Conceptos económicos e demográficos importantes
Balanza Comercial
A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transacións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transacións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As fontes de fondos para un país rexístranse como datos positivos, mentres as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. Das subdivisións nas que se estrutura a balanza de pagamentos dun país, a balanza comercial é das máis coñecidas, na que entran o valor das exportacións e das importacións
Economía somerxida
Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais. Permite a subsistencia marxinal dun sector máis ou menos amplo da poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas.
Ecoturismo
Chamamos ecoturismo a unha nova tendencia do Turismo Alternativo, diferente ao Turismo tradicional. Neste enfoque para as actividades turísticas priviléxiase a sustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural; nesta alternativa turística preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente e a comunidade local, e mantendo sempre un respeto ético polas leis laborais e os dereitos humáns dos traballadores implicados.
Franquía
Cadeas de establecementos pertencentes a empresas xuridicamente diestintas ligadas por un contrato no que unha (a franquiadora) lles concede a outras as concesionarias) a licenza para explotar unha marca ou unha fórmula comercial mediante o pagamento dunha cantidade determinada, achegándolle a asistencia, a publicidade... Este feito, xunto a unha organización do espazo interno e a creación dun ambiente de seguridade e confort ambiental moi similares en todos os casos, confírelles unha personalidade bastante estandarizada. As empresas concesionarias aprovéitanse dos beneficios das compras centralizadas e das campañas publicitarias únicas.
Taxas aeroportuarias
As taxas aeroportuarias son o prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto en voos nacionais como internacionais, polo uso dos aeroportos.
Poboación activa
Poboación que ten un emprego ou que o busca. A poboación activa pode estar ocupada (aquela que desempeña un emprego remunerado) ou estar desocupada ou en paro.
Esperanza de vida
Número medio de anos que unha persoa ao nacer espera vivir, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezcan constantes.
Réxime Demográfico
Cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presenta características homoxéneas.
Censo de Poboación
O censo de poboación é o reconto da poboación dun país, que se refire a un momento determinado no tempo e que inclúe as súas características máis importantes, tanto de tipo sociodemográfico coma económico: idade, sexo, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, nivel de instrución, actividade económica, etc. En España realízase cada dez anos; desde 1981, nos anos rematados en 1. É un documento estático que reflicte o estado da poboación no momento que se realiza.
Crecemento vexetativo
O crecemento vexetativo ou natural da poboación é a diferenza entre o número de nacidos e o número de falecidos nun lugar durante un ano, expresado normalmente en tantos por 100. É positivo cando o número de nacidos supera ao de falecidos; é negativo cando as mortes superan aos nacementos.
Taxa de Fecundidade
A taxa de fecundidade relaciona o número de nacementos nun ano co número de mulleres en idade de ter fillos, e exprésase en tantos por mil. A taxa de fecundidade é igual ao número de nacementos multiplicado por 1000, dividido polo número de mulleres entre 15 e 49 anos. A taxa é alta se o valor e superior a 150‰, media se está situada entre 150‰ e 75‰ e baixa se é inferior a 75‰.
Padrón Municipal
O padrón municipal é un rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá don censo. A súa principal vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado padrón continuo de poboación. Isto quere dicir que en calquera momento se pode coñecer a cantidade de poboación dun municipio, así como as súas principais características. Este dato é de vital importancia para os concellos, xa que reciben reciben máis ou menos financiamento en función da poboación que teñan.