Fonética e Fonoloxía Galega: Conceptos e Fenómenos Clave

Outras linguas estranxeiras3,15 KB

Introdución á Fonética e Fonoloxía Galega

Fonética e Fonoloxía: Conceptos Clave

A fonética e a fonoloxía, ambas as dúas son disciplinas lingüísticas que se ocupan do plano fónico da lingua.

  • A fonética estuda a produción, as calidades físicas e a percepción dos sons dunha lingua, en canto a realidades físicas concretas.
  • A fonoloxía, pola súa vez, estuda a función da materia fónica como constituínte dun sistema lingüístico; ocúpase dos fonemas en canto a unidades capaces de diferenciar significados.

Os Fonemas Vogais do Galego

Os fonemas vogais defínense seguindo tres elementos principais:

  1. A sonoridade: Vén determinada pola posición das cordas vogais. Se están unidas ao saír o aire, vibran producindo un fonema sonoro.
  2. O punto de articulación: Depende do lugar do aparello fonador onde se produce o fonema. Hai tres grupos de fonemas:
    • Anteriores ou palatais
    • Posteriores ou velares
    • Centrais
  3. O modo de articulación: Determinado pola posición dos órganos articulatorios e a abertura da saída do aire na realización do fonema. Hai tres tipos de fonemas:
    • Pechadas
    • Medias (semiabertas-semipechadas)
    • Abertas

Diagrama de articulación dos fonemas vogais galegos

Fenómenos Fonéticos e Fonolóxicos do Galego

Evolución de Grupos Latinos: ULT e UCT

O resultado da evolución dos grupos latinos ULT e UCT no galego. A variante máis común é OIT e UIT, especialmente no occidente da Coruña e sur de Pontevedra.

Exemplos: loita, luita, luta e lutia.

Redución dos Grupos Latinos QUA e GUA

Os grupos latinos QUA e GUA redúcense na maior parte do territorio galego, orixinando formas como 'catro' e 'gardas'. Noutras zonas dise 'cuatro' e 'guardar'.

A Gheada: Característica do Galego

A gheada é a realización da consoante oclusiva velar sonora 'g' como aspirada farínxea. É un fenómeno propio do galego que afecta aos territorios da Coruña, Pontevedra e algunha parte de Ourense e Lugo.

O Seseo: Variantes e Distribución

O seseo é a ausencia da oposición entre o fonema fricativo interdental xordo e o alveolar fricativo xordo, que se neutraliza en 's'.

Existen dúas formas de seseo:

  • Total: En posición explosiva e implosiva (antes e despois do núcleo silábico).
  • Parcial: Só en posición implosiva.

O seseo implosivo afecta a Pontevedra e A Coruña, fronte ao total que só aparece nas falas occidental coruñesa e costeira de Pontevedra.

O Rotacismo: Un Fenómeno Fonético

O rotacismo é o paso de 's' a 'r' diante de consoante sonora. Rexístrase no sur de Lugo e no interior de Pontevedra e gran parte de Ourense.

Descargar

PDF Word HTML