O valor da filosofía na Antigüidade Clásica Grega
Texto sobre o valor da filosofía:
A filosofía naceu no século V a.C. en Grecia, non é unha ciencia. A palabra filosofía significa literalmente filo (amor) e sofía (sabedoria), apareceu polo desexo das persoas de saber.
O seu obxectivo é a explicación, a análise crítica e a comprensión da realidade, naceu coa axuda dos filósofos presocráticos, entendeuse como o esforzo metódico do pensamento que trata de construír unha teoría universal e racional sobre a realidade. A aparición da filosofía é un paso do mito ao logos.
Immanuel Kant resume a tarefa da filosofía en busca da resposta a estas preguntas: ¿Que podemos saber?, ¿Que debemos facer? ¿Que podemos explicar? ¿Que é o ser humano?
Características, época e obras de:
Esplendor grego:
-Sócrates: dixo: So sei que non sei nada, defendeu con coraxe as suas ideas que lle costaron a vida, ensinou a través da maiéutica que consistía en facer preguntas e respostas para chegar á verdade. Según el todo o mundo nace con coñecementos e cuestión é sacalos fóra. Pertence á época do esplendor grego.
Platón: discípulo de Sócrates e o máis relevante de todo o esplendor grego. Escribiu diálogos. Fundou unha teoría, a teoría das ideas, con el a filosofía alcanzou o seu máximo esplendor. Pertence á época clásica grega. Fundou a Academia. Escribiu sempre en forma de diálogo, algunhas das suas obras son: Banquete, República, Política.
Aristóteles: foi discípulo de Platón e tamén o seu inimigo, estudou na Academia e fundou O Liceo. Foi tutor de Alexandre Magno. O seu sistema de ensino foi a peripatética, daba as súas leccións ao redor do Liceo. Pertenceu ao esplendor grego. Entre as súas obras destaca Poética.
Antigüidade clásica.
Pitágoras: afirma que o arche é o número. O universo ten unha harmonía estable e lóxica e que por iso sería chamada kosmos fronte ao kaos.
Tales de Mileto: cuestionou cal era a materia fundamental do universo e preguntaba que é o que fai cambiar as cousas. Para el, a materia común do universo ou arche foi a auga.
Anaxímenes: cuestionou o arche, para el sería o aire.
Anaximandro: contestou que o principio do arche sería o infinito.
Parménides: afirmou que o arche sería o ser, nun sentido metafísico.
Heráclito: afirmou que o principio é o lume. Dixo: O home é a medida de todas as cousas, das que son en canto o que son e das que non son en canto o que non son.
Sofistas:
Protágoras: pertenceu aos sofistas (o valor dos sofistas reside en tres ideas: 1 primeiros en afastar a mirada na natureza e centrala no home. 2 buscan a ética do comportamento 3 reflexionaron sobre o acto de pensar.
Górgias: creou tres premisas: nada existe, se algo existe sería incognoscible, se algo existe e fora cognoscible sería incomunicable.