivo unha dura represión.

Concordato de Roma (1851)

No 1851 asínase o Concordato de Roma, para normalizar as relacións coa igrexa católica, no que se aceptan as desamortizacións a cambio do financiamento da igrexa e do monopolio ideolóxico e no ensino desta última.

Pronunciamento da Vicalvarada (1854)

No 1854, os progresistas e os moderados descontentos protagonizan o pronunciamento da Vicalvarada, encabezado por O'Donnell e cun programa (Manifesto de Manzanares), co que pretendían reformar o sistema vixente.

Lei de desamortización xeral de Madoz (1855)

Os gobernos

...

Seguir lendo "A inestabilidade política no reinado de Sabela" »

Movemento obreiro en España: anarquismo e socialismo marxista

Historia2,81 KB

Na nova sociedade de clases existiu unha importante conflitividade social que deu orixe ao nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras salariais e laborais para a clase traballadora. O conxunto destas actividades recibe o nome de movemento obreiro. Presentou formas diferentes de actuación e organización seguindo os modelos defendidos polas principais ideoloxías (anarquismo e socialismo marxista). Os principios liberais de liberdade de contratación e salarios, o interese da burguesía de obter os máximos beneficios e a falta de regulamentación laboral fixeron que os traballadores industriais estivesen sometidos a duras condicións de traballo (longas xornadas, baixos salarios, ausencia de dereitos).


Protestas obreiras

...
Seguir lendo "Movemento obreiro en España: anarquismo e socialismo marxista" »

Glosario de Termos Históricos de España: Séculos XIX e XX

Historia4,24 KB

Afrancesados: Partidarios de Xosé I Bonaparte

Nome de carácter pexorativo co que se coñece en España a unha minoría de partidarios da ocupación francesa da Península Ibérica durante a Guerra da Independencia e que apoiaron a política reformista de Xosé I Bonaparte. Moitos deles tiñan ideas ilustradas ou liberais e consideraban que era a única posibilidade de introducir as ideas revolucionarias no país.

Abdicacións de Baiona: Renuncias Reais de 1808

Nome polo que se coñecen as renuncias sucesivas que tiveron lugar o 5 de maio de 1808 dos reis Carlos IV e do seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte. O emperador francés, pouco despois, cedeu tales dereitos ao seu irmán Xosé Bonaparte, que reinou...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos de España: Séculos XIX e XX" »

Crise da Restauración e II República (1898-1936)

Historia2,54 KB

1. Rexeneracionismo

O Rexeneracionismo foi unha corrente intelectual, política e literaria de finais do século XIX e principios do XX que se propuxo renovar e modernizar a vida política e económica de España. Xurdiu a partir do Desastre do 98. O seu principal representante foi Joaquín Costa, quen propugnaba acabar co caciquismo, reducir a pobreza e fomentar a educación.

2. Desastre de Annual

O Desastre de Annual foi unha derrota do exército español no ano 1921 durante a Guerra de Marrocos. Os ataques do xefe rifeño Abd el-Krim derrotaron ás tropas españolas en Annual. Este desastre agudizou a crise da Restauración borbónica e o desprestixio do exército e de Afonso XIII.

3. Unión Patriótica

A Unión Patriótica foi unha organización...

Seguir lendo "Crise da Restauración e II República (1898-1936)" »

Reformas Borbónicas en Galicia: Armada e Comercio

Historia3,77 KB

Tras a Guerra de Sucesión: Modernización da Armada

Tras a Guerra de Sucesión, Felipe V e os seus sucesores víronse na obriga de modernizar o exército e a armada para reforzar a posición de España no contexto internacional. No relativo á mariña, a armada española era fundamental na defensa das rutas comerciais a América. Seguindo os principios do absolutismo centralista da nova filosofía de goberno, Felipe V unificou as distintas escuadras nunha única armada real e estableceuse a recruta obrigatoria de mariñeiros por medio da matrícula de mar. Para ter unha mellor administración, José Patiño, ministro de Felipe V, dividiu a costa española en tres Departamentos Marítimos: Cádiz, Ferrol e Cartaxena. En cada unha desas cidades

...

Seguir lendo "Reformas Borbónicas en Galicia: Armada e Comercio" »

A Reconquista: Etapas e Formación dos Reinos Cristiáns

Historia3,3 KB

A Reconquista: Etapas

Tras a conquista, os musulmáns asentáronse na meirande parte da península, agás nas zonas montañosas do norte. Alí foron xurdindo núcleos de resistencia cristiá que foron liberándose do dominio musulmán e expandíndose cara ao sur.

