Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Teoría do Coñecemento: Descartes e o Método Cartesiano

Filosofía e ética3,62 KB

Teoría do Coñecemento

Teoría do coñecemento.

Descartes non separa filosofía de ciencia, senón que afirma que coa razón chegamos a calquera coñecemento; cando hai distintas opinións é porque se utilizou un método incorrecto. Para el, o método correcto é o matemático e serve para tódalas ciencias (a diferenza de Aristóteles: “Cada ciencia ten o seu método”). O método matemático baséase en: A intuición, que é unha especie de instinto natural polo que captamos sen erro e de forma inmediata a natureza simple, que xorde da razón. A dedución permítenos derivar novas ideas, é unha intuición sucesiva.

As regras do método de Descartes

As regras do método de Descartes son un conxunto de regras certas e fáciles polas que nunca...

Seguir lendo "Teoría do Coñecemento: Descartes e o Método Cartesiano" »

A Ilustración Kantiana: Razón, Liberdade e Autonomía Humana

Filosofía e ética2,75 KB

O home é o único e absoluto lexislador tanto do ámbito natural como do moral: o ser humano é o construtor do seu mundo, mundo que constrúe e levanta baixo a luz da razón. O home non está sometido, senón que é radicalmente libre (o home non ten máis amo que o propio home). O ideal ilustrado do "cidadán" acada en Kant unha fundamentación radical: cada home debe ser o único dono de si mesmo, pois o home é o dono do seu mundo. O individuo particular é universal.

A Razón como Guía e a Saída da Minoría de Idade

A razón é a única guía válida para a construción do novo mundo, pero para transformar esa realidade a razón ten que ser independente, ten que estar libre de prexuízos que a condicionen. A Ilustración supón a "saída...

Seguir lendo "A Ilustración Kantiana: Razón, Liberdade e Autonomía Humana" »

Kant: Empirismo, Racionalismo e Revolución Copernicana

Filosofía e ética2,38 KB

Kant ante o Empirismo e o Racionalismo

A filosofía kantiana presenta unha superación das teorías opostas do empirismo e o racionalismo. A doutrina kantiana do coñecemento baséase na distinción fundamental entre dúas facultades ou fontes de coñecer: a sensibilidade e o entendemento.

Sensibilidade e Entendemento

A sensibilidade é pasiva, limítase a recibir impresións provenientes do exterior, mentres que o entendemento é activo. Tal actividade consiste en que o entendemento produce de forma espontánea certos conceptos sen derivarlos da experiencia.

Kant foi racionalista ata que coñeceu a filosofía de Hume e, baixo a súa influencia, chegou á conclusión de que o noso coñecemento ten como límite a experiencia. Para os conceptos que...

Seguir lendo "Kant: Empirismo, Racionalismo e Revolución Copernicana" »

Éticas da Xustiza: De Kant ao Discurso e Comunitarismo

Filosofía e ética3,89 KB

Éticas da Xustiza

Chamadas tamén deontolóxicas, porque se preocupan polo deber (deón), ou formalistas, porque se centran na forma das normas e non no seu contido.

O Formalismo Ético de Kant

Immanuel Kant critica as éticas anteriores por seren heterónomas, ao consideraren que a vontade humana non é independente. Sostén que os seres humanos posuímos conciencia duns deberes morais e que a razón debe ser autónoma para actuar conforme a eses deberes.

Comparación: Éticas Materiais vs. Éticas Formais

Éticas materiais (ex. Aristóteles):

  • Normas establecidas para acadar un fin específico.
  • Baseadas en imperativos hipotéticos: «Se queres A, tes que facer B».
  • Son éticas heterónomas, cos seus principios non ditados pola propia razón.

Éticas

...
Seguir lendo "Éticas da Xustiza: De Kant ao Discurso e Comunitarismo" »

David Hume e John Locke: Biografías e Obras Clave

Filosofía e ética2,73 KB

David Hume

David Hume, nado en Edimburgo en 1711, no corazón da Ilustración, enmárcase dentro da corrente empirista, adoptando algúns dos principios ilustrados básicos, como o afán de depurar o coñecemento de todo prexuízo e superstición. Cursou os seus estudos na Universidade de Edimburgo, pero en 1734 marchou a Francia, onde se instalou no Colexio La Flèche. Durante seis anos, escribiu un dos seus libros máis importantes: Tratado sobre a Natureza Humana.

En 1748, con 37 anos, publicou a súa primeira versión da súa Investigación sobre o Entendemento Humano. Esta e outras obras menores, como Investigación sobre os Principios da Moral, conseguiron que se recoñecese o valor de Hume, aínda que tamén foron causa das críticas de...

