Réxime Feudal e Sociedade Estamental na Idade Media
Réxime Feudal
Sistema socioeconómico e político vixente na Idade Media baseado nas relacións de vasalaxe. O rei era o señor supremo dun territorio, a quen todos lle debían obediencia e fidelidade, pero a cambio tiña que outorgar aos seus vasalos un beneficio ou feudo. Cada nobre dispuña dun exército particular de vasalos ao seu servizo e o exército do rei estaba formado pola unión desas mesnadas particulares dos nobres e eclesiásticos. Exercía a soberanía e a autoridade suprema, pero compartía cos señores o exercicio do poder e da xustiza debía gobernar respectando os privilexios forais dos reinos e cidades. Na Coroa de Castela dominou a concepción autoritaria do poder, pero na de Aragón a pactista, o rei e o reino manteñen un pacto polo que reina de acordo cos privilexios dos diferentes reinos que forman a Coroa de Aragón.
Sociedade Estamental
A sociedade cristiá medieval estaba estruturada en estamentos. Os seus membros eran legalmente desiguais: uns grupos posuían privilexios e vantaxes xurídicas, e outros non. Na base estaban os laboratores, campesiños na súa meirande parte, pero tamén artesáns e comerciantes, sen privilexios e que vivían en relación de dependencia dun señor. Na parte alta estaban os oratores, o clero que gozaba dos privilexios da súa función espiritual, e os belatores, a nobreza.
- Os grupos privilexiados estaban formados polos nobres e os eclesiásticos; posuían honores e títulos, non pagaban tributos, tiñan leis e tribunais especiais.
- O grupo dos non privilexiados estaba composto polo resto da poboación: campesiños, artesáns, comerciantes, burgueses...; formaban o estamento dos pecheiros, porque pagaban os pechos ou impostos. Os campesiños que traballaban na reserva señorial (terras de explotación directa para o señor). Tamén os chamados campesiños libres ou colonos, que traballaban nos MANSOS terras cedidas por señores feudais aos que tiñan que pagarlle unha renda en especie. Debían pagar tamén polo uso dos muíños, as pontes, uso dos bosques. Entre os grupos marxinais e minoritarios estaban os xudeus e os mudéxares.