Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Glosario de Termos Históricos e Políticos Clave

Historia3,1 KB

Autocracia

Forma de goberno onde o poder recae nunha soa persoa. As monarquías absolutas e as ditaduras son tipos de autocracias. Dentro deste tema, por autocracia estamos a referirnos ao sistema político no que se atopaba a Rusia tsarista, coa dinastía dos Romanov desde o século XVII. Os seus pilares foron a burocracia, unha policía todopoderosa e a Igrexa Ortodoxa.

Colonias

Territorios que dependían política, administrativa e economicamente dunha metrópole. Adoitan estar situadas en climas cálidos, pouco propicios para o ser humano europeo, e servían á metrópole como mercado reservado, aínda que tamén atopamos colonias que responden a criterios estratéxicos (Xibraltar, Singapur ou Malta). Distínguense as colonias de poboamento...
Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos e Políticos Clave" »

Espertar de Galicia: Lingua, Agrarismo e Vangardas (S. XX)

Lingua e literatura4,85 KB

A Fundación da Academia Galega

A idea de fundar unha Academia da Lingua Galega nace entre os galegos emigrados en Cuba, sendo o litógrafo ferrolán Fontenla Leal o principal animador da idea. Así, fúndase en Cuba, nos primeiros anos do século, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, da que o primeiro presidente na Habana foi Curros Enríquez.

O ano seguinte, en 1906, a idea cobra corpo e fúndase na Coruña a Real Academia Galega, sendo Manuel Murguía o seu presidente.

O Agrarismo: Movementos Agrarios

Nos primeiros quince anos do século XX vaise dar en Galicia un importante acontecemento político-social: o movemento agrario. Os campesiños galegos levaban moitos anos soportando unha chea de presións que se poden resumir...

Seguir lendo "Espertar de Galicia: Lingua, Agrarismo e Vangardas (S. XX)" »

Literatura Galega e Contexto Histórico (Séculos XV-XVIII)

Lingua e literatura2,8 KB

Literatura Popularizante Galega

Contamos cunha serie de textos que, sendo de autor, teñen unha vocación popular. Algúns exemplos:

  • O Pranto da Frouseira

    Anónimo. Romance referido á figura do Mariscal Pardo de Cela, composto no século XVI, que trata de enxalzar momentos heroicos da nosa historia medieval.

  • Os Vilancicos

    No ámbito eclesiástico, debemos darlle especial relevancia á moda dos séculos XVII e XVIII que se produciu nas catedrais galegas, e que se exportou a outras da península e dos territorios conquistados de América. Consistía na recreación á galega do nacemento de Xesús (Galicia identifícase con Galilea; pastores, pobres galegos; o son da gaita no pesebre etc.). Son autoría dos Mestres de Capela das catedrais de Mondoñedo,

...
Seguir lendo "Literatura Galega e Contexto Histórico (Séculos XV-XVIII)" »

Tipos de Estrutura Muscular e Vantaxes do Exercicio Físico

Deporte e educación física4,58 KB

Tipos de Estrutura Muscular

A forza que pode desenvolver un músculo é proporcional á sección transversal do mesmo e a súa capacidade de contracción depende da disposición dos fascículos que conteña. En relación a isto, hai tres tipos principais de estrutura muscular:

  • Paralela: os fascículos son paralelos ao eixe lonxitudinal do músculo. Estes músculos teñen forma de tira.
  • Lonxitudinal ou fusiforme: os fascículos están colocados case paralelos diminuíndo cara aos tendóns. O músculo ten forma de fuso cunha barriga expandida na súa sección media, como o músculo bíceps do brazo.
  • Penniforme: con forma de pluma, estando o tendón ocupando o lugar do eixe ou raque ao longo de case toda a lonxitude do músculo. As fibras musculares
...
Seguir lendo "Tipos de Estrutura Muscular e Vantaxes do Exercicio Físico" »

Movemento Natural e Migratorio da Poboación en España

Xeografía3,32 KB

Desequilibrios Territoriais no Movemento Natural

O movemento natural é o crecemento ou decrecemento da poboación dun lugar por causas naturais. Actualmente, todas as Comunidades Autónomas posúen baixas taxas de natalidade, de mortalidade e de crecemento natural. As súas causas pódense dividir en:

  • Causas herdadas: o distinto comportamento tradicional da natalidade e as diferenzas de desenvolvemento económico, causantes das migracións.
  • Causas actuais: os novos factores de desenvolvemento económico a partir da crise e a inmigración estranxeira.

Comunidades con Maior Dinamismo Demográfico

Estas comunidades contan, respecto á media española, con taxas de natalidade máis elevadas, taxas de mortalidade máis baixas e crecemento natural máis...

