A Empresa e a súa Organización
Factores de Localización
Os factores de localización son o conxunto de circunstancias que aconsellan un lugar determinado para a súa instalación. Ditos factores son distintos no caso de actividades industriais ou comerciais.
Factores de Localización de Actividades Industriais
- Dispoñer de grandes superficies de terreo que requiren as industrias para a súa instalación.
- Acceso ou cercanía ás materias primas e subministros.
- Existencia de man de obra cualificada para cubrir os diferentes postos de traballo.
Factores de Localización Comercial
- Proximidade ao cliente: preto de onde se atopan os clientes (librería ao lado do instituto).
- Visibilidade do local: lugares estratéxicos, zonas céntricas.
- Custo do local: os mellor situados adoitan ser os máis caros.
Dimensión da Empresa
A dimensión ou tamaño da empresa fai referencia á súa capacidade de produción. Co paso do tempo, a empresa buscará acadar a dimensión óptima, aquela que lle permite á empresa producir co mínimo custo.
Economías de Escala
As economías de escala obtéñense ao diminuír os custos a medida que aumenta a produción da empresa. Reducir custos é posible para as empresas grandes xa que:
- Comprar en grandes cantidades permite mellores prezos.
- Dispoñen de tecnoloxía e man de obra especializada que permite producir máis barato.
- Máis fácil acceso ás fontes de financiamento.
Criterios para Medir a Dimensión
- Número de traballadores (pequenas, grandes...).
- Volume de vendas ou ingresos (volume de facturación (€)).
- Volume de produción (en unidades).
- Beneficios netos anuais (beneficios unha vez pagados os impostos).
Factores Produtivos
Os factores produtivos son os recursos necesarios para producir:
a) Recursos naturais ou terra. Son as materias primas, a enerxía e os aprovisionamentos materiais diversos que conforman o produto.
b) Traballo. É a man de obra ou o tempo que dedican os traballadores á produción dun ben ou servizo.
c) Capital. Non se refire unicamente aos recursos financeiros da empresa, senón que ademais comprende o conxunto de bens de investimento necesarios para a produción.
Tecnoloxía
A tecnoloxía é unha forma concreta de combinar uns factores de produción coa finalidade de producir un ben ou servizo.
a) Eficiencia técnica: producir o máximo cos recursos dispoñibles. No exemplo anterior será máis eficiente a técnica 1 pois fai os mesmos pantalóns con menos horas de traballo.
b) Eficiencia económica: producir co mínimo custo posible.
Produtividade
A produtividade é un indicador para medir a eficiencia, é dicir, a capacidade da empresa para producir. É o cociente entre a produción conseguida e os factores produtivos empregados.
Poden medirse dous tipos de produtividade:
a) Produtividade dun factor produtivo. Mide a proporción que existe entre a produción obtida e a cantidade dun factor produtivo utilizado (xeralmente o factor traballo).
Función de Produción
A función de produción é a relación existente entre o produto conseguido e a cantidade de input utilizada, supoñendo que os restantes inputs permanecen constantes.
Crecemento
Crecemento Interno
Prodúcese cando a empresa aumenta a súa produción investindo os beneficios xerados na propia empresa (maquinaria, local...).
Crecemento Externo ou Concentración Empresarial
Prodúcese como consecuencia da adquisición ou fusión con outras empresas, fenómeno coñecido como concentración empresarial.
Mellora da Produtividade
As empresas procuran aumentar a produtividade, porque unha maior produtividade ten como consecuencia ser máis competitivo e unha maior rendibilidade para a empresa. A mellora da produtividade pódese conseguir:
a) Investindo en bens de capital. Se a empresa ten mellores ferramentas, instalacións e máquinas que as empresas da competencia, pode facer o traballo máis rapidamente e con maior calidade, polo que a súa produtividade será maior.
b) Mellorando o capital humano. A mellora dos coñecementos e cualificacións dos traballadores aumentan a súa produtividade, polo que aumenta a capacidade das empresas para producir bens e servizos. Para mellorar o capital humano é necesario investir en aprendizaxe (profesores, centros, tempo de estudo).
c) Investindo en I+D+i. As melloras tecnolóxicas en mellores produtos e mellores formas de producir, polo que aumenta a produtividade.
d) Mellorando a xestión dos recursos físicos e humanos.