Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Literatura Galega: Xéneros, Séculos Escuros e Cantigas Medievais

Lingua e literatura2,67 KB

Literatura Galega: Definición e Xéneros

Literatura: Os teóricos da comunicación consideran a literatura como unha forma de comunicación na que interveñen o emisor (creador consciente), o receptor, o código, o contexto e a mensaxe (estética con vontade de estilo destinada ao gozo psíquico).

Xéneros Literarios

  • A Poesía: Exprésa emocións, sentimentos ou reflexións a partir dunha visión subxectiva. Adoita empregar o verso e é de temática: lírica, social e satírica.
  • Narrativa: Predomina a función referencial e as relacións entre as accións humanas e a realidade que o circunda. As súas formas son o conto (breve con asuntos moi variados) e a novela (relatos extensos en prosa).
  • Teatro: Interpretación dos autores e do diálogo. Divídese
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Xéneros, Séculos Escuros e Cantigas Medievais" »

Literatura Galega no Exilio e Posguerra: Poesía, Narrativa e Teatro

Outras linguas estranxeiras3,23 KB

Poesía no Exilio

Destacan Xesús Lorenzo Varela e Luis Seoane.

Xesús Lorenzo Varela

É castelán ata o exilio, momento en que publica en galego. A súa poesía é social; na súa reivindicación patriótica sérvese de romances e poemas. As súas mellores obras son Catro poemas pra catro gravados e Lonxe.

Luis Seoane

Un dos seus temas é a emigración. O seu estilo caracterízase pola enumeración e o ton civil. As súas obras son Fardel de eisiliado e Na brétema sant-iago.

Narrativa no Exilio

Os seus máximos representantes son Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas.

Eduardo Blanco Amor

Emprega unha lingua popular e trata temas ambientados en contextos perigosos. Obras: A Esmorga e Os Biosbardos.

Xosé Neira Vilas

Emprega a novela cun protagonista...

Seguir lendo "Literatura Galega no Exilio e Posguerra: Poesía, Narrativa e Teatro" »

A Filosofía de San Tomé de Aquino: Fe e Razón

Filosofía e ética3,47 KB

San Tomé de Aquino nace en Rocaseca en 1224, fillo do conde de Aquino. Estuda na Universidade de Nápoles e ingresa nos Dominicos en 1243. É discípulo de Alberto Magno e cátedra en París entre 1256 e 1259. É o encargado de organizar a facultade de filosofía na corte pontificia. No 1269 regresa a París para loitar contra os averroístas e os antiaristotélicos, e convócase ao concilio de Lyon no 1274, onde morre camiño a Fossanova.

Obra: Suma contra os Xentís; Suma Teológica.

Contexto Histórico: Rivalidade entre o Papado e o Imperio coa súa decadencia. Entrada na Baixa Idade Media (cidades, comercio, industria). Paso do románico ao gótico.

Filosoía Escolástica: Nace a universalidade: a filosofía ensinase nas escolas, son artes...

Seguir lendo "A Filosofía de San Tomé de Aquino: Fe e Razón" »

Constitución de 1869: Dereitos, Soberanía e Tendencias Políticas

Historia3,07 KB

A Constitución de 1869: Réxime de Dereitos e Liberdades

A Constitución de 1869 estableceu un amplo réxime de dereitos e liberdades:

  • Recoñecíanse os dereitos de manifestación, reunión e asociación.
  • A liberdade de ensino.
  • Igualdade para obter emprego.
  • Recoñecemento da liberdade de profesar de maneira pública ou privada calquera relixión, aínda que o Estado debía manter o culto católico.

Estrutura do Estado e Soberanía Nacional

  • Proclamación da soberanía nacional que emanaba da Nación e se exercía a través da monarquía e dos tres poderes: lexislativo, executivo e xudicial.
  • O Estado declarábase monárquico.
  • A capacidade de facer as leis residía exclusivamente nas Cortes (o Rei tan só as promulgaba).
  • As Cortes estaban compostas por
...
Seguir lendo "Constitución de 1869: Dereitos, Soberanía e Tendencias Políticas" »

A Desamortización en España: Fases, Obxectivos e Consecuencias (Mendizábal e Madoz)

Historia3 KB

A Desamortización en España: Fases e Consecuencias

Orixe e Definición da Desamortización

A amortización veuse producindo desde a Idade Media, basicamente por medio de concesións á nobreza, á Igrexa e aos municipios. Desde o século XVIII tomáronse medidas desamortizadoras e na mesma liña actuaron as Cortes de Cádiz.

A desamortización implicou a conversión dos bens de mans mortas en propiedades privadas.

A Desamortización de Isabel II: Dúas Fases Clave

En tempos de Isabel II afrontouse a desamortización en dúas fases principais:

  1. 1. A Desamortización Eclesiástica (Mendizábal e Espartero)

    Foi decretada por Álvarez Mendizábal (1836) sobre os bens do clero regular e por Espartero (1841), que a fixo extensiva aos do clero secular.

