Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Filosofía e ética de Bacharelato

O valor da filosofía na Antigüidade Clásica Grega

Filosofía e ética2,93 KB

Texto sobre o valor da filosofía:

A filosofía naceu no século V a.C. en Grecia, non é unha ciencia. A palabra filosofía significa literalmente filo (amor) e sofía (sabedoria), apareceu polo desexo das persoas de saber.
O seu obxectivo é a explicación, a análise crítica e a comprensión da realidade, naceu coa axuda dos filósofos presocráticos, entendeuse como o esforzo metódico do pensamento que trata de construír unha teoría universal e racional sobre a realidade. A aparición da filosofía é un paso do mito ao logos.
Immanuel Kant resume a tarefa da filosofía en busca da resposta a estas preguntas: ¿Que podemos saber?, ¿Que debemos facer? ¿Que podemos explicar? ¿Que é o ser humano?


Características, época e obras de:
Esplendor
...
Seguir lendo "O valor da filosofía na Antigüidade Clásica Grega" »

A Ilustración: Movemento Intelectual do Século XVIII

Filosofía e ética2,81 KB

A Ilustración: Un Movemento Intelectual Transformador

A Ilustración foi un movemento intelectual de grande importancia que se desenvolveu na Europa do século XVIII. As súas ideas inspiraron tanto a independencia dos Estados Unidos como a Revolución Francesa. Os seus precedentes foron dous pensadores ingleses: Isaac Newton, o gran introdutor do método científico, e John Locke, crítico do poder absoluto.

A Razón como Centro do Pensamento Ilustrado

Os ilustrados propugnaban unha fe absoluta na razón como único medio para entender e explicar o mundo. Así, os novos filósofos baseábanse no teocentrismo, na revelación e na tradición. Aínda que a meirande parte dos ilustrados eran teístas.

O Despotismo Ilustrado: Reformismo desde o Poder

A...

Seguir lendo "A Ilustración: Movemento Intelectual do Século XVIII" »

A Síntese entre Racionalismo e Empirismo en Kant

Filosofía e ética2,45 KB

A Síntese entre Racionalismo e Empirismo en Kant

(Texto 2) Kant trata de dar resposta á pregunta: “¿Que podo saber?”, é dicir, pregúntase polos límites e as posibilidades do noso coñecemento. Tratará de dar resposta a se a metafísica pode converterse nunha ciencia e, sobre a Física e as Matemáticas, xa constituídas como ciencias, preguntarase como son posibles. Kant refírese á metafísica como un coñecemento que non toma os seus principios da experiencia, senón que vai máis alá, un coñecemento a priori, que versa sobre obxectos non empíricos e está construído por unha razón non empírica. As dúas posturas acerca da súa posibilidade eran as seguintes:


Dogmatismo Racionalista (Wolff): baseaba a súa teoría nas ideas
...
Seguir lendo "A Síntese entre Racionalismo e Empirismo en Kant" »

A Razón Ilustrada: Empirismo, Crítica e Autonomía

Filosofía e ética1,79 KB

1. Razón Empírica e Analítica

A Ilustración crea un novo modelo de racionalidade, inspirado por Locke e Newton, que rexeita o modelo cartesiano baseado na razón matemático-xeométrica (sintética, dedutiva e sistemática). Parte da experiencia, considerando a sensación a orixe de todo coñecemento. Non posuímos verdades innatas. Trátase da lóxica dos feitos, onde os principios se atopan ao final.

A observación analítica, dividindo o complexo para chegar ao simple, aplícase a todos os campos: psicoloxía, estudo da sociedade e o Estado, moral, etc. A racionalidade do século XVIII é máis modesta, nunha procura inacabada da verdade, de aí a insaciable curiosidade dos ilustrados. Separa as fronteiras da filosofía e as matemáticas,...

Seguir lendo "A Razón Ilustrada: Empirismo, Crítica e Autonomía" »

A Revolución Científica: Protagonistas, Conceptos e Método

Filosofía e ética2,65 KB

A Revolución Científica: Protagonistas e Transformacións

A Revolución Científica tivo como protagonistas a Copérnico, Galileo e Kepler, e culminou con Newton. Este período substituíu o modelo aristotélico-ptolemaico por un novo modelo de ciencia, caracterizado por:

Nova Imaxe do Mundo

Os seus principais elementos son:

  • O heliocentrismo de Copérnico fronte ao xeocentrismo aristotélico, que sitúa o Sol no centro do universo.
  • As órbitas elípticas e as tres leis de Kepler, fronte á esfericidade do universo de Aristóteles, que afirmaba que o universo era finito.
  • A homoxeneidade do universo fronte á heteroxeneidade do mesmo. Copérnico fixo desaparecer o mundo supralunar e sublunar, convertendo a Terra nun planeta máis.
  • O aristotelismo
...
Seguir lendo "A Revolución Científica: Protagonistas, Conceptos e Método" »

