Filosofía: Mito, Ciencia e Aristóteles
Que tipo de saber é o mito?
O mito é un saber irracional, relixioso e ideolóxico que ofrece unha explicación infundada dos fenómenos naturais e humanos, atribuíndo a causa de todo o que acontece a forzas sobrenaturais que dependen dos deuses. Por isto, o mito dá unha visión arbitraria e caótica do mundo. Reduce a realidade á súa dimensión máis inmediata, xa que non distingue entre aparencia e verdade, e xustifica unha orde social establecida ao non diferenciar o comportamento humano da súa natureza.
Xurdimento da filosofía fronte ao mito
A filosofía nace en Grecia cando, a partir do século VII a.C., se comezan a conquistar outros territorios e o horizonte cultural grego se amplía, xa que ademais do intercambio comercial tamén...