A Xeración do 36: Poesía e autores clave en Galicia
A Xeración do 36 na poesía galega
Está formada por escritores nados entre 1910 e 1920, marcados pola guerra, e que teñen como mestres á Xeración Nós e á Xeración de 1925. Engloba os poetas do exilio onde predominan os temas sociais e de denuncia.
Direccións poéticas e autores
Continúan liñas poéticas de preguerra como o imaxinismo, o neotrobadorismo, o clasicismo (Aquilino Iglesia Alvariño), o intimismo (María Mariño) e o ruralismo (Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro) e achegan outras novas como o socialrealismo, principal corrente de posguerra representada por Celso Emilio Ferreiro.
Aquilino Iglesia Alvariño
En 1947 publica Cómaros verdes, primeiro título poético en galego da posguerra.
Xosé María Díaz Castro
No 1961 publica Nimbos, obra na que destaca o poema «Penélope».
Álvaro Cunqueiro (poesía)
Nun primeiro momento, a súa obra foi rexeitada por evasiva, por falta de compromiso, aínda que o feito de escribir en galego xa é un compromiso.
Trazos da súa obra poética:
- Ruptura vangardista
- Dimensión lúdica
- Ironía e parodia
- Melancolía e dor existencial
Obra vangardista:
- Mar ao norde (1932): poemario de corte vangardista con pegadas do creacionismo e cubismo, de temática marítima.
- Poemas do si e do non (1933): poemario de influencia surrealista e temática erótica.
Obra neotrobadorista:
- Cantiga nova que se chama riveira (1933)
- Dona de corpo delgado (1950)
Obra culturalista:
Herba aquí e acolá (1980), considerada a súa obra cume e a obra poética máis importante do século XX. Pertence á liña culturalista e estrutúrase en dous apartados: «As historias» e «Vellas sombras e novos cantos».
Celso Emilio Ferreiro
Poeta pertencente á Xeración do 36 e máximo representante do socialrealismo en Galicia.
Liñas poéticas:
- Intimista: O poeta fala do sentimento de desarraigo producido pola perda do seu paraíso ideal situado na infancia e en Celanova, de carácter existencial. A obra máis representativa é O soño sulagado e Onde o mundo se chama Celanova.
- Irónica ou sarcástica: O poeta revélase como antipoeta para denunciar a mesquindade e a explotación humanas, o conformismo dalgúns poetas e a desgaleguización.