Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Transplantes: Desafíos e Avances na Medicina

Bioloxía2,82 KB

Problemas dos Transplantes

Transplantar é substituír un órgano enfermo, que pon en perigo a vida dunha persoa, por outro que funcione axeitadamente. Non sempre é preciso substituír o órgano completo; ás veces é suficiente con parte do órgano, algún tecido ou, simplemente, células.

O transplante de órganos e tecidos como método terapéutico presenta tres graves problemas:

  1. O rexeitamento inmunolóxico.
  2. A escaseza de órganos dispoñibles.
  3. A imposibilidade técnica de obter determinados órganos ou tecidos.

Rexeitamento Inmunolóxico

O noso sistema inmunolóxico ten a capacidade de distinguir o propio do alleo. Se os glóbulos brancos detectan algo estraño, intentan destruílo. Esta capacidade ten moita importancia cando o estraño son...

Seguir lendo "Transplantes: Desafíos e Avances na Medicina" »

Glosario de Termos de Arte e Arquitectura Clásica

Arte e humanidades5,39 KB

Glosario de Termos Artísticos e Arquitectónicos

Termos de Arte e Arquitectura (A-B)

Altorrelevo

Relevo que sobresae máis da metade do vulto escultórico.

Ábaco

Peza con forma de prisma cuadrangular colocada sobre o equino que remata o capitel nas ordes clásicas.

Aparello Almofadado

O aparello é a maneira de dispoñer os elementos empregados na construción dun muro. De ser almofadado, é un aparello de perpiaño coas xuntas refundidas ou biseladas. Empregado no Renacemento e en Roma.

Aparello de Mampostería

Aparello de pedra sen labrar ou de labra ruda que se dispón dun modo irregular.

Aparello de Sillería

Aparello de perpiaños feitos con pedra labrada paralelepipédicamente rectangular.

Arco Formeiro

Paralelo ao eixo lonxitudinal da nave e permite...

Seguir lendo "Glosario de Termos de Arte e Arquitectura Clásica" »

Glosario de Termos Artísticos e Arquitectónicos Esenciais

Arte e humanidades15,13 KB

Alegoría

Representación simbólica dunha idea ou concepto abstracto.

Almofadado

Perpiaño (pedra de granito) no que a cara exterior ten maior relevo.

Alto Renacemento

É o período culminante do Renacemento, comprende os anos finais do século XV e as primeiras décadas do século XVI. Poden usarse feitos históricos para delimitalo, como o descubrimento de América (1492) ou o saqueo de Roma (1527), e feitos artísticos como A última cea de Leonardo da Vinci. O período que o precede é o Renacemento temperán e o que o continúa o Renacemento tardío.

Anacronismo

Incongruencia que consiste en situar nunha época o que pertence a outra.

Arco carpanel

Arco que consta de varias porcións de circunferencia tanxentes entre si e trazadas desde diferentes...

Seguir lendo "Glosario de Termos Artísticos e Arquitectónicos Esenciais" »

A represión franquista e a resistencia da cultura galega

Lingua e literatura2,52 KB

A ditadura e as súas consecuencias

A Guerra Civil e a ditadura franquista tiveron nefastas consecuencias para a cultura galega. Algúns dos máis destacados galeguistas pagarano coa vida (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal), outros con expedientes (Ramón Otero Pedrayo) ou cárcere (Carlos Calero) e os máis afortunados co exilio (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao).

O exilio e a chama da cultura

Durante os primeiros anos da ditadura, os exiliados manteñen viva a cultura galega creando editoriais, revistas e programas de radio. Bos Aires convértese na capital da cultura galega con figuras como Castelao, Dieste, Seoane e Blanco Amor.

O galego convértese nunha lingua inferior, utilizada coa familia e amigos. O seu uso público podía supor a perda...

Seguir lendo "A represión franquista e a resistencia da cultura galega" »

A Poesía Galega na Posguerra: Recuperación e Renovación

Lingua e literatura3,75 KB

A Poesía Galega na Posguerra

Como consecuencia da Guerra Civil, desaparece a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural só é posible no exilio, facendo poesía crítica e de compromiso. En Galicia comeza a recuperarse en 1947, coa saída de Cómaros verdes (Álvaro Cunqueiro). En 1949 sae a Colección Benito Soto (Ferreiro) e no ano seguinte nace a Editorial Galaxia.

Orientacións da Poesía de Posguerra

Ao principio hai tendencias de preguerra: hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista, e irán aparecendo novas formas (tratadas na nosa literatura): intimismo (seguindo a Rosalía), clasicismo... A forma máis característica será a Escola da Tebra (poesía intimista con enfoque pesimista mesturando...

