A Ilustración: Movemento Intelectual do Século XVIII

Filosofía e ética2,81 KB

A Ilustración: Un Movemento Intelectual Transformador

A Ilustración foi un movemento intelectual de grande importancia que se desenvolveu na Europa do século XVIII. As súas ideas inspiraron tanto a independencia dos Estados Unidos como a Revolución Francesa. Os seus precedentes foron dous pensadores ingleses: Isaac Newton, o gran introdutor do método científico, e John Locke, crítico do poder absoluto.

A Razón como Centro do Pensamento Ilustrado

Os ilustrados propugnaban unha fe absoluta na razón como único medio para entender e explicar o mundo. Así, os novos filósofos baseábanse no teocentrismo, na revelación e na tradición. Aínda que a meirande parte dos ilustrados eran teístas.

O Despotismo Ilustrado: Reformismo desde o Poder

A influencia do pensamento ilustrado chegou ás cortes europeas. Algúns soberanos, sen renunciar ao seu carácter de monarcas absolutos, intentaron experiencias reformistas que pretendían unir a autoridade real coas ideas de progreso da Ilustración. Así, en boa parte de Europa apareceron monarcas ilustrados.

Características do Despotismo Ilustrado

Como trazos comúns da actuación destes monarcas pódense citar o absolutismo centralizador, a racionalización da administración, o fomento da educación e a procura da modernización económica. Neste sentido, todos eles promoveron programas de desenvolvemento agrícola e industrial e facilitaron a liberdade de comercio.

Estas experiencias resultaron moi limitadas. Non era posible aceptar só unha parte da Ilustración; non se podían admitir as reformas económicas, a repartición da propiedade ou a libre circulación comercial e manter intacta a sociedade estamental e o poder absoluto. As contradicións deste reformismo abriron o camiño ás revolucións liberais.

O Socialismo Utópico: Unha Crítica ao Capitalismo Emerxente

A emerxente sociedade capitalista, produto da Revolución Industrial, provocou críticas que denunciaban as inxustizas do novo sistema e idearon outras formas de organizar a sociedade. Foron propostas no século XIX e configuraron o que se denominaría socialismo utópico.

Propostas do Socialismo Utópico

  • Babeuf e Blanqui consideraban que a igualdade social só podía acadarse por medio da acción violenta dunha minoría que imporía unha ditadura revolucionaria.
  • Charles Fourier defendeu a creación de falansterios, agrupacións comunitarias onde a propiedade era colectiva e homes, mulleres e nenos compartían todas as tarefas.
  • Étienne Cabet deseñou un país onde se realizaba o soño comunista dunha total igualdade social, proxecto que intentou realizar, sen éxito, en América.
  • Robert Owen defendeu a organización dos traballadores en cooperativas sen propietarios nin salarios.

Descargar

PDF Word HTML