Seguir lendo "Movemento Natural e Migratorio da Poboación en España" »

Historia da Segunda República: Do Goberno Provisional ao Bienio Reformista

Historia4,16 KB

A Segunda República Española: Proclamación e Inicio

O 12 de abril de 1931 convocáronse unhas eleccións municipais, cuxa proclamación oficial da República tivo lugar o 14 de abril en Eibar. Estas eleccións tiveron como resultado a maioría para o bloque antidinástico. Afonso XIII non tiña apoio, polo que acabou indo ao exilio. O Comité Revolucionario, saído do Pacto de San Sebastián, converteuse en Goberno Provisional, formado pola dereita liberal republicana, e nomeou presidente do Consello de Ministros a Niceto Alcalá Zamora.

Desafíos Iniciais e Contexto Social

En Cataluña xurdiu o primeiro problema, onde Francesc Macià proclamara o Estado Catalán e a República Federal. O día 17 de abril, representantes do Goberno Provisional...

Seguir lendo "Historia da Segunda República: Do Goberno Provisional ao Bienio Reformista" »

Literatura galega: xeracións e estilos literarios

Outras linguas estranxeiras11,46 KB

Bloque Occidental: Gheada Seseo

Implosivo en algunas zonas, explosivo en las costeras. Terminaciones AN(S): Ej. 'O irmán/a irmán'. Plural -NS: Ej. 'cans, avións'. Pronombres: TI y EL. Vocal Temática -E-: Ej. 'colleches, vendEstes'. Realización en Ditongo UI: Ej. 'muito'. Cheism Teísmo Subáreas: Área Fisterrá: Seseo total, cheísmo, ditongo UI. Área Bergantiñá: Sin seseo ni cheísmo, ditongo OI. Área Pontevedresa: Variaciones en verbos y demostrativos.

Bloque Central: Ausencia de Gheada. Ausencia de Seseo

Salvo en algunas áreas. Terminaciones AO(S) y Á: Ej. 'O irmao/a irmá'. Plural -S para N en nombres: Ej. 'cas, aviós'. Pronombre: TU. Vocal Temática -I-: Ej. 'colliches, partiches'. Realización en Ditongo OI: Ej. 'moito Sufijo...

Seguir lendo "Literatura galega: xeracións e estilos literarios" »

Impacto da actividade humana no efecto invernadoiro e na paisaxe galega

Xeografía3,29 KB

Efecto invernadoiro

Situación que se dá no planeta de forma natural pero que, nas últimas décadas, se acentuou pola actividade humana. A acumulación de emisión de gases procedentes da queima de combustibles fósiles crea unha capa que, como o teito dun invernadoiro, impide saír ao espazo a calor emitida pola terra e os océanos. Esta calor acumúlase e favorece o quecemento global. España emite 1.5 veces máis gases de efecto invernadeiro que a media europea.


Landa

Formación vexetal de matorral, característica da rexión euroibérica, resultado da degradación do bosque mixto atlántico. Presenta mato, aulaga e toxo, adaptándose a solos non aptos para cultivo.

Cordilleiras de plegamento

Elevacións montañosas da era Terciaria, resultado...

Seguir lendo "Impacto da actividade humana no efecto invernadoiro e na paisaxe galega" »

A natureza do coñecemento e a distinción entre o mundo intelixible e o mundo visible

Filosofía e ética2,37 KB

Intelixencia

Capacidade de captar as ideas de forma intuitiva sen acudir a nada sensible

Pensamento discursivo

Capacidade de argumentar a través de exemplos para chegar a conclusións razoadas

Crencia

Coñecemento baseado nos sentidos que acepta que as cousas que vemos (representacións mentais) son un reflexo das cousas materiais que existen na natureza

Conxectura

Coñecemento que asume que a visión particular que cada un ten do mundo é a verdadeira porque confunde a imaxe coa cousa mesma, tomando así ilusión por realidade

Hipótese

Principio provisional dunha argumentación que pretende demostrarse mediante exemplos na realidade ou a través dunha argumentación

Principio

Punto de partida do coñecemento ou do mundo

Visible

O que se capta polos sentidos

Intelixible

O...

Seguir lendo "A natureza do coñecemento e a distinción entre o mundo intelixible e o mundo visible" »

Crítica da Razón Pura de Kant: As Fontes do Coñecemento

Filosofía e ética5,77 KB

KANT, texto 3 Crítica da razón pura (1787)

CONTEXTO DO AUTOR: Kant desenvolve a súa teoría filosófica no contexto da Ilustración, un período histórico, que como vimos caracterízase sobre todo pola confianza no poder da razón e pola loita pola tolerancia e contra o dogmatismo. Immanuel Kant nace e vive na cidade alemá de Königsberg (Prusia) no ano 1724 e morre en 1804. A súa vida transcorre no século XVIII. Do seu pai herda a súa rectitude e honradez, e da súa nai de confesión “pietista” a súa bondade e intelixencia. Estudou con éxito Teoloxía, Filosofía e Ciencia natural. Chegou a ser profesor da Universidade de Königsberg, gozando dunha grande reputación. Os seus ideais liberais levárono a defender a independencia...

Seguir lendo "Crítica da Razón Pura de Kant: As Fontes do Coñecemento" »