Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

A Segunda Revolución Industrial: Innovacións e Impacto

Historia4,75 KB

Entre o último terzo do século XIX e o inicio da Gran Guerra en 1914 producíronse unha serie de innovacións técnicas que deron lugar a unha Segunda Revolución Industrial. Este período caracterizouse pola aparición de novas fontes de enerxía e a renovación dos sectores produtivos.

Novas Fontes de Enerxía e Sectores

Fontes de Enerxía Clave

  • O petróleo: Co descubrimento da técnica do refinado, os seus derivados puideron ser usados como combustible para os novos motores de gasolina.
  • A electricidade: Grazas a diversos inventos do século XIX, como a pila ou as lámpadas incandescentes, foi amplamente usada na iluminación e como enerxía motriz para as máquinas.

Aínda así, o carbón seguiu sendo a principal fonte de enerxía durante gran...

Seguir lendo "A Segunda Revolución Industrial: Innovacións e Impacto" »

Dicionario do Franquismo e a Transición: Conceptos Clave

Historia4,07 KB

Dicionario do Franquismo e a Transición

Conceptos Clave

FET e das XONS

FET e das XONS: siglas de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, a organización política creada por Franco en 1937 mediante o Decreto de Unificación que fusionaba o movemento tradicionalista carlista coas formacións fascistas de Falanxe Española e das XONS. Foi a única formación política autorizada durante o franquismo, sendo coñecida como Movemento Nacional.

Sección Feminina

Sección Feminina: rama feminina da FET das XONS. Organización destinada a integrar as mulleres, desde a xuventude, no ideario do réxime. Desenvolveu un modelo ideal de mulleres como esposas e nais, sometidas á tutela dos varóns. Organización dirixida...

Seguir lendo "Dicionario do Franquismo e a Transición: Conceptos Clave" »

Réxime feudal e sociedade estamental na Europa medieval

Historia2,81 KB

A situación de inseguridade creada en Europa trala desaparición do Imperio Romano sentou as bases do réxime feudal. Os campesiños buscaron a protección dos nobres e estes pedironlles que traballasen para eles e quedasen baixo a súa autoridade, aparecendo así os servos. Por outro lado, o rei tiña poder sobre os territorios que controlaba directamente, como se fose un nobre máis 'primus inter pares'. Os demais nobres aceptaban a primacía do rei mediante o pacto de vasalaxe, converténdose en vasalos do rei, xurándolle fidelidade, axuda militar e consello de goberno a cambio dun feudo, entre nobres de maior e menor categoría.

Composición do feudo

O feudo estaba composto pola reserva señorial, as mellores terras, e os mansos, terras...

Seguir lendo "Réxime feudal e sociedade estamental na Europa medieval" »

O Réxime Feudal e a Sociedade Estamental na Idade Media

Historia4,38 KB

O Réxime Feudal e a Sociedade Estamental

A situação de inseguridade creada en Europa trala desaparición do Imperio Romano sentou as súas bases do que durante a Idade Media se chamou réxime feudal.

Relacións de Encomenda

Por un lado, os campesiños buscaron protección dos nobres e estes, a cambio, pedíronlle que traballasen para eles e que se sometesen á súa autoridade, eran as relacións de encomenda. Apareceron así os servos.

Feudo e Vasalaxe

Por outro lado, o rei tiña poder sobre os territorios que controlaba directamente, como se fose un nobre máis, é dicir, un “primus inter pares”. Os demais nobres aceptaban a primacía do rei mediante o pacto de vasalaxe, polo que se convertían en vasalos do rei, xurándolle fidelidade,

...
Seguir lendo "O Réxime Feudal e a Sociedade Estamental na Idade Media" »

Glosario de Termos Históricos: Conversos, Armada Invencible e Máis

Historia2,5 KB

Glosario de Termos Históricos

Converso

Denomínase converso ás persoas que aceptaron unha crenza relixiosa que antes non profesaban. Especialmente aplicable aos musulmáns (mouriscos) ou xudeus (xudeoconversos) convertidos ao cristianismo tralas medidas de conversión forzosa dos Reis Católicos. Nos séculos XVI e XVII a chamada “limpeza de sangue” foi utilizada como mecanismo de exclusión social dos conversos e os seus descendentes.

Grande Armada

Tamén chamada Armada Invencible, concebiuse en 1588 para conquistar Inglaterra, derrocar a Isabel I, garantir a seguridade da chegada dos metais preciosos de América atacados por corsarios ingleses como Drake e privar de apoio á rebelión dos Países Baixos. Tanto a planificación como a execución...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos: Conversos, Armada Invencible e Máis" »

Organización Política do Reino Visigodo: Estrutura e Unificación

Historia2,8 KB

Organización Política do Reino Visigodo: Fundamentos

A organización política do reino visigodo parte de dous piares centrais: a herdanza romana (organización administrativa, Dereito romano e lingua) e a herdanza xermánica (reis electivos, dereito consuetudinario).

