A normalización lingüística do galego: desafíos e perspectivas
O galego tivo un desenvolvemento normal ata comezos da Idade Moderna. Na actualidade, o galego sofre a presión constante do castelán, lingua dominante que conta co apoio do poder político e económico. Por iso, o galego é unha lingua minorizada, pero non minoritaria (2 millóns e medio de falantes).
A normalización lingüística é un proceso de recuperación dunha lingua propia da comunidade, que foi desprazada por unha lingua foránea. No caso do galego, trátase dun proceso imprescindible debido ao desentendimento da lingua durante séculos. Aínda que houbo pequenos avances en etapas anteriores, podemos decir que a recuperación comeza coa morte de Franco, a instauración da democracia e a creación de institucións galegas propias....