Oposición ao Franquismo: Resistencia, Maquis e Transición

Historia4,22 KB

A Oposición ao Franquismo: Posguerra á Transición

Esta composición céntrase na oposición ao réxime franquista, desde os anos da posguerra ata os derradeiros tempos da ditadura. Abórdanse os seguintes eixos:

  • Guerrilla (doc1)
  • Movemento Universitario (doc2)
  • Movemento Obreiro (doc3)
  • Forzas Políticas que se articularon cara ao remate da ditadura (doc4)

Represión e Resistencia Inicial (1940s-1950s)

O fin da Guerra Civil obrigou aos vencidos a poñerse a salvo do sistema represivo de Franco. Arredor de 1940, aínda permanecían na cadea uns 300.000 españois, dos que 22.000 foron fusilados sen acusación ningunha e 7.000 foran encarcerados. A oposición ao réxime manifestouse nesta primeira etapa do franquismo en dous ámbitos: os exiliados desde o exterior e a resistencia guerrilleira no interior.

Neste caso, imos centrarnos na resistencia interior, que estivo formada por grupos e partidos políticos que decidiron organizar a protesta no interior do país empregando como táctica fundamental a loita armada. Nos primeiros momentos da guerra, os guerrilleiros, tamén coñecidos como maquis ou fuxidos/escapados ao monte (doc1), saíran das súas casas coa idea e a esperanza de que poderían regresar ao cabo duns días, unha vez que o golpe militar estivese controlado. Porén, a evolución dos feitos obrigou a moitos destes fuxidos a organizar unha resistencia que durou case 30 anos.

En Galicia, a actividade da guerrilla foi extraordinaria, tanto polo número de guerrilleiros como pola súa resistencia. A partir de 1950, a actividade da guerrilla descendeu considerablemente, aínda que seguían actuando algúns dos máis coñecidos, que foron caendo nas mans da xustiza franquista.

Intensificación da Oposición nos Anos 60

Mentres que ao tempo que se liberalizaba e melloraba a situación económica, os anos 60 estiveron caracterizados pola intensificación da oposición que demandaba a restauración do sistema democrático.

O Movemento Universitario

As primeiras manifestacións de protesta nas universidades apareceron en febreiro de 1956, centradas en conseguir un sindicalismo de estudantes democrático que substituíse ao oficial (SEU). Pero a resposta do goberno, que consideraba as protestas como un problema (doc3) de orde pública, foi sempre dura: expedientes, detencións, suspensións das clases, etc.

O Movemento Obreiro e CCOO

O movemento obreiro estaba practicamente desaparecido, pero a partir dos anos 60 as accións de protesta multiplicáronse: folgas polas melloras salariais, redución de xornada laboral, etc. Neste contexto, desde mediados dos anos 60, foron creándose unhas comisións (doc3) en minas, fábricas, etc. Tratábase de órganos de representación dos traballadores elixidos en asemblea á marxe do sistema franquista, que darían orixe ao sindicato clandestino CCOO. Este sindicato infiltraríase nos sindicatos verticais franquistas (doc3) e converteuse nun dos principais movementos de oposición (doc3) desde o interior do réxime franquista.

Partidos Políticos na Clandestinidade e Exilio

Entre os partidos obreiros, destaca a actividade do PCE, que mantivo unha intensa oposición ao franquismo tanto no interior de forma clandestina como no exilio. O PSOE estivo dividido entre os socialistas do exilio e os do interior. Ambos iniciaron un proceso de unidade para restablecer a democracia en España.

Articulación Política cara ao Fin da Ditadura

En xullo de 1974, por iniciativa do líder do PCE, Santiago Carrillo, constituíuse en París a Xunta Democrática (doc4), na que se agrupaban diversas forzas de oposición que aprobaron un programa. En xuño de 1975, organizouse a Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE. Os contactos entre ambas deron como resultado a Plataxunta (outubro de 1975).

Tras a morte de Franco, o seu testamento político reiteraba as ideas básicas nas que se sustentara o réxime desde 1936; porén, este non se cumpriu ao iniciarse a transición cara á democracia.

Descargar

PDF Word HTML