Movemento obreiro en España: anarquismo e socialismo marxista
Na nova sociedade de clases existiu unha importante conflitividade social que deu orixe ao nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras salariais e laborais para a clase traballadora. O conxunto destas actividades recibe o nome de movemento obreiro. Presentou formas diferentes de actuación e organización seguindo os modelos defendidos polas principais ideoloxías (anarquismo e socialismo marxista). Os principios liberais de liberdade de contratación e salarios, o interese da burguesía de obter os máximos beneficios e a falta de regulamentación laboral fixeron que os traballadores industriais estivesen sometidos a duras condicións de traballo (longas xornadas, baixos salarios, ausencia de dereitos).
Protestas obreiras en España
As primeiras protestas obreiras en España aconteceron nas décadas de 1820 e 1830, en paralelo cos inicios da industrialización e a introdución de máquinas. Os ludistas iniciáronse en Levante e Cataluña. Cando as negociacións entre traballadores e patróns non conseguían poñer de acordo as duas partes, os obreiros e xornaleiros empregaron a folga como o medio mais eficaz de loita, tratase dun acto de forza para os traballadores.
Ideoloxías novas obreiras
Anarquismo: foi introducido a partir de 1868 en España por Fanelli, amigo de Bakunin. O anarquismo tivo unha grande influencia no movemento obreiro español, o seu obxectivo era a transformación revolucionaria e total da sociedade capitalista mediante a destrución do, a eliminación de calquera tipo de autoridade, a supresión da propiedade privada.
Socialismo marxista
Foi Lafargue quen introduciu e divulgou o pensamento marxista en España durante a súa estadía en 1871. Os obxectivos marxistas centráronse en conseguir a sociedade socialista mediante a transformación da capitalista. Hai que ter en conta as condicións materiais e económicas que determinan e modifican as condicións sociopolíticas dunha comunidade, o medio mais eficaz para conseguir a modificación da sociedade e a loita de clases, os traballadores debían conquistar o poder.
Asociación Internacional de traballadores
En 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de traballadores co obxectivo de potenciar a unión e a loita de dos traballadores pola súa emancipación en todo o mundo. En 1870 fundouse en Barcelona a Federación Rexional Española. En 1872 foron expulsados os anarquistas. Os anarquistas mais extremistas defenderon o emprego da propaganda pola acción, con atentados contra intereses e personalidades da clase dominante. O partido socialista obreiro español foi fundado por madrileños. A unión xeral de traballadores foi constituída como federación de sindicatos.