Desequilibrio Económico en Galicia: Factores e Impacto Rexional

Xeografía2,51 KB

Os Novos Factores do Desequilibrio Actual

Os novos factores do desequilibrio actual son: a industria perde peso como factor de desenvolvemento debido á reestruturación de moitos sectores tradicionais e á tendencia a descentralizar parte da produción cara a novos espazos industriais. Os servizos avanzados, a innovación e a alta tecnoloxía convértense nos principais factores de desenvolvemento. Polo tanto, convértese en indicadores de desenvolvemento a especialización no sector terciario de maior nivel, a existencia de actividades innovadoras e de alta tecnoloxía…

A Xerarquía Espacial Actual

Os eixes de dinamismo son as rexións máis favorecidas polos novos factores de desenvolvemento: Madrid, o País Vasco, o val do Ebro, o litoral mediterráneo e os arquipélagos balear e canario. Nestas áreas, no terreo económico, o crecemento do PIB desacelerouse nalgunhas rexións que partían de valores máis altos, como Cataluña e Baleares.

Tendencias Demográficas e Sociais

No terreo demográfico, a tendencia a difundir a poboación e parte da actividade económica cara a outras áreas reduce a correlación entre poboación e PIB. E no terreo social, a renda bruta dispoñible polos fogares, os servizos e os equipamentos están por enriba da media.

Eixes en Declive

Os eixes en declive son os espazos moi especializados en sectores industriais maduros ou en crise, como Asturias e Cantabria. Nestas áreas, no terreo económico, o PIB crece por debaixo da media e o PIB per cápita é inferior á media. No terreo demográfico, a poboación atópase estancada e no terreo social, a disparidade en renda bruta dispoñible polos fogares e en benestar é menor.

Espazos Menos Dinámicos

Os espazos menos dinámicos son os que contan cun maior peso económico do sector primario e escaso desenvolvemento das industrias. Neste grupo atópanse as comunidades do interior peninsular como Estremadura e ambas as dúas Castelas, Galicia e o interior de Andalucía e Murcia. No terreo económico, algunhas comunidades como Murcia e Andalucía incrementaron o seu PIB por enriba da media nos últimos anos grazas ao desenvolvemento da agricultura tecnificada. No terreo demográfico, observáronse disparidades entre as baixas densidades das comunidades do interior, motivadas pola emigración das épocas pasadas. E no terreo social, na maioría dos casos a renda bruta dispoñible dos fogares non alcanza a media española e advírtense carencias en infraestruturas e en servizos.

Descargar

PDF Word HTML