Primeira Etapa: Formación dos Núcleos de Resistencia (Séculos VIII-X)

  • Na zona occidental, a resistencia xurdiu nas terras montañosas da cordilleira cantábrica, no territorio de Asturias. O triunfo de Paio na batalla de Covadonga supón a orixe do reino de Asturias.
  • Na zona oriental organizáronse varios núcleos de resistencia nos Pireneos que mantiveron escasos contactos entre si e que, protexidos polo imperio carolinxio, formaron condados que, pouco a pouco, foron independizándose
...
Seguir lendo "A Reconquista: Etapas e Formación dos Reinos Cristiáns" »

O Réxime Feudal e a Sociedade Estamental na Península Ibérica

Historia2,57 KB

O Réxime Feudal e a Sociedade Estamental

A Feudalización da Sociedade Cristiá Peninsular

A feudalización da sociedade cristiá peninsular é un proceso que comezou nos séculos IX e X e que triunfou plenamente nos séculos XI e XII.

Os territorios cristiáns peninsulares encontrábanse nunha situación que, se ben non era compatible co modelo de feudalismo clásico de tipo francés, reunía suficientes características para permitir afirmar que se encontraban en diferentes estadios de feudalización. Sen embargo, nas zonas fronteirizas, a inseguridade do territorio favoreceu o asentamento de poboación libre, atraída polos privilexios que os monarcas concedían para repoboar estas terras.

A pesar da variedade de situacións, o proceso de feudalización...

Seguir lendo "O Réxime Feudal e a Sociedade Estamental na Península Ibérica" »

Historia Medieval: Manso, Marca Hispánica e máis

Historia4,48 KB

O Manso na Idade Media

O manso foi o tipo de explotación agrícola máis estendido na Idade Media. Ten a súa orixe na vila romana e constituíuse en Francia nos séculos VII e VIII. O manso comprendía unha vivenda e un conxunto de terras arables. Tiña o dereito de usar os bosques, pastos e augas colindantes. Os posuidores dos mansos tiñan unha serie de obrigas con respecto ao señor feudal: pagábanlle parte do valor da súa colleita, prestábanlle servizos persoais e províanlle de obxectos e utensilios. O seu status social variaba entre campesiños libres e servos, pero podían posuír escravos. Os mansos eran vitalicios e, con frecuencia, hereditarios.

A Marca Hispánica

A Marca Hispánica era unha ampla zona xeográfica comprendida entre...

Seguir lendo "Historia Medieval: Manso, Marca Hispánica e máis" »

Fernando VII: Absolutismo e Crise en España (1814-1820)

Historia2,91 KB

Fernando VII – Primeira Etapa (1814-1820)

Trala marcha de Xosé I e o Tratado de Valençay en 1813, asinado por Napoleón, Fernando VII regresa a España. Nese momento, xorde un problema político ante a incerteza de se o rei aceptaría as reformas das Cortes de Cádiz. Por unha banda, os liberais esixían que aceptase e aprobase os decretos da Constitución de 1812, pero, por outra banda, os absolutistas viron na súa volta a posibilidade de declarar nulos todos eses decretos liberais e volver ao Antigo Réxime. Foi entón cando este grupo decide mobilizarse e pedirlle, ou propoñerlle, a Fernando VII, a través do documento do “Manifesto dos Persas”, o retorno do absolutismo. Fernando VII, seguro da febleza dos liberais, incumpre a súa...

Seguir lendo "Fernando VII: Absolutismo e Crise en España (1814-1820)" »

O Reinado de Filipe IV e a Crise de 1640: Reformas e Rebelións

Historia2,9 KB

O Reinado de Filipe IV e a Crise de 1640

O Valimento

Filipe IV ascendeu ao trono en 1621 con 16 anos baixo a tutela do conde-duque de Olivares, quen asumiu o papel de valido. Ambos tiñan máis capacidade e visión política que Filipe III, o que se plasmou nos proxectos de reforma para mellorar a situación da monarquía.

As Reformas de Olivares

Olivares era un político hábil e enérxico cun programa político de obxectivos definidos:

  • Manter a hexemonía e prestixio exterior de España: Ameazada por Holanda e Francia, polo que se implicou en numerosas guerras. Esta política esixía importantes sumas de diñeiro a unha Facenda en crise.
  • Programa de reformas internas: Económicas, administrativas e militares.

Propuxo unha redución dos gastos suntuarios,...

Seguir lendo "O Reinado de Filipe IV e a Crise de 1640: Reformas e Rebelións" »