    Con

...
Seguir lendo "A Desamortización en España: Fases, Obxectivos e Consecuencias (Mendizábal e Madoz)" »

Rosalía de Castro: Biografía, Obra e o Inicio do Rexurdimento Galego

Outras linguas estranxeiras4 KB

Rosalía de Castro: Biografía

Naceu en Compostela o 24 de febreiro de 1837. Filla de *«pais incógnitos»* (a súa nai, Teresa de Castro e Abadía, era unha fidalga de minguada fortuna. Non está comprobado que fose seu pai o sacerdote Xosé Martínez Viojo, capelán da colexiata de Iria Flavia), foi bautizada co nome de María Rosalía Rita.

Formación e mocidade en Santiago

De Padrón, onde viviu, Rosalía de Castro pasou a Santiago arredor de 1850. Alí levou a cabo a súa formación cultural e intelectual, nun nivel moi superior ao que era acostumado nas mozas do seu tempo. Estudou:

  • Francés, debuxo e música na *«Sociedade Económica de Amigos do País»*.

Tamén acudiu en Compostela ao *«Liceo de la Juventud»*, participou nas súas actividades...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: Biografía, Obra e o Inicio do Rexurdimento Galego" »

Análise de Follas Novas e a Literatura Galega do Século XIX

Outras linguas estranxeiras5,44 KB

Outro poeta interesante ao que se deben fermosas composicións elexíacas é Alberto Camino (Ferrol 1820-Madrid 1861). Foi moi famoso «O desconsolo», poema amoroso e persoal, ao que se engade «Nai chorosa» como segundo poema emblemático do autor, tratado tamén con especial tenrura.

Xogos Florais da Coruña (1861)

A celebración dos Xogos Florais na Coruña en 1861 suporía un acontecemento importante para a literatura deste período. O máis significativo deste certame foi a publicación do Álbum de la Caridad (1862), coordinado por Antonio María de la Iglesia, no que se recolle unha mostra considerable dos poetas galegos contemporáneos:

  • Un total de corenta poemas en galego de autores tan relevantes como:
    • Francisco Añón
    • Alberto Camino
    • Rosalía
...
Seguir lendo "Análise de Follas Novas e a Literatura Galega do Século XIX" »

A Normalización do Galego Tras o Alzamento Militar de 1936

Lingua e literatura3,07 KB

O alzamento militar de 1936 supuxo un freo ao desenvolvemento que se estaba a producir na normalización do galego mediante a represión dos seus representantes, que foron axustizados (Alexandre Bóveda) ou se viron obrigados a exiliarse (Castelao). Os que quedaron en Galicia foron desposuídos dos seus cargos (O. Pedrayo).

Prodúcese un empobrecemento da economía que trae consigo procesos migratorios do campo á cidade, feito que repercutiu na perda de falantes do galego en favor dos do castelán. Outros factores que influíron no descenso de falantes son a extensión da escolarización, a aparición de novos medios de comunicación audiovisual, a intensa propaganda contra o galego e a introdución de novos valores culturais.

Todo isto provoca...

Seguir lendo "A Normalización do Galego Tras o Alzamento Militar de 1936" »

O Teatro Galego no Século XX: Tendencias, Autores e Obras

Lingua e literatura2,96 KB

A) O teatro anterior á Guerra Civil (1882-1936)

A primeira obra en galego é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia en 1882. No comezo do século XX, ata a época das Irmandades, as escasas obras escritas mostran unha ambientación case exclusivamente rural e moi costumista. É un teatro poboado de personaxes tópicos, en verso, que busca contraste cómico entre o castelán dos señoritos e o galego dos labregos.

O número de autores e obras, así como a calidade das mesmas, aumentou a partir de 1916, grazas ao labor orientativo das Irmandades da Fala. Son obras destacadas desta época:

  • O Mariscal, de Ramón Vilar Ponte.
  • A man de Santiña, de Ramón Cabanillas.

A Xeración Nós non lle concedeu tanta importancia ao teatro como as...

Seguir lendo "O Teatro Galego no Século XX: Tendencias, Autores e Obras" »

A Filosofía de Feyerabend e a Crise do Modelo Teocéntrico

Filosofía e ética2,12 KB

Cal é a postura filosófica de Feyerabend?

Feyerabend publicou en 1970 "Contra o método: Esquema dunha teoría do coñecemento". A súa tese é que hai que ir contra a teoría do método, que hai que elaborar hipóteses que contradigan os feitos ou as teorías ben establecidas. En definitiva, para facer avanzar a ciencia, hai que partir de que todo vale.

Crise do modelo teocéntrico?

Grecia transmitiu a Europa o ideal dunha humanidade rexida pola razón, preocupada por coñecer e gozar da natureza. Os filósofos tiñan unha idea da natureza que era para eles unha realidade admirable e insuperable polo ser humano. Para eles, a técnica non era máis ca unha imitación da natureza, concibida como un gran organismo vivente no que cada parte desempeña...

Seguir lendo "A Filosofía de Feyerabend e a Crise do Modelo Teocéntrico" »