A inestabilidade política no reinado de Sabela
Concordato de Roma (1851)
No 1851 asínase o Concordato de Roma, para normalizar as relacións coa igrexa católica, no que se aceptan as desamortizacións a cambio do financiamento da igrexa e do monopolio ideolóxico e no ensino desta última.
Pronunciamento da Vicalvarada (1854)
No 1854, os progresistas e os moderados descontentos protagonizan o pronunciamento da Vicalvarada, encabezado por O'Donnell e cun programa (Manifesto de Manzanares), co que pretendían reformar o sistema vixente.
Lei de desamortización xeral de Madoz (1855)
Os gobernos progresistas aprobaron a Lei de desamortización xeral de Madoz (1855), que consistía na expropiación e venda de bens propios e comunais, o que empeorou a vida de moitos campesiños e coa que se conseguían fondos para financiar a Lei do ferrocarril (1855) e modernizar España. Esta etapa coñécese como Bienio Progresista (1854-1856).
Década Moderada ou Unionista (1856-1866)
Pero a inestabilidade política fixo que no 1856 O'Donnell dese un golpe de estado e desprazase a Espartero no poder. Comeza así a Década Moderada ou Unionista (1856-1866).
Unión Liberal e a campaña patriótica
A Constitución de 1845 é restaurada e a política da Unión Liberal (moderados e parte dos progresistas), leva a cabo unha campaña de exaltación patriótica dentro e fóra da península (guerra do Pacífico entre outras).
Expatriación de O'Donnell e crise política
A partir de 1866, as discrepancias entre a raíña e O'Donnell rematan cunha profunda crise política e a súa expatriación a Francia.
Revolución Gloriosa (1868)
Narváez asume a presidencia e goberna de forma ditatorial (Bienio ultramoderado: 1866-1868). No exilio os progresistas e os demócratas (antigos progresistas monárquicos) unen as súas forzas para derrocar a Sabela (pacto de Ostende, 1866 e pacto de Bruxelas, 1867). Tras a morte de O'Donnell, os unionistas encabezados por Serrano contactan coas forzas antiborbónicas. Pouco despois morre Narváez. A raíña estaba soa e en setembro de 1868 a revolución coñecida como Gloriosa ou Setembrina expulsa a Sabela de España.
Configuración dun novo sistema político
Isto abrirá a posibilidade de configurar un novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos intereses das clases medias.
Conclusión
Como conclusión podemos dicir que todos estes cambios constantes e a inestabilidade política no reinado de Sabela nos conduciron ás que serán as bases do sistema actual.