Historia da Segunda República: Do Goberno Provisional ao Bienio Reformista

Historia4,16 KB

A Segunda República Española: Proclamación e Inicio

O 12 de abril de 1931 convocáronse unhas eleccións municipais, cuxa proclamación oficial da República tivo lugar o 14 de abril en Eibar. Estas eleccións tiveron como resultado a maioría para o bloque antidinástico. Afonso XIII non tiña apoio, polo que acabou indo ao exilio. O Comité Revolucionario, saído do Pacto de San Sebastián, converteuse en Goberno Provisional, formado pola dereita liberal republicana, e nomeou presidente do Consello de Ministros a Niceto Alcalá Zamora.

Desafíos Iniciais e Contexto Social

En Cataluña xurdiu o primeiro problema, onde Francesc Macià proclamara o Estado Catalán e a República Federal. O día 17 de abril, representantes do Goberno Provisional viaxaron a Barcelona para acordar o recoñecemento da Generalitat e a ratificación polas novas Cortes dun estatuto recoñecendo o dereito de autonomía.

Esta situación inicial da República foi contribuída por diferentes factores e circunstancias, entre os que podemos destacar:

  • Unha conxuntura internacional adversa.
  • Unha sociedade dividida con fortes desequilibrios sociais e enfrontada.
  • A disputa sobre o papel do catolicismo na sociedade (secularización e laicismo), onde existían dúas posturas intransexentes: defensoras do clericalismo político e outras anticlericais.
  • A fragmentación e polarización política, onde se podían diferenciar os seguintes grupos políticos e ideolóxicos:

Grupos Políticos e Ideolóxicos na Segunda República

  • Autoritarios: Oposición á democracia liberal, defendían a unidade da patria. Formados por oligarquía terratenente, alta burguesía, militares e pequenos e medianos propietarios agrarios (ex: FET-JONS, Bloque Nacional).
  • Dereitas: Visión cristiá, defensa dos dereitos da Igrexa, ambigüidade coa República. Formados pola oligarquía terratenente, alta burguesía, pequenos e medianos propietarios agrarios, burguesía urbana, obreiros e campesiños católicos (ex: CEDA, Gil Robles, PNV - Partido Nacionalista Vasco).
  • Republicanos: Defensa da República, laicismo, reformismo en diferentes graos. Formados por pequena burguesía, clases medias urbanas e intelectuais (ex: Alcalá Zamora, Lerroux, Manuel Azaña, Casares Quiroga, Macià).
  • Esquerdas: Defensa dos intereses dos traballadores, abolición da propiedade privada e das diferenzas de clase. Oscilaban entre apoio e oposición aos gobernos republicanos. Formados por obreiros industriais e xornaleiros agrícolas (ex: Indalecio Prieto, Francisco Largo Caballero).

O Bienio Reformista e a Constitución de 1931

O 28 de xuño de 1931 convocáronse eleccións xerais a Cortes Constituíntes que deron o triunfo á Alianza Republicano-Socialista. O goberno comezou presidido por Niceto Alcalá Zamora, que sería sucedido por Manuel Azaña, e que contou coa oposición dos republicanos radicais de Alejandro Lerroux.

A Constitución de 1931, elaborada por republicanos e socialistas, tivo amplo eco na opinión pública. Esta Constitución, que concedía o dereito a voto ás mulleres, foi aprobada polas Cortes o 9 de decembro de 1931. Establecía o dereito á propiedade privada (dando lugar a unha economía mixta), defendía a España de traballadores e o Estado integral autónomo.

As Cortes eran unicamerais e tiñan poder lexislativo, controlando os orzamentos e o goberno. O Presidente da República (xefe de Estado) era elixido polos deputados para un mandato de 6 anos e tiña a facultade de nomear ao Presidente do Goberno (xefe do executivo). Esta Constitución deu lugar a grandes reformas republicanas.

Descargar

PDF Word HTML