Seguir lendo "David Hume e John Locke: Biografías e Obras Clave" »

Filosofía: Deus, Metafísica, Sentido da Vida e Tecnoloxía

Filosofía e ética2,61 KB

Obxeccións á existencia de Deus

A pesar de que as crenzas relixiosas se mantiveron vixentes durante milenios, este feito non xustifica que ditas crenzas sexan lexítimas. Tamén se presentaron fortes obxeccións tanto ás formas populares de entender a Deus como ás distintas argumentacións a favor da súa existencia.

O descrédito actual da metafísica

Pódense distinguir tres tipos de críticas á metafísica:

  • Crítica gnoseolóxico-lingüística (Carnap)
  • Crítica ético-moral (Nietzsche)
  • Crítica histórico-política (Marxismo): pensamento máis dinámico e explicativo da realidade e do coñecemento (materialismo dialéctico); a metafísica non é senón un produto ideolóxico que ten a función de defender e encubrir os intereses da clase
...
Seguir lendo "Filosofía: Deus, Metafísica, Sentido da Vida e Tecnoloxía" »

Explorando a Filosofía: Ramas, Conceptos Clave e Cuestións Actuais

Filosofía e ética3,28 KB

Ramas Fundamentais da Filosofía

A filosofía abarca diversas áreas de estudo, cada unha cun enfoque específico para comprender a existencia, o coñecemento e a sociedade.

  • Lóxica: Ocúpase dos razoamentos expresados lingüisticamente e estuda a súa estrutura.
  • Epistemoloxía: Reflexiona sobre as orixes, a validez e os límites dos coñecementos.
  • Antropoloxía: Analiza os seres humanos desde distintas perspectivas como a social, humanista, biolóxica ou a cultural.
  • Ética: Estuda os códigos morais e analiza as normas que rexen o comportamento humano.
  • Estética: Analiza a natureza da beleza e das creacións artísticas, así como a experiencia estética.
  • Política: Ocúpase dos aspectos comunitarios do ser humano, como a orixe social, o poder e
...
Seguir lendo "Explorando a Filosofía: Ramas, Conceptos Clave e Cuestións Actuais" »

Empirismo e Racionalismo: A Revolución Científica

Filosofía e ética4,72 KB

O Método Científico de Galileo

O método proposto por Galileo Galilei non prescinde da experiencia, senón que consiste nunha coordinación de experiencias sensibles e demostracións matemáticas (racionais e necesarias). Toda a base do método é a vinculación entre experiencia e razón matemática. Segundo isto, Galileo dicía que hai que dirixirse á experiencia, á natureza (observar, por exemplo, a caída dos corpos), e logo, elaborar hipóteses explicativas deses fenómenos que sexan racionais e matematizables.

Fases do Método de Galileo

  1. Análise: Analízase o fenómeno a estudar e redúcese (resólvese) ás súas propiedades ou cualidades primarias, refugando todas as demais.
  2. Composición: Constrúese unha hipótese de carácter matemático
...
Seguir lendo "Empirismo e Racionalismo: A Revolución Científica" »

O Renacemento: Transformacións Clave na Historia e Cultura Europea

Filosofía e ética2,74 KB

A etapa renacentista supón a manifestación dun proceso de grande e complexa amplitude, chea de condicionamentos que contribuíron á superación do Medievo e á definición da Modernidade, promovendo grandes transformacións.

Contexto e Transformacións do Renacemento

Os cambios máis importantes que se producen atenden aos seguintes ámbitos:

  • Ámbito político: A descomposición do Feudalismo dá paso ao absolutismo de Estado.
  • Ámbito económico: Esta época caracterízase pola aparición da burguesía capitalista que exercerá un papel cada vez máis preponderante na sociedade e na política.
  • Ámbito filosófico: Nesta época histórica conviven as correntes filosóficas do platonismo, aristotelismo, escolástica, nominalismo, escepticismo,
...
Seguir lendo "O Renacemento: Transformacións Clave na Historia e Cultura Europea" »

Tomás de Aquino: Relación entre Fe e Razón en Galego

Filosofía e ética2,3 KB

Tomé de Aquino: Relacións Fe e Razón

Para Tomás de Aquino non hai dúas verdades, senón unha única verdade á que se pode acceder por camiños distintos pero converxentes. O obxecto final de todo coñecemento é Deus. Segundo Aquino, a este coñecemento chegamos mediante a revelación, pero tamén mediante a razón, que co seu propio esforzo ten a posibilidade de achegarse, a través do coñecemento das cousas, ata Deus, fonte e orixe de todo.

Para Aquino, se todo coñecemento provén de Deus, é imposible a dobre verdade e os conflitos entre as conclusións ás que chegue a razón (verdade racional) e o que ensina a revelación (verdade da fe cristiá). Estes conflitos serán só aparentes, salvo que a razón superase o seu campo propio...

Seguir lendo "Tomás de Aquino: Relación entre Fe e Razón en Galego" »