A natureza do coñecemento e a distinción entre o mundo intelixible e o mundo visible

Filosofía e ética2,37 KB

Intelixencia

Capacidade de captar as ideas de forma intuitiva sen acudir a nada sensible

Pensamento discursivo

Capacidade de argumentar a través de exemplos para chegar a conclusións razoadas

Crencia

Coñecemento baseado nos sentidos que acepta que as cousas que vemos (representacións mentais) son un reflexo das cousas materiais que existen na natureza

Conxectura

Coñecemento que asume que a visión particular que cada un ten do mundo é a verdadeira porque confunde a imaxe coa cousa mesma, tomando así ilusión por realidade

Hipótese

Principio provisional dunha argumentación que pretende demostrarse mediante exemplos na realidade ou a través dunha argumentación

Principio

Punto de partida do coñecemento ou do mundo

Visible

O que se capta polos sentidos

Intelixible

O que só pode captarse a través da razón, de natureza abstracto ou inmaterial

Imaxe

Representación causada por unha cousa material ou sensible. Sempre é unha copia dun orixinal

Ben

Idea de perfección e principio da realidade. O ben causa o mundo en sentido ontolóxico e causa o coñecemento

Mundo intelixible

Conxunto de entidades de natureza material que pode captarse polos sentidos. Inclúe cousas e imaxes de cousas

Mundo visible

Conxunto de entidades de natureza abstracta que se captan a través da mente e que existen de forma obxectiva independentemente desta. Inclúe as Ideas organizadas xerarquicamente e a Idea suprema de Ben

Verdade

Calidade permanente e estable que confire realidade a unha entidade. Só pode ser verdadeiro o que é real e nun sentido restrinxido só son verdadeiras as entidades abstractas ou ideas

Coñecemento

Produto de aprenhender a verdade que debe ser universal e invariable (necesario). Só é coñecemento en sentido estrito o coñecemento das ideas, aínda que nos graos de coñecemento sensible hai parte de coñecemento porque as cousas sensibles son imitación das ideas

Vida privada

Accións do individuo que teñen que ver coas decisións que toma sobre a súa persoa e a súa relación cos demais e que non atinxen á vida comunitaria ou política

Vida Pública

Accións do individuo que teñen que ver co seu papel na comunidade e coa súa participación política

Descargar

PDF Word HTML