Desenvolvemento Económico e Industrialización en España (S. XIX)

Historia4,46 KB

O Desenvolvemento Económico na España Liberal (S. XIX)

Aínda que o inicio da industrialización en España foi moi temperán, os seus progresos foron inferiores aos dos países máis avanzados. Por iso, estudosos do tema falan do fracaso da Revolución Industrial en España. Non obstante, as coincidencias con outros países mediterráneos permiten que outros falen dun patrón latino de modernización caracterizado por:

  • Lentitude e tardanza nas transformacións.
  • Menor profundidade e repercusión social.
  • Desfase evolutivo, cun atraso no crecemento no século XIX e unha posterior recuperación.

Características do Proceso Industrial Español (Período Liberal)

O proceso industrial español do período liberal presenta as seguintes características:

  • Predominio de actividades do sector primario.
  • Protección arancelaria para defender os produtos propios da competencia industrial.
  • Dependencia do exterior (especialmente en innovacións técnicas).
  • Forte desequilibrio territorial e rexional.

Dificultades e Obstáculos do Desenvolvemento Económico

O desenvolvemento económico da España liberal estivo marcado por numerosas dificultades, tanto físicas como técnicas:

  1. Obstáculos físicos e naturais: Dificultan a explotación dos recursos existentes, elevando o prezo dos produtos.
  2. Escasas transformacións nos sistemas agrarios.
  3. Falta de competitividade e reducida capacidade de consumo no mercado interior.
  4. Despreocupación polas innovacións tecnolóxicas e educativas.
  5. Escaseza de capitais e preferencia por investimentos inmobiliarios.
  6. Mentalidade tradicional dos empresarios.
  7. Escaso espírito de empresa.

Fases do Desenvolvemento Económico (DOC 1)

No desenvolvemento económico pódense diferenciar varias fases:

  1. Fase inicial (1850-1865): Crecemento moderado.
  2. Fase de freo e estancamento (1866-1898): Dificultades na industrialización.
  3. Fase de crecemento desigual (1899-1929).

A Construción do Mercado Interior e o Ferrocarril

A lexislación liberal aboliu os obstáculos legais contrarios á liberdade de circulación e produción de bens e procurou a construción de mellores vías de comunicación para conseguir un mercado interior cada vez máis integrado.

O Ferrocarril (Lei de 1855)

A introdución en España do ferrocarril (DOC 2) a partir da Lei de 1855 deseñaba un trazado radial desde Madrid ata os puntos extremos da periferia para as liñas de primeira orde. Ademais, establecía que a construción e a explotación das liñas podía ser realizada polo Goberno ou por compañías privadas.

As características do terreo aconsellaron dar maior ancho ás vías españolas, ocasionando problemas á hora de unilas cos trazados europeos.

Desequilibrio Territorial e Industrialización Rexional

Andalucía e Levante (DOC 3)

Estas rexións teñen en común un inicio industrializador nos sectores siderúrxico e téxtil, polo que as súas economías tiveron que reorientarse cara ao sector agrario. Os intentos de crear en Andalucía unha siderurxia propia fracasaron polos elevados custos de produción. A riqueza das industrias extractivas andaluzas e murcianas non xerou riqueza na zona, xa que a maioría foron explotadas por capital estranxeiro.

Asturias e País Vasco

O sector clave na industrialización destas zonas foi a siderurxia, vinculada ás explotacións mineiras.

  • Asturias: A base do seu desenvolvemento foi a explotación masiva do carbón.
  • País Vasco: A industrialización xirou arredor da explotación do mineral de ferro.

Cataluña (DOC 4)

Constituíu a principal zona industrial de España e tamén a máis diversificada. O seu desenvolvemento estivo fortemente ligado ao sector téxtil, coa introdución do algodón. Desenvolvéronse tamén outros sectores, especialmente a metalurxia de transformación, xunto coa química.

Galicia

O panorama industrializador galego é máis ben pobre.

Renovación dos Transportes no Século XIX (DOC 5)

Ao longo do século XIX produciuse unha importante renovación dos transportes, incluíndo:

  • As estradas.
  • As comunicacións marítimas.
  • O correo.

Descargar

PDF Word HTML