A Literatura Galega no Exilio: Poesía, Prosa e Teatro
As iniciativas culturais e galeguistas veranse truncadas coa Guerra Civil ata que a fronte cultural de Galaxia inicia a recuperación das nosas letras. No exilio americano proseguiu esta labor de reivindicación grazas a que todos seguían en contacto e moi unidos; ademais sumáronse ás diferentes asociacións, actividades e traballos para que a cultura galega puidese vivir un novo florecemento.
A Poesía no Exilio
Moitas obras publicadas no exilio chegaron ata as mans dos grupos galeguistas e da xuventude, influíndo neles. Destacan neste xénero algúns autores clave:
- Emilio Pita: Naceu na Coruña e emigrou de neno á Arxentina. A súa primeira publicación foi o poemario Jacobusland. Na súa poesía alíanse a musicalidade e os elementos naturais