Glosario de Términos Demográficos e Xeográficos en Galego

Xeografía3,45 KB

Glosario de Términos Demográficos e Xeográficos

R - Réxime demográfico: etapas nas que os elementos dos movementos naturais presentan características homoxéneas.

- Ría: esteiro ou parte final dun val fluvial inundado polo mar e afectado pola penetración das mareas.

S - Saldo migratorio: diferencia entre inmigración e emigración nun país.

- Somontano: parte inferior dunha montaña.

- Subcontratación: operación mediante a que unha persoa ou empresa encarga a outra, de forma parcial ou total, traballos que estaban a seu cargo.

T - Taxas aeroportuarias: impostos pola utilización dos portos e aeroportos.

- Taxa de fecundidade ou índice de fecundidade feminina: índice que mide a proporción de nacementos dun ano en relación coas mulleres en idade de procreación (15-49 anos).

- Tectónica de placas: parte da xeoloxía que estuda a estrutura, forma e movementos das placas tectónicas.

- Tómbolo: illa que, coa baixada da marea, se converte en península.

- Tours operadores: axencias de viaxes internacionais dedicadas ao turismo e con capacidade para extorsionar aos hoteis por especialización laboral, produción intensiva, organización científica do traballo, concentración empresarial e salarios altos para favorecer o consumo.

- Transición demográfica: proceso de cambio dunha poboación que pasa de ter un índice de natalidade e mortalidade alto a un índice baixo.

- Transxénicos: animais ou vexetais alterados xenéticamente.

U - Umbría: ladeira oposta ao solleiro.

- Unidade Veciñal de Absorción: asociacións veciñais propostas polo Instituto Nacional da Vivenda para combater o chabolismo na periferia de Madrid e que agora se extenden ás vivendas sociais, patrimonio arquitectónico…

V - Vexetación antrópica: é aquela que se debe á intervención humana (repoboación, introdución de plantas foráneas...).

- Vexetación clímax: é aquela na que se dá un estado de equilibrio entre as plantas e os factores climáticos, edafolóxicos e bióticos.

X - Xentrificación: proceso de transformación urbana no que a poboación urbana dun sector ou barrio deteriorado ou con pobreza é desprazada para outra zona de maior nivel adquisitivo á vez que se renova.

- Xeopolítica: ciencia que estuda as relacións entre os datos da xeografía dos estados e a súa política.

Descargar

PDF Word HTML