Ademais, a inferioridade numérica dos visigodos respecto dos hispanorromanos, fixo que buscasen un proceso unificador baseado na fusión das dúas comunidades para lograr así a unidade territorial, política, xurídica e relixiosa.

O Proceso de Unificación do Reino Visigodo

A unidade do reino visigodo consolidouse a través de tres piares fundamentais:

  • A unidade territorial, iniciada por Leovixildo coa expulsión dos suevos.
  • A unidade relixiosa, conseguida por Ricaredo coa adopción
...
Seguir lendo "Organización Política do Reino Visigodo: Estrutura e Unificación" »

Feudalismo na Península Ibérica: Séculos IX ao XIII

Historia2,95 KB

Partimos da idea de que na Península o monarca necesita o poder para expulsar aos musulmáns, pero vai necesitar á nobreza, ás ordes militares… O que dará lugar ao proceso de feudalización que comeza nos séculos IX e X. Entre os séculos XII e XIII produciuse unha concentración de reinos e señoríos en mans dun reducido número de reis. Existían: a Coroa de Castela, a Coroa de Aragón, e os reinos independentes de Portugal e Navarra.

A pesar da variedade de situacións, o proceso de feudalización presentou varios trazos comúns nos seus territorios:

  • O carácter patrimonial e hereditario do reino, considerado propiedade do rei que o recibe e transmite por herdanza, podendo dividilo entre os seus herdeiros. A partir do século XIII,
...
Seguir lendo "Feudalismo na Península Ibérica: Séculos IX ao XIII" »

Economía e sociedade na Galicia dos Austrias

Historia2,71 KB

Na Galicia dos séculos XVI e XVII as cidades eran moi pequenas. Destacan Santiago de Compostela, con funcións relixiosas; A Coruña, sede das institucións de goberno; Pontevedra relacionada coa pesca e salgadura da sardiña. Temos que falar dunha sociedade esencialmente rural. Máis do 80% da poboación vivía no rural.

A Igrexa e a alta nobreza eran as principais propietarias de terras. O absentismo da alta nobreza galega, asociada ás empresas políticas e militares dos Austrias, favoreceu o desenvolvemento da fidalguía, da nobreza segundona. Esta fidalguía situábase como intermediarios entre os propietarios da terra (alta nobreza e sobre todo os mosteiros) e os campesiños. Os fidalgos levaban en foro terras de mosteiros e nobres e...

Seguir lendo "Economía e sociedade na Galicia dos Austrias" »

Constitución Española de 1931: Análise

Historia2,42 KB

A Constitución de 1931

A Constitución de 1931, aprobada o 9 de decembro, consta de 125 artigos. Comeza cunha definición categórica de soberanía popular no primeiro artigo: define a España como “unha república democrática de traballadores de toda clase”.

Dereitos e liberdades

Recolle unha extensa declaración de dereitos e liberdades:

  • De expresión
  • De culto
  • Ao sufraxio universal e, por primeira vez na Historia de España, tamén feminino.

O tema foi obxecto de intensos debates, temendo unha parte da esquerda que o voto feminino favorecese á dereita.

A Constitución estableceu:

  • O matrimonio civil
  • O dereito ao divorcio
  • O dereito á educación
  • O traballo como obriga social

Tamén proclamou a subordinación do dereito á propiedade privada ao interese...

Seguir lendo "Constitución Española de 1931: Análise" »

Feudalismo e Estrutura Social Medieval

Historia4,99 KB

O Réxime Feudal na Idade Media

Coñécese como réxime feudal o sistema socioeconómico e político vixente en Europa durante a Idade Media.

Características da Vasalaxe Feudal

Este réxime baseábase na existencia de relacións de vasalaxe nas que o rei era o señor supremo dun territorio ao que se lle debía obediencia e fidelidade. Nesa relación, o rei outorgaba aos seus vasalos (nobres) un beneficio (dereitos xurisdicionais) ou un feudo (terras). Esta relación era establecida entre iguais, é dicir, pertencentes ao estamento privilexiado.

Á súa vez, os grandes nobres establecían este tipo de relacións con outros de inferior categoría, dando lugar á chamada pirámide de dependencia feudal.

De acordo coas obrigas feudais, cada nobre dispoñía...

Seguir lendo "Feudalismo e Estrutura Social Medieval" »