Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

A Sociolingüística Galega: Franquismo e Recuperación da Lingua

Lingua e literatura2,87 KB

A Sociolingüística Galega: Franquismo e Resistencia

A ditadura franquista exerceu unha durísima represión contra a lingua e contra os intelectuais galeguistas, derrubando os logros da etapa anterior e creando de novo unha situación de diglosia extrema. O castelán volveu ser a única lingua valorada socialmente e usada nos ámbitos formais; o galego, aínda que seguía a ser a lingua máis falada, quedou completamente desprestixiado e reducido ao uso familiar e informal. Diversos decretos prohibiron o uso do galego e calquera defensa do mesmo converteuse nun acto perigoso.

Ata os anos 50: Represión total

Durante este período, non existiu ningunha actividade cultural en galego, agás no exilio.

Década dos 50: Inicio da recuperación cultural

Na...

Seguir lendo "A Sociolingüística Galega: Franquismo e Recuperación da Lingua" »

Conceptos económicos e demográficos importantes

Xeografía4,9 KB

Balanza Comercial

A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transacións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transacións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As fontes de fondos para un país rexístranse como datos positivos, mentres as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. Das subdivisións nas que se estrutura a balanza de pagamentos dun país, a balanza comercial é das máis coñecidas, na que entran o valor das exportacións e das importacións

Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente...

Seguir lendo "Conceptos económicos e demográficos importantes" »

A Empresa e a súa Organización

Economía4,87 KB

Factores de Localización

Os factores de localización son o conxunto de circunstancias que aconsellan un lugar determinado para a súa instalación. Ditos factores son distintos no caso de actividades industriais ou comerciais.

Factores de Localización de Actividades Industriais

  • Dispoñer de grandes superficies de terreo que requiren as industrias para a súa instalación.
  • Acceso ou cercanía ás materias primas e subministros.
  • Existencia de man de obra cualificada para cubrir os diferentes postos de traballo.

Factores de Localización Comercial

  • Proximidade ao cliente: preto de onde se atopan os clientes (librería ao lado do instituto).
  • Visibilidade do local: lugares estratéxicos, zonas céntricas.
  • Custo do local: os mellor situados adoitan ser
...
Seguir lendo "A Empresa e a súa Organización" »

O Reinado de Isabel II e o Liberalismo en España

Historia4,96 KB

O reinado de Isabel II (1833-1868) foi un dos períodos máis convulsos da historia de España. Durante este momento histórico produciuse a construción do Estado liberal.

Ao longo do reinado de Isabel II distinguimos as seguintes etapas: A minoría de idade e O reinado efectivo de Isabel II.

Principios e familias políticas dentro do liberalismo

O liberalismo é unha corrente de pensamento político e económico que, en España, ten a súa orixe nas Cortes de Cádiz. Os seus principios arrancan do pensamento ilustrado e teñen a súa concreción no ciclo das revolucións atlánticas (estadounidense, francesa, española, etc.). Entre estes principios podemos resaltar: o recoñecemento de dereitos e liberdades individuais, a igualdade ante a lei,...

Seguir lendo "O Reinado de Isabel II e o Liberalismo en España" »

Irmandades e Vangarda na Literatura Galega: Unha ollada á poesía do século XX

Outras linguas estranxeiras3,2 KB

Irmandades: Un Rexurdimento Literario (1916)

As Irmandades da Fala, fundadas en 1916, tiveron como principal obxectivo a defensa e difusión do galego a través da súa práctica. No ámbito literario, as súas achegas foron significativas: renovación estética, formal e temática; promoción do galego mediante concursos, revistas e xornais; ampliación do número de lectores; expansión da lingua a novos xéneros; creación de editoriais; e tradución de obras europeas.

Noriega Varela e Ramón Cabanillas: Dúas Voces Poéticas

No xénero poético, destacan Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Noriega Varela representa a transición do século XIX ao XX, e toda a súa obra poética recóllese no poemario Do Ermo, con poemas costumistas que reflicten...

