Literatura Medieval Galega: Cantigas de Santa María e Prosa
As Cantigas de Santa María: Estudo e Clasificación
Transmisión das Cantigas de Santa María
As Cantigas de Santa María son coñecidas a través de catro códices:
- Códice (T) do Escorial: contén 193 composicións.
- Códice (F) da Biblioteca Nacional de Florencia: contén 104 cantigas.
- Códice (E) do Escorial: 417 cantigas.
- Códice de Toledo (To): actualmente gardado na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas.
Datación das Cantigas
Dise que a súa creación está situada nun espazo cronolóxico que vai desde 1270 ata 1283.
Autoría das Cantigas
Non se sabe con certeza, pero pénsase que ata puido ser Afonso X pola importante cantidade de Cantigas de Santa María.
Fontes das Cantigas de Santa María
As Cantigas de Santa María incorporan un amplo conxunto de lendas e tradicións, entre as que podemos destacar:
- Mariais latinos medievais
- Coleccións marianas en linguas romances
- Coleccións de santuarios peninsulares
- Coleccións locais estranxeiras
- Consellas orais
Clasificación e Distribución das Cantigas
Divídense en dous grandes grupos:
Cantigas Narrativas
Están formadas por aquelas composicións nas cales asistimos a un relato onde o seu protagonista aparece en debate co pecado ou diante dun perigo inminente. Seguen este esquema:
- Introdución acerca do milagre que vai ser relatado
- Relato do milagre
- Conclusión moral
Cantigas Líricas
Son as composicións que se centran en dous aspectos esenciais:
- Conformadas polas cantigas de loor, seguen o modelo da cantiga de amor trobadoresca.
As cantigas de loor entroncan de maneira directa coa pregaria do culto á Virxe na tradición cristiá.
A Prosa Medieval Galega: Orixes e Temáticas
A Prosa Medieval: Contexto Histórico
Mentres os trobadores participaron abertamente das máis importantes correntes estéticas da Europa medieval, considerábase que a prosa apenas presentaba un xerme modesto e provinciano.
A prosa conservada procede esencialmente do século XIII e da primeira metade do XIV.
No lingüístico-xeográfico, certos estudosos falan mesmo de dúas etapas:
- Galego-portuguesa
- Galega, a partir de mediados do século XIV e que se prolongaría aínda durante unha parte do século XV.
Os Primeiros Textos Conservados
Os primeiros textos conservados en galego-portugués non teñen carácter literario.
Antes considerábanse os primeiros textos en galego-portugués a Noticia de Torto e o Testamento de Afonso II.
Outros textos importantes son, en 1175, a Noticia de Fiadores, acordo entre os irmáns Gomes e Ramiro Paes (1173-75), e o Foro do Burgo de Castro Caldelas en 1228.
A Prosa de Ficción: Os Ciclos Temáticos
Divídese en dous grandes ciclos:
Materia de Bretaña
Os textos que fan referencia a este período son:
- O Libro de Xosé de Arimatea, narrase nel as orixes do Graal.
- O Libro de Merlín, arredor da figura do célebre mago.
- A Demanda do Santo Graal, as aventuras dos cabaleiros da Mesa Redonda.
Materia de Troia
Gárdanse dous textos:
- A Crónica Troiana
- A Historia Troiana