Renacemento, humanismo e reforma: albor da modernidade

Filosofía e ética3,29 KB

Renacemento, humanismo e reforma

O Renacemento (séculos XV-XVI) é un movemento no que o home está interesado en coñecer o seu corpo, o seu planeta e saber sobre a existencia do mundo. Trátase dunha época na que prima unha sensación de novidade e apertura, como se o home estivese a se encontrar de novo co mundo e ensanchando o seu espazo vital. No Renacemento había un xeito de ver o mundo no que a Physis ocupaba o lugar central (teocentrismo) e comeza a facerse visible un antropocentrismo que dará os seus froitos no posterior mundo moderno.

Humanismo e Reforma

O humanismo traduce e comenta as obras dos filósofos gregos. Difúndese así unha cultura grecolatina que ofrecía un modelo de home afastado da concepción medieval. A filosofía...

Seguir lendo "Renacemento, humanismo e reforma: albor da modernidade" »

O Mito da Caverna de Platón: Dualismo Ontolóxico e o Camiño do Coñecemento

Filosofía e ética2,39 KB

Este texto pertence a Platón, discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles. Situado no século IV a.C., no período clásico da filosofía antiga, con Platón a filosofía grega acadou a súa madurez e plenitude. O pensamento de Platón ten claramente un obxectivo político: atopar bases sólidas para construír unha sociedade xusta. Tamén ten unha intención ética, pois defenderá a existencia dunha idea eterna e inmutable de xustiza, que será a base da súa teoría política: a sociedade gobernada por filósofos. As obras platónicas que se conservan están escritas en forma de diálogo, nas que Platón emprega mitos coa finalidade de que se poidan entender mellor.

O texto que imos comentar pertence ao diálogo A República, enmarcado

...
Seguir lendo "O Mito da Caverna de Platón: Dualismo Ontolóxico e o Camiño do Coñecemento" »

A Analítica Transcendental de Kant: Coñecemento e Fenómeno

Filosofía e ética3,02 KB

O texto expresa como na parte analítica transcendental da “Crítica da Razón Pura”, Kant demostra que o coñecemento non pode ser da cousa en si, senón do fenómeno. Ademais, que o espazo e o tempo son a forma da intuición sensible e, que son o que fai que a cousa en si se converta en fenómeno. Tamén que o coñecemento, só o é daquilo que posúa a súa correspondente intuición empírica.

A Facultade do Entendemento e a Física

A analítica transcendental, que é a parte da C. da R. P. onde Kant analiza a facultade do entendemento e a posibilidade da Física (pura ou teórica) como ciencia, establece que espazo e tempo son as condicións a priori para que se dea a experiencia. Son as formas puras da experiencia. A intuición é para...

Seguir lendo "A Analítica Transcendental de Kant: Coñecemento e Fenómeno" »

Ilustración: Factores e Características da Razón

Filosofía e ética2,67 KB

Factores Políticos e Sociais da Ilustración

A Ilustración representa un factor máis no proceso de loita contra o Antigo Réxime. No século XVIII prodúcese unha modificación do mapa político europeo. Iníciase coa decadencia de España. Os conflitos entre os estados, como consecuencia do auxe do Absolutismo, foron constantes. Con todo, o feito máis salientable foi a Revolución Francesa. A estrutura social segue mantendo os estamentos tradicionais, pero axiña terá que contar coa burguesía, que experimenta un gran auxe económico. Mentres, no resto de Europa predomina o Absolutismo.

O tema da sociedade é abordado segundo a perspectiva do home racional e libre que, a través do contrato social, constitúe unha sociedade que ten que...

Seguir lendo "Ilustración: Factores e Características da Razón" »

A Socialización Humana: Etapas, Identidade e Resocialización

Filosofía e ética2,48 KB

A Identidade Social e os Procesos de Socialización

A Identidade Social

Proceso de socialización polo que adquirimos unha identidade. Con iso daremos un paso máis para afondar en quen somos e como construímos a nosa realidade persoal.

A Socialización e as Súas Formas

A socialización é o proceso polo que un individuo interioriza a cultura da sociedade en que vive. Aínda que este proceso se prolonga durante toda a vida do individuo, podemos distinguir nel tres etapas principais:

  • Socialización Primaria
  • Socialización Secundaria
  • Resocialización

Socialización Primaria

É a parte máis importante do proceso. Ten como obxectivo introducir o suxeito na sociedade e desenvólvese no seo da familia durante a nenez.

Nesta primeira etapa, na que o neno...

Seguir lendo "A Socialización Humana: Etapas, Identidade e Resocialización" »