Crise da Restauración e II República (1898-1936)

Historia2,54 KB

1. Rexeneracionismo

O Rexeneracionismo foi unha corrente intelectual, política e literaria de finais do século XIX e principios do XX que se propuxo renovar e modernizar a vida política e económica de España. Xurdiu a partir do Desastre do 98. O seu principal representante foi Joaquín Costa, quen propugnaba acabar co caciquismo, reducir a pobreza e fomentar a educación.

2. Desastre de Annual

O Desastre de Annual foi unha derrota do exército español no ano 1921 durante a Guerra de Marrocos. Os ataques do xefe rifeño Abd el-Krim derrotaron ás tropas españolas en Annual. Este desastre agudizou a crise da Restauración borbónica e o desprestixio do exército e de Afonso XIII.

3. Unión Patriótica

A Unión Patriótica foi unha organización cívico-política fundada en 1924 polo ditador Primo de Rivera a modo de partido do réxime. Pretendía agrupar a toda a sociedade como substituta dos partidos políticos tradicionais, pero só participaban nela os grupos conservadores e católicos.

4. Semana Tráxica

A Semana Tráxica refírese á semana de violentas protestas populares que tiveron lugar en Barcelona en xullo de 1909 contra a orde de Maura de enviar tropas de reserva á guerra de Marrocos tras a derrota do Barranco do Lobo. Saldouse cunha dura represión por parte do goberno, orientada contra os anarquistas. O presidente do Goberno, o conservador Antonio Maura, tivo que dimitir.

5. Bienio Negro

O Bienio Negro é o nome que se lle deu ao segundo período da Segunda República, comprendido entre novembro de 1933 e febreiro de 1936. Foi cualificado así polas esquerdas debido ás medidas revisionistas e conservadoras tomadas polo goberno de dereitas radical-cedistas, que paralizaron moitas leis reformistas do primeiro bienio republicano e exerceron represión sobre os participantes na revolución de outubro de 1934.

6. FAI

FAI son as siglas da Federación Anarquista Ibérica, unha organización heteroxénea de grupos anarquistas partidarios da insurrección revolucionaria, xurdida clandestinamente en 1927 durante a ditadura de Primo de Rivera. Buscou controlar, dirixir e orientar ao sindicato da CNT cara a fins anarquistas radicais, defendendo a implantación do comunismo libertario, contra os que buscaban a consolidación dun sindicato forte.

Descargar

PDF Word HTML