O Mito da Caverna de Platón: Dualismo Ontolóxico e o Camiño do Coñecemento

Filosofía e ética2,39 KB

Este texto pertence a Platón, discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles. Situado no século IV a.C., no período clásico da filosofía antiga, con Platón a filosofía grega acadou a súa madurez e plenitude. O pensamento de Platón ten claramente un obxectivo político: atopar bases sólidas para construír unha sociedade xusta. Tamén ten unha intención ética, pois defenderá a existencia dunha idea eterna e inmutable de xustiza, que será a base da súa teoría política: a sociedade gobernada por filósofos. As obras platónicas que se conservan están escritas en forma de diálogo, nas que Platón emprega mitos coa finalidade de que se poidan entender mellor.

O texto que imos comentar pertence ao diálogo A República, enmarcado no período da madurez. Nel, Platón trata o tema do dualismo ontolóxico, no que establece unha distinción da realidade formada por un mundo irreal (mundo sensible), percibido polos sentidos, e un mundo real (mundo intelixible ou das ideas), só coñecido mediante a intelixencia.

O diálogo do texto entre dous filósofos mostra o dualismo ontolóxico a través do Mito da Caverna. Este mito conta como unhas persoas que están desde sempre encadeadas nunha caverna, de xeito que só poden mirar cara adiante. Un dos homes é liberado e vai percorrendo a caverna, observando o que nela hai, ata chegar ao exterior, onde descobre outra realidade.

  • A caverna representa o mundo sensible.
  • O exterior representa o mundo das ideas.
  • Os prisioneiros simbolizan a alma prisioneira no mundo sensible.
  • As cadeas simbolizan o corpo.
  • A escapada ao exterior representa o coñecemento, a transición cara o mundo real.

Conseguir chegar a este mundo real é difícil polo seu percorrido ascendente. Ese camiño supón o acceso a uns niveis superiores de coñecemento, que só pode ser acadado polo filósofo. Ao chegar ao exterior da caverna, é cegado polo sol, que encarna a idea máis perfecta: a do ben.

Para explicar o significado filosófico do mito, empezaremos co dualismo ontolóxico. Para Platón, o mundo ordinario que coñecemos a través dos sentidos non pode ser o único real. Para el, é un mundo inestable e imperfecto, en constante cambio e decadencia. Para Platón, o coñecemento non pode estar...

Descargar

PDF Word HTML