A Lírica Galega (1900-1936): Vangardas, Manuel Antonio e Cunqueiro

Outras linguas estranxeiras4,85 KB

A lírica galega entre os anos 1900-1936: a presenza das vangardas. O poeta Manuel Antonio e mais o artista plástico Álvaro Cebreiro daban luz pública a un manifesto rupturista chamado "¡Máis Alá!". Os historiadores coinciden en sinalar o devandito manifesto como o momento álxido do abrollar das vangardas históricas. Manuel Antonio semellaba formular deste xeito unha fenda con toda a literatura galega que se fixera antes del, na liña doutros manifestos similares que se espallaron pola Europa das dúas primeiras décadas do século XX, adoptaban unha posición adanista.

Desde os primeiros movementos establécese unha dialéctica entre o nacionalismo galego e a vangarda. O galeguismo consideraba que non podía permitirse o luxo de prescindir da tradición; renunciar ao legado de Rosalía, Curros e Pondal significaba deixar fóra de lugar as letras galegas.

A liña que se acabara por impoñer maioritariamente como estética nacional para os novos non vai ser a preconizada por Manuel Antonio, senón por outra vangarda pactada ou enxebre de Luís Amado Carballo e os demais poetas do chamado hilozoísmo.

Cronoloxía das Vangardas na Literatura Galega

No labor de espallamento das vangardas, dos ismos, a prensa literaria da época ocupa un lugar de primeira orde. En canto á cronoloxía dos ismos na literatura galega, destacan tres períodos:

  • Unha primeira etapa situada entre 1917 e 1922, na que destaca a primeira entrega do "Preludio a toda estética futura" de Risco, aparecida nas páxinas da revista A Centuria.
  • O segundo período corresponde entre 1922 a principios de 1930, no que ten lugar unha viraxe cara a fórmulas máis conservadoras por parte de Risco e Uxío Montes.
  • Xa entre 1930 e os comezos da Guerra Civil, a figura representativa será Álvaro Cunqueiro.

Vangarda Enxebre, Neotrobadorismo e Hilozoísmo

A vangarda enxebre, neotrobadorismo e hilozoísmo. A asunción do pasado medieval, a medida que a lírica trobadoresca se foi facendo accesible, determinou que Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro escribisen cadanseu libro inspirados no novo horizonte que supuxo o descubrimento das cantigas, especialmente as de amigo, consideradas como unha representación xenuína da musa popular galega. Recursos propios das cantigas de amigo como o leixaprén e o refrán volven aparecer nos poemas neotrobadorescos.

Así pois, non é posible incluír o neotrobadorismo como parte das vangardas.

A doutrina estética nacional para os máis novos foi o denominado hilozoísmo, a liña que maior éxito obtivo. A obra do seu mellor representante, Luís Amado Carballo, a única que escribiu, Proel, está composta de poemas que semellan unha sucesión de imaxes plásticas xustapostas.

Manuel Antonio: A Vangarda Plena na Lírica Galega

Naceu en Rianxo e faleceu no mesmo sitio. É o poeta anterior a 1936 que con maior determinación transitou polos camiños da vangarda. Persoa de ideais acesos e fortes inquietudes sociopolíticas, foi mariño mercante de profesión, experiencia que condiciona os versos do único libro que escribiu, De catro a catro. Asinara conxuntamente co artista plástico Álvaro Cebreiro o manifesto "¡Máis Alá!", onde propoñía unha ruptura total coa literatura galega que se viñera facendo ata a data.

De catro a catro está conformado por dezanove poemas dispostos en forma de caderno de bitácora onde o poeta foi deixando constancia da súa visión do mar. Este interpreta a paisaxe dende unha óptica completamente nova. O poeta procura na intelixencia/sentimento, estendida esta como capacidade de penetración auténtica, para alén da deformación á que nos someten os sentidos. Este libro describe o mar dunha forma nunca vista por ninguén, un mar que vén a ser unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes.

Tense sinalado diferentes influencias na xénese e desenvolvemento de De catro a catro, a máis destacada sexa a que procede do creacionismo. A orixinalidade de Manuel Antonio atinxe tanto ao aspecto temático como á proposta lingüística.

Álvaro Cunqueiro e os Ecos da Vangarda

Aínda que o nome de Manuel Antonio vai figurar como un verdadeiro emblema entre os autores novos, a súa influencia aparece limitada a textos que chegan da man de Xohán Carballeira e Manuel Luís Acuña, pero sobre todo Espasandín. Pero a figura destacada será a de Álvaro Cunqueiro, que, nunha análise da súa obra Cantiga nova que se chama Ribeira, amosa como o autor mindoniense levou adiante un proceso no cal aproveita e redefine certos elementos da cantiga de amigo. Desta maneira, é posible ler o volume de Cunqueiro como un encontro entre certos apartados da rediviva tradición medieval. Cunqueiro é autor doutros dous volumes: Mar ao norde e Poemas do si e do non.

Descargar

PDF Word HTML