Seguir lendo "Irmandades e Vangarda na Literatura Galega: Unha ollada á poesía do século XX" »

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión

Lingua e literatura2,68 KB

1. Introdución

A marxinación histórica do galego explícase polo conflito lingüístico existente en Galicia, onde dúas linguas conviven e compiten por asumir máis funcións e falantes. Esta situación de diglosia, na que o castelán (lingua A) se asocia a usos formais e prestixiosos, mentres que o galego (lingua B) se relega a usos informais e menos prestixiosos, deu lugar a un complexo de inferioridade que provoca o rexeitamento e a infravaloración da lingua propia, xerando prexuízos e estereotipos lingüísticos.

Prexuízo: opinión preconcibida, baseada nunha xeneralización errónea. É un xuízo de valor negativo sobre unha lingua ou os seus falantes, co obxectivo de provocar rexeitamento.

Estereotipo: conxunto de crenzas sobre un...

Seguir lendo "Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión" »

Literatura Galega: Séculos Escuros ao XIX

Lingua e literatura3,76 KB

Poesía de Temas Históricos ou de Circunstancias

Poesía de temas históricos ou de circunstancias - O Pranto da Frouseira (finais do século XV) é un poema de 32 versos no que un poeta pon en boca da propia fortaleza os lamentos pola morte do mariscal Pedro Pardo de Cela e do seu fillo, decapitados na praza maior de Mondoñedo en 1483 por rebelarse contra os Reis Católicos. Conservamos tamén un poema do século XVII referido ao Saqueo de Cangas polos turcos en 1617.

Poesía Académica

Poesía académica - As poucas mostras de literatura culta que conservamos da época teñen escaso valor literario, pero si son importantes desde o punto de vista filolóxico. Son composicións creadas ao estilo da poesía castelá da época.

Poesía Renacentista

Poesía
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Séculos Escuros ao XIX" »

Réxime Feudal e Sociedade Estamental na Idade Media

Historia2,27 KB

Réxime Feudal

Sistema socioeconómico e político vixente na Idade Media baseado nas relacións de vasalaxe. O rei era o señor supremo dun territorio, a quen todos lle debían obediencia e fidelidade, pero a cambio tiña que outorgar aos seus vasalos un beneficio ou feudo. Cada nobre dispuña dun exército particular de vasalos ao seu servizo e o exército do rei estaba formado pola unión desas mesnadas particulares dos nobres e eclesiásticos. Exercía a soberanía e a autoridade suprema, pero compartía cos señores o exercicio do poder e da xustiza debía gobernar respectando os privilexios forais dos reinos e cidades. Na Coroa de Castela dominou a concepción autoritaria do poder, pero na de Aragón a pactista, o rei e o reino manteñen...

Seguir lendo "Réxime Feudal e Sociedade Estamental na Idade Media" »

O Galego (1936-1978): Historia, Lingüística e Sociolingüística

Lingua e literatura3,29 KB

O Galego entre 1936 e 1978

Contexto Histórico e Recuperación Cultural

Coa chegada da Guerra Civil, o esforzo do primeiro terzo do século de rehabilitación da lingua quedou destruído. Así, o galego viuse convertido case nunha lingua clandestina de uso familiar e coloquial. Nestes anos, Bos Aires hásese converter na capital cultural da Galicia do exilio. Alí apareceron as editoriais: Galicia, Nova e Citania.

Arredor de 1950, a lingua e a cultura galegas comezaron a dar síntomas de recuperación. En 1947, aparecía o libro de poesía de Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros Verdes. Pero a verdadeira recuperación do uso escrito do galego deuse en 1950, cando un grupo de intelectuais fundou a Editorial Galaxia.

Na década dos 60, detectouse...

Seguir lendo "O Galego (1936-1978): Historia, Lingüística e Sociolingüística" »

Análise da Industria Española: Retos e Oportunidades

Xeografía2,54 KB

Dimensión e Estrutura da Industria Española

A gran maioría das empresas industriais españolas son PEMES: pequenas ou medianas. Poden reaccionar con maior axilidade e flexibilidade ante os cambios que caracterizan a industria actual e presentan menor conflitividade laboral. En cambio, os seus produtos adoitan seren máis caros e menos competitivos, porque as empresas non xeran economías de escala nin invisten en investigación. Son escasas as grandes empresas, a moita distancia das maiores da UE.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i)

O nivel de intensidade tecnolóxica é baixo, e a porcentaxe de investimento en I+D+i insuficiente, menor que o dos países europeos máis avanzados. O investimento provén en gran parte do sector...

Seguir lendo "Análise da Industria Española: Retos e Oportunidades" »