Seguir lendo "A Poesía Galega na Posguerra: Recuperación e Renovación" »

A Prosa na Literatura Galega: Irmandades e Xeración Nós

Outras linguas estranxeiras1,45 KB

A Prosa na Literatura Galega

Etapa positiva para a literatura galega. Autores como Pedrayo, Risco, Cuevillas, Castelao e Dieste, entre outros, incorporaron a lingua aos xéneros narrativos: relato, novela, ensaio e teatro. As Irmandades da Fala fixeron que o galego acadase unha altura intelectual altísima.

A Narrativa nas Irmandades da Fala

Destaca Lesta Meis con Néveda (obra sobre a emigración en Cuba, de corte folletinesco). As Irmandades xorden na Coruña. Os autores servíronse de canles de difusión como o xornal A Nosa Terra. Cultívase o relato, a novela curta e a prosa didáctica. A consolidación narrativa correspondeulle á Xeración Nós.

A Xeración Nós

Risco, Pedrayo e Cuevillas por un lado, Castelao por outro, compartían as mesmas...

Seguir lendo "A Prosa na Literatura Galega: Irmandades e Xeración Nós" »

Absolutismo, Ilustración e Crise do Antigo Réxime en España

Historia14,1 KB

Absolutismo Monárquico O poder concéntrase no monarca. Impúxose un modelo de absolutismo coma o que impuxera Luís XIV en Francia, onde o monarca era o estado (todo o territorio era seu e era el quen creaba e dominaba as institucións). Filipe V e Fernando VI unificaron os reinos peninsulares mediante os Decretos da Nova Planta (1707-1716). A Nova Planta aboliu as Cortes dos diferentes reinos e integrounos nas de Castela, converténdose nas Cortes de España. Tamén reorganizaron o territorio. Eliminaron os antigos vicerreinados e crearon demarcacións provinciais, gobernadas por capitáns xerais. Xorde un novo tipo de administrativo, os intendentes, que eran funcionarios con amplos poderes e tiñan como misión a recadación de impostos...

Seguir lendo "Absolutismo, Ilustración e Crise do Antigo Réxime en España" »

Grandes Autores da Literatura Galega do Século XX

Outras linguas estranxeiras7,24 KB

Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930)

É o poeta máis interesante da literatura galega de preguerra. Ten unha actitude crítica e inconformista e tamén verte unha pequena ollada crítica sobre a historia da nosa literatura desde dentro e cun afán progresivo. É o primeiro autor notable que reivindicará o monolingüismo para os escritores galegos. Criouse nun ambiente dominado polo tradicionalismo ideolóxico. Estuda náutica en Vigo desde 1919 ata 1923, época na que se decanta polo republicanismo galeguista. É un lector ávido e inquedo de arte e literatura. Finalmente morre a consecuencia dunha tuberculose en Cádiz no ano 1930.

Obras destacadas

  • Con anacos do meu interior
  • Foulas
  • Sempre e máis despois: poema longo de carácter narrativo que
...
Seguir lendo "Grandes Autores da Literatura Galega do Século XX" »

A Literatura Galega do Rexurdimento e as Irmandades da Fala

Outras linguas estranxeiras3,37 KB

As Irmandades da Fala e o Contexto Literario

As Irmandades da Fala, fundadas en 1916 por Antón Vilar Ponte, son asociacións culturais e políticas que definían Galicia como unha nación con raza, lingua, territorio, historia, institucións e cultura propios. En 1922, nas Irmandades, déronse dúas correntes: unha política, liderada polos irmáns Vilar Ponte, e unha culturalista, que tiña como líder a Vicente Risco, quen consideraba que a cultura galega debería ser a tarefa prioritaria.

Cando en 1931 se fundou o Partido Galeguista, as Irmandades integráronse nel.

Pódese dicir que o Rexurdimento acabou en 1917 coa morte de Pondal. Os autores posteriores continuaron, sen ningunha achega fundamental, a obra dos mestres do século posterior....

Seguir lendo "A Literatura Galega do Rexurdimento e as Irmandades da Fala" »

Análise da Poesía de Curros Enríquez e Eduardo Pondal

Outras linguas estranxeiras4,26 KB

A poesía de Curros Enríquez e Eduardo Pondal representa un fito na literatura galega, especialmente pola súa conexión coa identidade e a cultura galegas. A continuación, analizaremos as súas obras e características principais.

Poesía de Curros Enríquez

Curros Enríquez, considerado un poeta cívico, inspirouse no romanticismo, vendo o poeta como a voz do pobo e profeta do futuro. As súas ideas centrábanse na liberdade, o progreso e a democracia. A súa visión do progreso maniféstase en obras como “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”.

Poesía Satírica

En 1888, publica “O divino sainete”, onde critica os defectos da Igrexa, utilizando o xubileo do papa León XIII como pretexto. Esta obra segue o modelo da Divina Comedia...

Seguir lendo "Análise da Poesía de Curros Enríquez e Eduardo Pondal" »